250 comidas e ceas ambientarán este ano a Feira Franca dedicada á astronomía

Pontevedra
18 de xullo 2014

Ademais, recibíronse unhas 140 peticións para hostalería. Un número importante, segundo o goberno municipal, porque calquera bar ou restaurante do centro histórico que queira poñer terraza ese día ten que pedir permiso expreso para elo "ou o seu sitio pódese conceder a outra persoa". Os permisos complétanse coas 130 solicitudes para participar no mercado

Feira Franca 2013
Feira Franca 2013 / Diego Torrado

Una cifra similar que o ano pasado "porque tampouco podemos ir a máis". Así adiantaba a concelleira de Festas, Carme da Silva, o número de xantares e ceas que os pontevedreses solicitaron para participar na Feira Franca 2014, dedicada nesta ocasión á astronomía. En total, no rexistro da oficina da festa contabilizáronse 250 solicitudes para participar en ceas e xantares na rúa por parte de asociacións e particulares.

Ademais, recibíronse unhas 140 peticións para hostalería. Un número importante, segundo o goberno municipal, porque calquera bar ou restaurante do centro histórico que queira poñer terraza ese día ten que pedir permiso expreso para elo "ou o seu sitio pódese conceder a outra persoa". Os permisos complétanse coas 130 solicitudes para participar no mercado. Todos eles poderán montar os seus postos nunha Feira Franca prevista para os días 5 e 6 de setembro.

NOVAS ACTIVIDADES

Carme da Silva avanzou estes datos durante a presentación dunha serie de actividades que organiza o Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación Astronómica Sirio dentro da programación da Feira Franca. A concelleira nacionalista destacou a importancia de ir incorporando a distintos colectivos e asociacións a esta festa "e a temática deste ano era perfecta para esta asociación".

A Asociación Sirio fará distintas actividades ao longo da última quincena de xullo e o mes de agosto, abertas para todos os públicos e con aforo ilimitado na maior parte dos casos. Están previstas charlas, obradoiros e observacións ao aire libre.

As charlas, que se celebrarán no Centro Cultural do Gorgullón, son:

  • Xoves 24 de xullo (19.30 horas): A forma da Terra.
  • Xoves 31 de xullo (19.30 horas): Xeocentrismo e Heliocentrismo: da Grecia Clásica a Galileo.
  • Xoves 7 de agosto (19.30 horas): Unha maqueta do universo: relacións de tamaños no universo.
  • Xoves 21 de xullo (19.30 horas): Que ven o corpo celeste! Os medos ao Universo descoñecido.

 

Pola súa banda, os obradoiros terán prazas limitadas. Serán para quince persoas cada un e terán lugar tamén no mesmo centro cultura. Xirarán en torno ao Astrolabio (sábado 26 de xullo), Reloxos de sol (sábado 2 de agosto) e Instrumentos medievais de Astronomía e Navegación (sábado 23 de agosto). As inscripcións faranse por rigoroso orde de apuntamento no teléfono 986 860 587, de luns a venres de 10 a 14 horas.

Ademáis, as actividades complétanse cunha plantada de telescopios na Praza da Pedreira (día 22 o 29 de agosto segundo o permita a meteoroloxía) e unha observación guiada no telescopio de Cotobade para un total de 45 personas, que será ou ben o sábado 23 ou o sábado 30, tamén en función das condicións do tempo.

Arquivado en