28M | Carlos Costa (PP) retén a alcaldía de Campo Lameiro con maioría absoluta

Umia
28 de maio 2023

O Partido Popular seguirá gobernando en Campo Lameiro tras repetir os resultados de 2019 e lograr unha maioría absoluta con 5 dos 9 edís da corporación municipal

Resultados das eleccións municipais do 28M en Campo Lameiro
Resultados das eleccións municipais do 28M en Campo Lameiro

O Partido Popular seguirá gobernando en Campo Lameiro durante o próximos catro anos.

Será o segundo mandato consecutivo como alcalde de Carlos Costa, que revalidou os seus resultados de 2019 para facerse coa maioría absoluta.

O candidato do PP logrou un total de 5 dos 9 edís da corporación municipal cun 53,44% de apoio.

Como segunda forza política sitúase a formación PorVir encabezada por Martina Viéitez con 3 actas, unha máis, grazas ao 27,78% dos votos emitidos, mientra que o Partido Socialista de Adrián Vidal cede un concelleiro e queda con 2 (13,93% de votos).

Non logrou entrar na corporación o Bloque Nacionalista Galego, polo que se presentaba Belén Búa, co 4,07% de apoios.

Arquivado en