28M | Abraldes (BNG) repetirá na Alcaldía pero terá que pactar e o ex alcalde Landín regresa con dous concelleiros

Barro
28 de maio 2023

O BNG do actual alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes foi o vencedor ao conseguir 5 concelleiros. En segundo lugar, o PSdeG representado por José Sanmartín obtivo 3 concelleiros. O terceiro posto foi para Xuntos por Barro do ex alcalde José Antonio Landín Eirín, partido que se estreaba nestes comicios e que logrou 2 concelleiros. O PP quedou nun concelleiro

Resultados das eleccións municipais do 28M en Barro
Resultados das eleccións municipais do 28M en Barro

Co cen por cen do voto escrutado, minutos antes das 22:00 horas Barro foi un dos concellos da comarca de Pontevedra que antes completaron o reconto dos votos da súa veciñanza.

O BNG do actual alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes foi o vencedor ao conseguir 5 concelleiros dos 11 que estaban en pugna. En segundo lugar, o PSdeG representado por José Sanmartín obtivo 3 concelleiros.

O terceiro posto foi para Xuntos por Barro do ex alcalde José Antonio Landín Eirín, partido que se estreaba nestes comicios e que lograba 2 concelleiros. En cuarto e último lugar o PP de Eduardo Ruadas que suma un concelleiro.

Tras 8 anos á fronte da corporación de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes queda, co BNG, a un só concelleiro da maioría absoluta, polo que terá que pactar con algún dos outros grupos políticos.

Con respecto aos datos das anteriores eleccións, hai que apuntar cambios significativos.

Por unha banda, que en 2019 Xosé Manuel Fernández Abraldes si acadaba a maioría absoluta con 6 concelleiros, mentres que nas actuais eleccións perde un concelleiro.

Máis groso é o retroceso do Partido Popular, que perde 3 concelleiros, é dicir, en 2019 contabilizaba 4 concelleiros e neste 2023 queda con só un edil.

Importante é o salto do PSdeG que gaña 2 concelleiros con respecto aos anteriores comicios. En cifras, en 2019 só tiña un edil y neste 2023 sube ata 3 concelleiros e convértese na segunda forza municipal.

E como novidade nestas eleccións é a entrada no Concello do partido do exalcalde José Antonio Landín Eirín. Xuntos por Barro (PX´S) entra na corporación como terceira forza con 2 representantes.

Desglosado por número e porcentaxe de votos, nestas eleccións de 2023 o BNG acadou 967 votos e unha porcentaxe do 42,76% (en 2019 sumaba 1.337 votos e un 8,71 %); e o PSdeG era respaldado por 574 votos e unha porcentaxe do 25,38% (en 2019, 968 votos e un 25,03 %).

Xuntos por Barro contabilizaba 478 votos e unha porcentaxe do 21,14% (sen datos en 2019, xa que se trata dun novo partido nestes comicios); e o PP lograba 220 votos e unha porcentaxe do 9,73% (en 2019 os datos foron de 2.533 votos e unha porcentaxe do 65,49 %).

Arquivado en