25N | Manifestación contra a xustiza patriarcal, "un dos piares que sosteñen as desigualdades de xénero"

Pontevedra
26 de novembro 2024
Actualizado: 9:19

"Xustiza, si pero non así!". Foi un dos berros que se escoitou polas rúas de Pontevedra con motivo da manifestación central, que levaba por lema 'Contra as violencias, xuntas por Xustiza'

Manifestación central en Pontevedra polo 25N de 2024
Manifestación central en Pontevedra polo 25N de 2024 / Mónica Patxot

"Xustiza, si pero non así!". Foi un dos berros que se escoitou na noite deste luns nas rúas de Pontevedra con motivo da manifestación central organizada con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 

Convocada polo Colectivo Feminista de Pontevedra e o Colectivo Transfeminista Fulanas baixo o  lema 'Contra as violencias, xuntas por Xustiza', a pesar da choiva que acompañou parte do percorrido, reuniu centos de persoas.

Tamén contou coa presenza de máis colectivos feministas como Galiza Nova, CIG ou Erguer e dunha ampla representación dos grupos municipais do BNG e o PSOE.

A mobilización incluíu a instalación na Praza da Ferrería dunha carpa na que se expuxeron diversos casos de violencia e situacións de "xustiza patriarcal" vividas polas vítimas e, despois de percorrer as rúas da cidade, léronse todas estas mensaxes ante os asistentes.

Como colofón, a manifesación rematou coa lectura dun manifesto no que denunciaron que "a xustiza patriarcal é un dos piares que sosteñen as desigualdades de xénero", un sistema xudicial e institucional que, segundo criticaron, reproduce estereotipos de xénero, normaliza a violencia machista e "falla na protección e reparación efectiva das vítimas".

Así, sinalaron que nos dous colectivos convocantes viven na súa propia pel "o inxusto e violento sistema xudicial", con abusos, maltrato, exclusión ou violencia vicaria, entre outras situacións. 

Non se esqueceron dun caso rexistrado xusto coincidindo co 25, o dunha menor de 15 anos asasinada pola súa parella de 17 en Orihuela (Alicante). "De verdade estamos a tomar as medidas formativas e legais axeitadas?", pregúntanse. 

Tamén fixeron mención ao recente caso Pellicot en Francia, ao caso Errejóne ás denuncias que sacou á luz en redes sociais e nun libro Cristina Fallarás, que "poñen en evidencia que a violencia é absolutamente transversal a todas as ideoloxías" e que os "supostos aliados" reproducen e producen violencias dende os espazos de poder.

No manifesto, denunciaron as distintas formas en que "a xustiza patriarcal perpetúa a violencia de xénero" mediante a "revitimización" das vítimas, a "desigualdade nos procesos xudiciais", a "normalización da violencia simbólica e estrutural" e a "ausencia de formación especializada en xénero". 

Aproveitaron este 25N para demandar formación en perspectiva de xénero para o sistema xudicial, revisión do sistema VioXen, protección efectiva das vítimas e eliminación da revitimización, xustiza restaurativa e reparación real para as vítimas, reforma das leis e aplicación da perspectiva de xénero e transparencia e seguimento de sentenzas. 

"Esiximos que a sociedade e as institucións rompan o silencio e actúen en contra deste sistema patriarcal que perpetúa a violencia", pediron. 