213 persoas atoparon traballo na Boa Vila o pasado mes de decembro

Pontevedra
03 de xaneiro 2018

Deste xeito a cifra total de persoas desempregadas no concello de Pontevedra sitúase en 6.027 persoas. A provincia pecha o ano con 73.644 demandantes de emprego

Oficinas de emprego en Pontevedra
Oficinas de emprego en Pontevedra / PontevedraViva

Un total de 213 persoas encontraron traballo no Concello de Pontevedra o pasado mes de decembro. Deste xeito a cifra total de desempregados na Boa Vila sitúase en 6.027 persoas. É un 3,41% menos que en novembro.

En todo 2017, o paro en Pontevedra reduciuse en 566 persoas. Trátase dun descenso do 7,95% con respecto aos desempregados que buscaban a traballo hai apenas un ano, que se situaban nos 6.593 pontevedreses.

 

   Novembro    Decembro    Variación 
Pontevedra6.2406.027-213
Barro28830113
Bueu8198212
Caldas de Reis80684539
Cambados1.1131.15946
Campo Lameiro1431474
Cerdedo-Cotobade36539631
Cuntis33735417
O Grove9851.06580
A Illa de Arousa3023119
A Lama181177-4
Marín1.8211.783-38
Meaño41643721
Meis38439713
Moraña3473558
Poio1.1841.152-32
Ponte Caldelas5305388
Portas21022313
Ribadumia367360-7
Sanxenxo1.3121.296-16
Vilaboa431424-7
Vilagarcía de Arousa3.6453.630-15
Vilanova de Arousa80581914

 

DATOS PROVINCIAIS

A provincia pecha o ano con 73.644 demandantes de emprego. Un total de 831 pontevedreses atoparon traballo no último mes de 2017, o de decembro, segundo os datos que publicou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Así, a provincia rexistrou un descenso do 1,12% con respecto ao mes de novembro.

Hai un ano, en decembro de 2016, había 82.339 desempregados en toda a provincia, polo que o descenso interanual foi de 8.695 persoas, un 11,80%.

Pola súa banda, o número de desempregados en Galicia baixou en decembro en 2.162 persoas, un descenso do 1,16% con respecto ao mes anterior. Así, as oficinas dos servizos públicos de emprego atenden, ao 31 de decembro de 2017, a 185.013 galegos.

No conxunto do ano 2017, 20.901 parados abandonaron as listas do paro. Esta cifra supón que os datos do desemprego en Galicia descenderon un 10,15% no último ano.

Os datos tamén son positivos a nivel nacional. A cifra total de desempregados situouse en 3,41 millóns de españois. ao reducirse en 61.500 persoas este último mes. É un 7,84% menos que a finais de 2016.

Un total de 290.193 parados atoparon traballo este ano. Trátase do quinto descenso anual consecutivo nas cifras de demandantes de emprego. É, en todo caso, unha redución menos intensa que os dous exercicios anteriores.

Arquivado en