25N | Debuxos do alumnado no CPI Domingo Fontán de Portas contra a violencia machista

Umia
25 de novembro 2022

O alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas realizou este venres unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o 25N, Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero contra as Mulleres

Mural no CPI Domingo Fontán polo 25N
Mural no CPI Domingo Fontán polo 25N / Concello de Portas

O alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas realizou este venres unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o 25N, Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero contra as Mulleres.

O acto contou coa presenza do alcalde de Portas, Ricardo Martínez; a concelleira Ana Peña Maquieira; o director do CPI Domingo Fontán, Luís Villaverde Platas; o corpo docente e a totalidade do alumnado, que colaborou na elaboración dunha bugambilla da cal os nenos nenas foron pendurando debuxos das súas mans en solidariedade coas vítimas da violencia de xénero.

Ricardo Martínez, pola súa banda, leu un manifesto no que fixo fincapé no "compromiso explícito" que o Concello de Portas ten en contra da violencia de xénero e instou ás novas xeracións a "medrar en igualdade, con respecto e rexeitando calquera comportamento agresivo" porque teñen un "importante papel para construir unha sociedade mellor e un futuro en igualdade, respectuoso e non violento".

Por último sinalou que "todos temos que poñer todo o que poidamos da nosa parte para impedir que exista violencia no mundo, especialmente contra as mulleres e as nenas. Temos que ser corresponsables todos dun novo modelo de comportamento onde o respecto, a igualdade e o bo trato entre homes e mulleres sexa o camiño por onde nos teñamos que conducir sempre".

Arquivado en