Este xoves 3 de novembro, comeza unha nova edición de Pontedetapas que se estenderá até o día 20. Serán 18 días nos que poderase degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocados, tres fines de semana completas, desde a hora de apertura do establecemento, ata as 14.30 horas (pola mañá) e ata as 22.30 horas (pola noite). Mantéñense os mesmos prezos que o ano pasado: 2 euros por tapa e 3 euros por cóctel.
Un total de 52 establecementos hostaleiros da cidade participan na nova edición de Pontedetapas: 32 deles competirán por facerse co premio ao mellor bocado tradicional, 25 co premio ao mellor bocado creativo e 13 co de mellor cóctel. Ademais manterase o premio do público Tapa Pontevedra.
A nova edición chega con novidades: a posta en marcha dunha app propia, a incorporación dun xurado técnico que fará a preselección de tapas para o xurado profesional e o engarce do certame coa feira profesional Etiqueta Negra, de tal xeito que o gañador da Tapa Pontevedra fará un showcooking na edición de 2017.
PREMIO DO PUBLICO
Entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorgará mediante votación popular o premio do público "Tapa Pontevedra", á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade: no sabor, no aroma, nos produtos empregados... O público emitirá os seus votos a razón dun único voto por tapa ou cóctel consumido, durante os días de celebración do evento, do 3 ao 20 de novembro. Poderá votar a través dun cupón de votación, en formato papel, ou a través da app Pontedetapas.
A Tapa Pontevedra será a que represente á cidade de Pontevedra na terceira edición de "De tapas por Galicia", o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes urbes galegas.
O PREMIO DO XURADO
Un xurado técnico, comandado polo CIFP Carlos Oroza, analizará as receitas, degustará todas as tapas presentadas a concurso e fará unha criba de 14 creacións (10 tapas e 4 cócteles) que serán as que probarán no establecemento candidato o xurado de Pontedetapas. Os nomes deste último xurado non se farán público ata finalizar o concurso.
O xurado Pontedetapas escollerá a mellor tapa tradicional, a mellor tapa creativa e o mellor cóctel.
Este xurado estará composto por persoas do ámbito da hostalaría, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica.
A visita do xurado non se anunciará e poderá ser en calquera momento entre o rango horario especificado e pagarán as súas tapas como calquera cliente, como se fixo o ano pasado. A identidade dos seus membros darase a coñecer nun evento final ao remate do concurso.
PREMIO PARA O PUBLICO
Mediante a súa votación, os clientes que consuman as tapas e cócteles a concurso poderán participar no sorteo de dous premios de 500 euros en vales para gastar no comercio local.
Un primeiro premio desenvolverase por extracción ao azar dun cupón en formato papel de entre a totalidade dos recibidos. O segundo premio outorgarase entre os clientes que voten a través da app Pontedetapas.
O sorteo de ambos os dous premios terá lugar nun evento final na Casa da Luz unha vez finalizado o concurso.
O PASAPORTE
Haberá de novo o Pasaporte Pontedetapas que garantiza un regalo seguro (consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60,00 euros, a escoller entre todos os establecementos do concurso) a aqueles consumidores que o presenten selado por todos os locais participantes na Casa da Luz antes do día 30 de novembro.
APP PROPIA
Nesta edición haberá unha app propia, gratuíta para o usuario, sinxela e intuitiva. Desenvolvida para iOs e Android, a app Pontedetapas permitirá ver detalles dos locais e das tapas participantes, posicionándoos por xeolocalización no mapa. Ademais, tamén incorpora un sistema de votación popular, fiable e transparente, mediante a introducción de códigos (alfanuméricos e QR).
De entre todas as persoas que voten a través da app sortearase un premio de 500 euros para gastar no comercio e mercado local.
