14-N. Miles de pontevedreses "contra o saqueo do pobo"

Pontevedra
14 de novembro 2012

Desde o inicio e ata a cola, a manifestación tardou en pasar 47 minutos e a cabecera cruzouse co corpo da movilización na esquina da rúa Daniel da Sota. Atendendo ao ritmo dos pasos dos manifestantes fontes non oficiais da Policía Nacional calculou que pasaban 180 persoas por minuto. Fontes policiais sinalan entre dez e doce mil en número de participantes. Pola súa banda os sindicatos cifraron a participación en 40.000 persoas. Polo que pronto saíron as referencias e comparacións co 5-J, aquela histórica movilización vecinal

Manifestación na Praza de España / Diego Torrado

Sen entrar na guerra de cifras, representantes dos sindicatos convocantes e do goberno central coinciden en que a do 14 de Novembro foi unha das máis concorridas na historia da capital.

Dous datos significativos: Desde o inicio e ata a cola, a manifestación tardou en pasar 47 minutos, e a cabecera cruzouse co corpo da movilización na esquina da rúa Daniel de la Sota.

Entre os participantes estaban os concelleiros do grupo de goberno en Pontevedra, co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) e o tenente de alcalde, Antón Louro (PSdeG-PSOE), á fronte.

Atendendo ao ritmo dos pasos dos manifestantes fontes non oficiais da Policía Nacional calcularon que pasaban 180 persoas por minuto. Outras fontes policiais sinalaron entre dez e doce mil en número de participantes.

Pola súa banda os sindicatos cifraron a participación en 40.000 persoas. Polo que pronto saíron as referencias e comparacións co 5-J, aquela histórica movilización vecinal.

Durante a marcha coreáronse consignas como "postos de traballo na nosa terra", " Feijoo, cacique, Galicia vai a pique", "Ou público é servizo, ou privado, beneficio", xunto a outros cánticos como "Que bote, que bote, Mariano o que non bote".

Houbo ademais aplausos para as traballadoras de Alfageme, e chamadas á participación dirixidas a aqueles que desde a beirarrúa contemplaban a manifestación "A ti que estas mirando, tamén che estan roubando".

Na marcha púidose observar a presenza de mozos parados, de avós indignados e de familias completas, nenos incluídos.

E, por suposto, tamén se acordaron dos medios de comunicación "Logo direis que somos cinco ou seis "

Arquivado en