O Bloque Nacionalista Galego non logrou recuperar a maioría absoluta que chegou a ter no seu momento no Concello de Bueu, pero ten na súa man a opción de reter a alcaldía con Félix Juncal. Para iso, en todo caso, deberá apoiarse no Partido Socialista.
O cancadidato do BNG conseguiu uns resultados similares aos de 2019 congregando o 44,56% dos votos, o que lle dá á súa formación 8 dos 17 concelleiros en disputa.
Como segunda forza sitúase o Partido Popular encabezado por Elena Estévez, que sobe nun edil ata os 7 grazas ao 41,60% de apoios.
Terceiro en discordia queda o Partido Socialista de Camilo Macenlle con 2 actas de concelleiro e o 12,01% dos votos.
Non se presentou a estas eleccións e por tanto desaparece da corporación a Asemblea Cidadá Bueu (ACB).