26M: Luis Rei pide unha participación "o máis alta posible" para arrancar "con forza" o novo mandato

Pontevedra
26 de maio 2019

Cunha puntualidade case británica, o candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, votou ás dez da mañá no colexio Vilaverde. Desde alí mostrou o seu desexo de que "ninguén quede na casa" este domingo pola "importancia" que teñen estas eleccións municipais e europeas para Pontevedra

Luis Rei votando nas eleccións municipais do 26M
Luis Rei votando nas eleccións municipais do 26M / Diego Torrado

Cunha puntualidade case británica, o candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, votou ás dez da mañá no colexio Vilaverde. Desde alí mostrou o seu desexo de que "ninguén quede na casa" este domingo pola "importancia" que teñen estas eleccións municipais e europeas para Pontevedra.

Rei, que acudíu ao seu colexio electoral en compañía de Teresa Casal e outros membros da súa candidatura, lembrou que días como este serven para "decidir que concello queremos" e para renovar a administración "máis próxima" aos cidadáns.

Nestas eleccións, engadiu o candidato de Marea, débese lograr unha participación "o máis alta posible", ao entender que isto servirá para que a nova corporación municipal que salga das urnas "arranque con forza".

"Espero que todo resulte ben e tamén para nós porque iso redundará non beneficio dos pontevedreses", explicou Luís Rei, que confía en que toda a xornada transcorra "sen incidentes".

Tras exercer o seu dereito ao voto, o líder de Marea realizará un roteiro por todos os colexios electorais do municipio "cos compañeiros e con Teresa", para saudar aos cidadáns que colaboran no dispositivo deste domingo.

Arquivado en