A xornada voluntaria de limpeza das praias organizada polo Concello de Sanxenxo reuniu este sábado nos areais a ao redor de 200 persoas voluntarias, un número moi superior ás 127 que se rexistraron previamente.
A mañá de sol deste sábado en Sanxenxo animou á poboación para pasarse polos areais e participar activamente nesta xornada que promoveu tarefas de limpeza en 21 praias.
Segundo o balance oficial do Concello, retiráronse 42 sacos de residuos das praias e 600 gramos de granulados, coñecidos como pellets, que desde mediados de decembro empezaron a chegar á costa galega procedentes dun contedor perdido polo mercante Toconao fronte á costa portuguesa. En Sanxenxo o 9 de xaneiro.
A xornada de limpeza desenvolveuse durante tres horas, entre as 9.00 e as 12.00 horas, aproveitando a marea baixa.