O candidato do Partido Popular e actual alcalde, Gonzalo Durán amplía a súa maioría absoluta no municipio de Vilanova de Arousa.
O PP obtén 12 concelleiros, dous máis que os 10 que conseguiu nas eleccións do ano 2019.
O PSdeG-PSOE con María José Vales á fronte baixa de 5 concelleiros a 3.
Renova entra na corporación vilanovesa cun edil, o irmán do alcalde José Juan Durán do mesmo xeito que o BNG que mantén a súa concelleira María del Carmen Alfonso Leiro.
Gañemos Vilanova que obtivo representación municipal nas convocatorias de 2015 e 2019 non concorreu a estes comicios.