25N | O alumnado do CEIP San Xoán Bautista concéntrase en repulsa da violencia de xénero

Cerdedo-Cotobade
24 de novembro 2023

O Concello de Cerdedo-Cotobade sumouse este venres aos actos conmemorativos polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero  

Acto polo 25N en Cerdedo-Cotobade
Acto polo 25N en Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade sumouse este venres aos actos conmemorativos polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Os actos oficiais estiveron presididos polo alcalde Jorge Cubela, aos que tamén asistiron membros da Corporación Municipal.

Ademais, tivo lugar unha saída dos nenos e nenas do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo con pancartas alusivas ao rexeitamento de todo tipo de violencia que os levou a concentrarse diante do Consistorio, na Praza do Concello.