2.900 hectáreas calcinadas en Ponte Caldelas, 1.500 en Caldas e 500 en Cotobade

Pontevedra
19 de outubro 2017
Actualizado: 11:05

En só catro días, en pleno mes de outubro, a vaga de incendios arrasou 35.500 hectáreas en Galicia.  Se a este arrepiante dato súmanselle as 12.600 devastadas polas chamas no que ía de ano, o lume xa destruíu 48.100 hectáreas, segundo os datos ofrecidos pola Xunta, aínda provisionais porque o monte segue ardendo

Monte queirmado
Monte queirmado /

En só catro días, en pleno mes de outubro, a vaga de lumes arrasou 35.500 hectáreas en Galicia.

Se a este arrepiante dato súmanselle as 12.600 devastadas polas lapas no que ía de ano, o lume xa destruíu 48.100 hectáreas, segundo os datos ofrecidos pola Xunta, aínda provisionais porque o monte segue ardendo.

As Neves é o concello con máis superficie queimada con máis de 5.000 hectáreas. Na provincia de Pontevedra, segue Ponte Caldelas con 2.900 hectáreas devastadas, 2.000 hectáreas en Ponteareas, 1.500 en Caldas de Reis, Salceda de Caselas e Pazos de Borbén e 1.200 hectáreas en Salvaterra. En Cerdedo-Cotobade foron 500 hectáreas.

As perdas económicas esténdense ao patrimonio particular ao arder vivendas, construcións, traídas de auga, gando, cultivos, naves, negocios e maquinaria de traballo.

Ás 10.30 horas do xoves a Xunta informa que están "controlados" pero non extinguidos os incendios de Traspielas (Fornelos de Montes), Budiño (Salceda de Caselas), Parada (Nigrán), Pesqueiras (Salvaterra de Miño), Morgadáns (Gondomar), Padróns, Guillade e Guláns (Ponteareas), Ríofrio (Mondariz), As Neves, Petelos (Mos), Baíña (Baiona) e A Guarda.

Arquivado en