O Partido Socialista logra a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2023 celebradas en Meis.
Desta forma, Marta Giráldez (PSdeG-PSOE) continuará á fronte da alcaldía cun resultado que mellora o obtido hai catro anos, ao aumentar nun concelleiro a representación na corporación, pasando de cinco a seis dos once que se elixen.
A lista da representante socialista obtiña 1.434 votos, un 47,64%, fronte aos 1.163 apoios recibidos polo Partido Popular liderado por Marta Lucio (38,63%), que quedará con catro representantes, un menos que en 2019, ao perder 21 votos respecto a aqueles comicios.
O BNG continuará cun só edil, o cabeza de lista Xoán Manuel Vázquez, ao lograr 300 sufraxios (9,96%). Vox, que tamén se presentaba neste municipio do Salnés obtivo 90 papeletas e non logra entrar na corporación.