Os veciños e políticos de Vilaboa volveron botarse á rúa este sábado en protesta pola instalación da subestación del AVE de Bértola, pero nesta ocasión, con novidades con respecto aos últimos meses de concentracións, levaron a súa protesta á estrada.
A protesta, que partiu ás 20.30 horas, reuniu uns 200 veciños, avalados polo Goberno local e a Corporación municipal, e transcorreu ao longo da estrada N-550 baixo o lema 'Subestación ao pé das casas non. Alternativa xa!'.
Os asistentes concentráronse na Ramalleira, no acceso á parroquia de Bértola dende a N-550 cara á estrada provincial. Percorreron o traxecto comprendido entre o concesionario Mercedes e Figueirido, ida e volta, pero non chegaron a cortar o tráfico.