Os responsables sindicais na comarca de Pontevedra asegurán que o seguimiento da xornada de folga esta sendo "moi amplo" polo que ás 9:30 da mañá mostraban a súa "satisfacción " resumindo, a modo de titular, que "lo que tenía que parar paró".
Secretario comarcal de UGT Pontevedra, RamónVidal, queixouse da actitude da Policía Nacional "moi distinta a outras convocatorias de folga", aínda que precisou que "á marxe dalgunhas identificacións non houbo ningún incidente", apuntou.
"Como vén sendo habitual son dias de protesta pero non de enfrontamentos", dixo Vidal.
Os sindicatos deron cifras de paro próximas ao 100% no porto comercial e astilleros, polígono de O Campiño e ENCE.
A estampa de "chemineas apagadas" non se producirá con todo xa que, aínda que Celulosas está con servizos mínimos, "evidentemente a caldera non se pode apagar". Os piquetes celebraron que na quenda de entrada das seis da mañá non entrou ningún traballador, excepto aqueles que están asignados como servizos mínimos.
Piquetes conxuntos de UGT, CC.OO. e a CIG, inéditos en Pontevedra, actuaron pola noite en O Campiño, baixou de madrugada á cidade para pasar polas panaderías e, a primeiras horas da mañá, centrouse no porto de Marín e as .
"En cocheras non saíu ningún autobús", informan as centrais sindicais que permitiron a saída dos servizos mínimos. " ÿ difícil facer unha previsión dun sector tan amplo e profundo", en canto aos funcionarios, ás 9:30 da mañá aínda non hai valoración do seguemiento.
A falta de datos oficiais os tres sindicatos coinciden en destacar que "a aceptación máis intensa" polo que creen que "iso se verá reflectido na participación"