28M | O PP revalida a maioría absoluta na Lama e leva a David Carrera á Alcaldía

A Lama
28 de maio 2023

O PPdG mantén con maioría absoluta o goberno local de A Lama e leva a estrearse na alcaldía a David Carrera que substituirá Jorge Canda neste cargo.. Queda sen representación o BNG, perde un concelleiro o PSdG-PSOE e entra UCIN como segunda opción política, seguida de IPR

Resultados das eleccións municipais do 28M na Lama
Resultados das eleccións municipais do 28M na Lama

O PPdG mantén con maioría absoluta o goberno local de A Lama e leva a estrearse na alcaldía a David Carrera que substituará Jorge Canda neste cargo.

O PSdeG-PSOE, con Iñaki Touriño como candidato, perde un dos dous concelleiros que tivo neste mandato. Tamén perde un representante o BNG de Antonio Barreiro, o que fai que perda a súa presenza na corporación da Lama.

Pola contra, pasan a ter representación municipal tanto a Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) con Carlos Ribeiro como cabeza de lista e que entra con dous concelleiros; como Iniciativa Polo Rural, que consegue acta de concelleiro para Andrea Cordeiro.

Os populares manteñen o número de representantes que tiveron neste último mandato, un total de sete, aínda que baixan lixeiramente en número e porcentaxe de votos. Do 56,94% obtido en 2019 que supoñían 862 votos, nesta convocatoria é o 54,44% que se traduce en 814 votos.

No caso dos socialistasdescenderon do 23.51%, 356 votos, a quedar no 10,16% con 152 votos. O BNG perde a metade dos seus votantes quedando en 66 fronte aos 133 conseguidos na cita electoral anterior, do 8,78 ao 4.41%.

Cidadáns mantivera un representante nestes últimos catros anos, pero non concorría nesta ocasión.

Por outro lado, entran UCIN como segunda forza política con 251 votos, o 16,78%; e a terceira opción, IPR con 202 votos, o 13,51%.

Arquivado en