28M | Lores (BNG) chama á participación nunhas eleccións "moi importantes para Pontevedra"

Pontevedra
28 de maio 2023

Fernández Lores, foi o primeiro dos nove candidatos, en acudir a votar. Fíxoo sobre as nove e media da mañá na Casa de Cultura de Marcón. Protagonizou a primeira anécdota desta xornada electoral. Esqueceu o DNI e tivo que ir buscalo para poder depositar o seu voto na urna

Miguel Anxo Fernández Lores votando nas municipais do 28M
Miguel Anxo Fernández Lores votando nas municipais do 28M /

Como é habitual, o alcalde de Pontevedra e candidato á reelección polo BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, foi o primeiro dos nove candidatos, en acudir a votar. Fíxoo sobre as nove e media da mañá na Casa de Cultura de Marcón.

Fernández Lores, que chegou riseiro ao colexio electoral, protagonizou a primeira anécdota desta xornada electoral, xa que esqueceu o DNI e tivo que ir buscalo para poder depositar o seu voto na urna.

Tras solucionar este pequeno problema, o líder nacionalista fixo un chamamento á xente que que acuda a votar nestas eleccións municipais que, ao seu xuízo, "son moi importantes para Pontevedra" porque o seu resultado "afecta á vida diaria de todo o mundo".

"É importante que todos os cidadáns, vivan onde vivan, se acheguen a votar e manifesten a súa opinión", sinalou Lores, que sostén que cando máis participación haxa "máis acertado será o resultado porque opina máis xente".

O novo goberno municipal que emane das urnas, segundo o actual alcalde, terá que adoptar decisións "en beneficio da calidade de vida da xente" e, a este respecto, sinalou que este concello "ten que seguir avanzando cara o futuro".

Pontevedra, sentenciou Miguel Anxo Fernández Lores, "ten moitos retos por diante", polo que avogou que "canto máis xente participe, moito mellor".

Arquivado en