O terceiro mandato de Alberto Varela como alcalde Vilagarcía de Arousa dependerá dun pacto, tras perder o Partido Socialista a maioría absoluta que conseguira nos anteriores comicios.
O Partido Popular, con Ana Granja como candidata, arrebatoulle ao PSOE o papel de lista máis votada por só 38 papeletas cun 36,28% dos votos para lograr 9 concelleiros, catro máis que en 2019. Non lle bastará a priori para gobernar.
Con práctimente o mesmo porcentaxe o Partido Socialista de Alberto Varela conseguiu os mesmos 9 edís dos 21 que compoñen a corporación, o que supón unha perda de tres representantes.
Como terceira forza con representación aparece o BNG polo que se presentaba Xabier Rodríguez Paz subindo ata os 2 concelleiros (11,93%), mentres que Esquerda Unida con Juan Fajardo logra 1 acta (6,21%).
A poucos votos de entrar na corporación quedou Podemos en coalición con Marea da Vila e Alianza Verde, ao sumar un 4,84% de apoios.