14-N. Pontevedra amanece como un domingo

Pontevedra
14 de novembro 2012

Os sindicatos deron ata as 8:00 da mañá cifras de paro próximas ao 100% no porto comercial e asteleiros, polígono de O Campiño e ENCE. Piquetes conxuntos de UGT, CC.OO. e a CIG, inéditos en Pontevedra, actuaron pola noite en O Campiño, baixaron de madrugada á cidade para pasar polas panaderías e, a primeiras horas da mañá, centráronse no porto

Pintada no edificio del Museo
Pintada no edificio del Museo / PontevedraViva

Os sindicatos deron ata as 8:00 da mañá cifras de paro próximas ao 100%.

O porto comercial e asteleiros de Marín, polígono de O Campiño e ENCE están parados, detalló Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT.

Piquetes conxuntos de UGT, CC.OO. e a CIG, inéditos en Pontevedra, actuaron pola noite en O Campiño, baixaron de madrugada á cidade para pasar polas panaderías e, a primeiras horas da mañá, centráronse no porto.

O seguinte obxectivo é, ás 8 da mañá, a entrada ao traballo dos funcionarios autonómicos.

O piquete dirixiranse logo á Estación de Autobuses onde, entre as 8 e as 9 da mañá, só sairán os servizos mínimos de viaxeiros, entre eles, un bus para Vigo e outro para Ferrol.

Arquivado en