O Partido Popular gañou as eleccións en Ribadumia ao sumar sete dos trece concelleiros que conforman a corporación municipal.
Deste xeito David Castro segurá sendo alcalde de Ribadumia pero agora co PP despois de liderar durante os dous últimos mandatos o proxecto de Independentes por Ribadumia, que o levantou á Alcaldía, en 2019 con maioría absoluta.
O PSdeG-PSOE obtivo 3 concelleiros mentres que Xuntos por Ribadumia, Somos Ribadumia e o BNG conseguen un único concelleiro cada unha destas formacións.
Durante a xornada electoral deste domingo, PSOE e Xuntos por Ribadumia puxeron en coñecemento da xunta electoral posibles irregularidades no desenvolvemento da xornada electoral.
No ano 2019 Independentes de Ribadumia obtivera 8 concellerías, fronte a 3 do Partido Popular, 1 do PSdeG-PSOE, 1 de Somos Ribadumia.