28M | Manuel Campos (PSOE) cede a maioría absoluta en Cuntis e deberá apoiarse no BNG para gobernar

Umia
28 de maio 2023

O Partido Socialista encabezado por Manuel Campos foi a lista máis votada nas eleccións municipais en Cuntis, pero tras gobernar o últimos catro anos con maioría absoluta agora necesitará o apoio do BNG para manter a alcaldía

Resultados das eleccións municipais do 28M en Cuntis
Resultados das eleccións municipais do 28M en Cuntis

O Partido Socialista, con Manuel Campos á cabeza, ten na súa man manter a alcaldía do Concello de Cuntis, pero para iso deberá contar co apoio dun Bloque Nacionalista Galego que entra na corporación municipal.

Campos perdeu a maioría absoluta conseguida en 2019, pero mantense como a lista máis votada cun 45,63% de apoios que lle reportan 5 dos 11 concelleiros en disputa.

Cos mesmos 5 edís (tres máis) e un 40,42% dos votos sitúase o Partido Popular de Isabel Couselo tras case dobrar os seus resultados.

A outra novidade nos resultados de Cuntis é a entrada na corporación do Bloque Nacionalista Galego, polo que se presentaba Natalia Camiña, cun concelleiro (12,40% de votos).

Desaparece na repartición como forza con representación Veciñanza de Cuntis tras non presentar lista nestas eleccións.

Arquivado en