Un total de 26 persoas se sumaron en agosto ás listas do paro no municipio de Pontevedra.
Este dato sitúa o número total de persoas desempregadas na cidade do Lérez en 5.886.
Agosto | Xullo | Variación | |
Pontevedra | 5.886 | 5.860 | 26 |
Barro | 268 | 281 | -13 |
Bueu | 724 | 722 | 2 |
Caldas de Reis | 744 | 754 | 10 |
Cambados | 922 | 956 | 34 |
Campo Lameiro | 134 | 140 | -6 |
Cerdedo-Cotobade | 348 | 370 | -22 |
Cuntis | 328 | 331 | -3 |
O Grove | 474 | 592 | -118 |
A Illa de Arousa | 272 | 275 | -3 |
A Lama | 178 | 176 | 2 |
Marín | 1.666 | 1.656 | 10 |
Meaño | 339 | 285 | 54 |
Meis | 344 | 336 | -2 |
Moraña | 377 | 375 | 2 |
Poio | 1.030 | 1.007 | 23 |
Ponte Caldelas | 518 | 516 | 2 |
Portas | 194 | 197 | -3 |
Ribadumia | 280 | 302 | -22 |
Sanxenxo | 722 | 727 | -5 |
Vilaboa | 419 | 425 | 6 |
Vilagarcía de Arousa | 3.415 | 3.610 | -195 |
Vilanova de Arousa | 749 | 796 | -47 |
Na comunidade, o o desemprego diminuíu no último mes en 7.794 persoas, das que 3.004 conseguiron emprego en Pontevedra, a cifra máis alta, seguida dos 2.796 da Coruña. A nivel estatal, foi a segunda provincia con máis baixada, só superada por Cádiz, con 3.375.
O número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) baixou en agosto en 829 persoas en relación co mes anterior na provincia de Pontevedra.
Así, a cifra total de parados rexistrados na provincia sitúase en 70.821 persoas. Este dato supón un descenso de 6.237 desempregados menos respecto ao ano anterior (-8,09%).
Un dato moi significativo é que do total de persoas desempregadas na provincia 40.846 son mulleres e 29.975 homes.
SOBE O PARO EN ESPAÑA
A nivel nacional, agosto rompeu a serie de seis meses consecutivos á baixa ao sumar 46.400 desempregados máis. A cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.382.324 persoas, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos, segundo informou este luns o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Outro dato destacado é que a Seguridade Social perdeu en agosto unha media de 179.485 afiliados (-0,97%) respecto ao mes anterior, o que situou o número de ocupados en 18.309.844 cotizantes en toda España, segundo informou este luns o ministerio.
Galicia, con todo, foi unha das sete comunidades nas que se reduciu o número de persoas paradas o pasado mes, en concreto 746 menos que en xullo.