2.416 pontevedreses abandonan as listas de desemprego durante o mes de maio

Pontevedra
03 de xuño 2014
Actualizado: 13:54

A provincia de Pontevedra logrou reducir as listas do paro ata as 105.274 persoas. Trátase dun 2,24% menos que no mes de abril, cando había 107.690 pontevedreses sen emprego. Na cidade tamén se rexistra a mesma tendencia. 85 persoas encontraron traballo en maio. O sector servizos é o que mostra un mellor comportamento. 

Traballador da construcción
Traballador da construcción / Mónica Patxot

Un mes máis, e xa van tres de forma consecutiva, o Concello de Pontevedra logra reducir as listas de desemprego. Segundo os datos da Consellería de Traballo e Benestar, o paro reduciuse en mayo en 85 persoas. Esta cifra deixa en 8.479 o número de pontevedreses que se atopan sen traballo, un 1% menos que no pasado mes de abril. Entón había 8.564 demandantes de emprego.

Do mesmo xeito que no conxunto do Estado, en Pontevedra reprodúcese a mesma tendencia. Unha das razóns deste descenso débese aos contratos temporais que se comezaron a asinar de cara á tempada estival. Destas 85 persoas, 47 atoparon emprego no sector servizos (5.487 desempregados en total). Tamén caeu o paro na construción con 23 menos (1.258) e industria con 16 menos (822).

No resto de municipios do área de influencia de Pontevedra, destaca o descenso do 11,12% que se rexistra en Sanxenxo, onde 209 persoas atoparon traballo; ou de máis do 5% en concellos como Cuntis ou Ponte Caldelas. Pola contra, Portas é o único municipio onde aumentaron os demandantes de emprego en maio.

 Maio 2014Abril 2014Variación mensual
Pontevedra8.4798.564-85 (-1%)
Barro395408-13 (-3,18%)
Bueu1.1641.190-26 (-2,18%)
Cambados1.6141.641-27 (-1,64%)
Campo Lameiro230231-1 (-0,43%)
Caldas de Reis1.1931.207-14 (-1,16%)
Cotobade484490-6 (-1,22%)
Cuntis585621-36 (-5,79%)
O Grove1.2271.259-24 (-2,54%)
A Illa de Arousa443451-8 (-1,77%)
A Lama260270-10 (-3,70%)
Marín2.4892.607-56 (-4,52%)
Meaño603616-13 (-2,11%)
Meis575593-18 (-3,03)
Moraña552559-7 (-1,25%)
Poio1.6751.676-1 (-0,06%)
Ponte Caldelas749789-40 (-5.06%)
Portas3293245 (1,54%)
Ribadumia561569-8 (-1,40%)
Sanxenxo1.6691.878-209 (-11,12%)
Vilagarcía de Arousa5.0115.116-105 (-3,14%)
Vilanova de Arousa1.1721.210-25 (-2,02%)

 

DATOS PROVINCIAIS

Un total de 2.416 pontevedreses abandonaron as listas de desemprego durante o pasado mes de maio. Segundo se recolle nos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a provincia de Pontevedra logrou reducir as listas do paro ata as 105.274 persoas. Trátase dun 2,24% menos que no mes de abril, cando había 107.690 pontevedreses sen emprego.

A inminente campaña estival é un dos factores que explican esta redución do desemprego. De feito, o sector servizos é o que mostra un mellor comportamento. A el pertencen case a metade dos pontevedreses que atoparon traballo en maio. Foron 1.047 persoas. Tamén houbo notables descensos en construción (720) e industria (562), mentres que máis moderado foi en agricultura (36) e no colectivo sen emprego anterior (51). 

En canto aos contratos, en maio asináronse 25.507 acordos laborais en Pontevedra. De todos eles, só 1.535 foron de carácter indefinido (un 6,01% do total). O resto, 23.972 foron temporais.

Con estes datos, a variación interanual recolle un descenso de 6.722 persoas nas listas de desemprego da provincia de Pontevedra, un 6% menos que en maio de 2013.

Arquivado en