26M: Rafa Domínguez confía nun "buen resultado" tras una campaña que o deixa "muy contento"

Pontevedra
26 de maio 2019

Acompañado da súa muller e do seu fillo -que foi quen depositou o seu voto na urna-. Así votou este domingo o candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez. A súa cita foi, ás once e media da mañá, no colexio Álvarez Limeses

Rafa Domínguez votando nas eleccións municipais do 26M
Rafa Domínguez votando nas eleccións municipais do 26M / Diego Torrado

Acompañado da súa muller e do seu fillo -que foi quen depositou o seu voto na urna-. Así votou este domingo o candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez. A súa cita foi, ás once e media da mañá, no colexio Álvarez Limeses.

Domínguez, que tamén contou co apoio do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou a "normalidad" na que se está desenvolvendo esta xornada electoral, algo que cualificou como "buenísimo para la democracia".

O candidato popular animou tamén a todos os pontevedreses a que "se manifiesten en las urnas" e acudan a votar nestas eleccións municipais e europeas.

Tras destacar que está "muy contento" de como se desenvolveu a campaña electoral, Rafa Domínguez mostrou a súa confianza en alcanzar un "buen resultado" e recoñeceu que as súas expectativas "fueron mejorando" co paso dos días.

"Hemos podido comunicar el proyecto que tenemos para Pontevedra, un proyecto joven y nuevo, y las cosas están yendo muy bien", sinalou.

O líder dos populares de Pontevedra comezou a súa xornada ás sete e media da mañá cunha reunión cos interventores do PP e, ao longo do día, percorrerá todos os colexios electorais para saudar aos membros das mesas e que "noten el calor".

Arquivado en