TAPAS TRADICIONAIS
- A Casa da Leña. Lura encebolada sobre molete crocante de allo
- Bar Brasil. Milfollas de polbo con patacas á galega
- Bar Timón. Patacas revolconas da avoa
- Barbol. Bombón galego
- Café-bar Carabela. Zamburiña con salsa mariñeira
- Center 2. Salpicón de marisco con vinagre de framboesa
- Cervecería El Bruc. Pontevedra vs New York
- Cre-Cottê. Xarrete de Tenreira Delicias do Bosque
- Hotel Rías Bajas. Zamburiñas con crema de queixo afumado gratinadas con po de xamón
- Hotel-Restaurante Rúas. Espetada moura galega con patacas alioli
- Icewolf. Filloa reenchida de polbo da ría e queixo de Arzúa
- La Casa de las 5 Puertas. Anaco de vaca
- La Espuela. Zamburiña en crema de grelo con crocante ibérico
- La Estafeta. Cuncha de mar
- La Fábrica. Faceira de porco estufada con quenelle de cremoso de pataca
- La Fuga de Blas. Enlatado de mexillón, zamburiña e verduriñas co seu escabeche
- La Gramola. Pontepostre
- La Platería. Ás de polo ao chile con crema fresca
- La Vuelta a la Tortilla. Croquetón de polo e queixo brie
- O Cruceiro. Tortilla de pataca e bacallau
- O Novo Viñedo. A filloa da avoa
- Parador de Turismo Pontevedra. Croquetón de queixo do Cebreiro con marmelo
- Pintxoviño. Porca de mar
- Pontetapas. Tiras de entrecosto con escamas de sal negro e timbal de pataca con labras de foie
- Posada Indiana. Gua_bao Pontevedra_Taiwan
- Restaurante Casa Román. Empanada de choco
- Restaurante La Cámara. Espetada entremares
- Taberna Saudade. Rodolfo na súa dorna (sempre en Galiza)
- Taberna Zentola. O polbiño Simón
- Tasca O Quente. Broco-mole
- The Betsy Flanagan. Faceiras My Way
- Tiara. Patacas á importancia con gulas e ameixas
TAPAS CREATIVAS
- A Adega dos Avós. Faceira en salsa
- Badiana Tapas. Chourizo con ovo e patacas
- Boaviña Enoteca. Do Norte ao Sur
- Botica Pontevedra. Albarelo de salmón
- Café Central. Flor Mextura (México - Italia)
- Café-bar Carabela. Rodaballo en salsa verde
- Cafetería Orly. Pita de costela de porco
- Cafetería Sonata. Vaca vella ou boi?
- Casa Verdún. Xoubapizza
- El Cafetín de la Alameda. Jack o Lagostino. Imos por partes
- Hotel Rías Bajas. Faceira de porco celta sobre cama de castañas e froitos silvestres
- La Fuga de Blas. Saquiño de xarrete de vaca galega con cremoso de queixo de tetilla e xamón ibérico
- La Quesera. Focaccia celta
- La Tienda de Clara. Sabor a mar
- La Ultramar. Taco de costela de porco cajun
- O Souto Bar Restaurante. Empanada negra de choco
- O’Bioco. Mar de regatas
- Restaurante Room Pontevedra. Polbo e allo negro
- Taberna Saudade. Araucanía
- Tabula Rasa. mexillÓNS tigretÓNS
- Tapería El Pecado. Paspallás á laranxa sobre niño de pataca palla
- Tapería Loaira. Sopa de mar con vermú
- The Betsy Flanagan. Ai, que te mole
- Verbena. Gofre Verbena
- Vetula Ponte. Sabores Vétula
CÓCTELES
- Botica Pontevedra. Placebo de Llin
- Café Central. Coctail Fusión
- Center 2. Cup de froitas Manuel Soto
- Cervecería El Bruc. Bananabruc
- Icewolf. Mareas baixas
- Icewolf. O fogar dos peixes
- La Gramola. Follas novas
- La Platería. Tequila Platería
- Restaurante Room Pontevedra. Aloe mojito
- Tapería El Pecado. Espellismo de vainilla
- The Betsy Flanagan. Herba da boa
- Verbena. A laranxa mecánica
- Vetula Ponte. Tango (que me fixeches mal e con todo quérote)