14 persoas fórmanse como auxiliares de panadería nun curso de Cogami

Pontevedra
24 de abril 2019

Está dirixido a persoas que teñen certificado de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual. Os participantes de 11 mulleres e 3 homes, procedentes dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Bueu e Cerdedo-Cotobade

Curso de auxiliar de panadería de Cogami
Curso de auxiliar de panadería de Cogami /

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) puxo en marcha en Pontevedra un curso de auxiliar de panadería que está dirixido a persoas que contan cun certificado de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual.

Esta acción formativa, con duración de 100 horas lectivas, 60 teóricas e 40 prácticas, impártese ata o 21 de maio con formación sobre a atención ao cliente, manipulación de alimentos e alérxenos, venda en establecementos comerciais, operacións básicas de cafetería, panadería e pastelería, servizos de bar e cafetería e servizos de panadería, bollería e pastelería.

14 persoas reciben o curso, 11 mulleres e 3 homes, que proceden dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Bueu e Cerdedo-Cotobade. Os perfís das persoas que iniciaron esta formación están establecidos nun grupo que comprende idades de entre 25 e 35 anos, que intentan conseguir o seu primeiro emprego; e tamén outro grupo en que hai persoas con idades entre 45 e 60 anos, que intentan reciclarse profesionalmente.

Este programa iniciouse en 2017 e se impartiron 14 cursos coa participación de 139 persoas con algunha discapacidade, 100 delas logaron insertarse laboralmente.