15 positivos por alcol e 4 por drogas na campaña especial da DXT e Policía Local en Vilagarcía

O Salnés
26 de decembro 2024

Os axentes da Policía Local realizaron até 296 controis entre os días 16 e 22 de decembro

Control da Policía Local de Vilagarcía
Control da Policía Local de Vilagarcía / Mónica Patxot

Balance da campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas en condutores da Dirección Xeral de Tráfico, realizada en Vilagarcía de Arousa a través da Policía Local.

O dispositivo, realizado entre os días 16 e 22 de diciciembre en varios puntos de vilarcía, finalizou con 296 controis.

Deles 15 resultaron positivo en alcol e outro catro en drogas.

No primeiro destes casos, tres dos controis derivaron en denuncia penal por superar os 0,60 miligramos de alcol por litro en aire expirado.

Os casos máis graves enfróntanse a unha denuncia que pode derivar en multa e perda de puntos do carné ou mesmo a retirada deste, segundo a gravidade do delito.

Do resto fueon 12 os que superaron o límite de 0,25, aínda que con todo apenas resultaron positivos o 5,2% de todos os vehículos controlados.

O día en que máis positivos se rexistraron foi na noite do sábado 21 ao 22, con cinco.

En canto aos controis de drogas, realizáronse seis probas, das que resultaron positivas catro: tres por cocaína (nun dos casos, en combinación con anfetaminas) e outra por cannabis.