124 casos activos, este mércores 17, na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés con tres persoas ingresadas en planta hospitalaria

Pontevedra
17 de novembro 2021
Actualizado: 14:10

Pontevedra-O Salnés conta con 10 casos activos máis que onte, con 13 novos positivos. En Galicia, este mércores rexístranse 214 novos positivos, 92 máis respecto ao xoves e 114 máis que hai unha semana. Nas últimas horas, rexistrábase un falecemento con covid, un home de 78 anos, no Complexo Hospitalario da Coruña

Datos covid na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés deste mércores 18 de novembro de 2021
Datos covid na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés deste mércores 18 de novembro de 2021 / Consellería de Sanidade

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés aumenta a presión hospitalaria debido aos casos covid ao contabilizar tres pacientes ingresados en planta. Ao paciente dos últimos días no Hospital do Salnés, hai que sumar dous ingresos no Hospital Montecelo. Non se atopan pacientes con coronavirus na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Este mércores hai 124 casos activos na área sanitaria, dez máis que onte. 121 pacientes atópanse nas súas vivendas evolucionando da enfermidade.

Nas últimas 24 horas realizáronse 238 probas PCR, ofrecendo o resultado de 13 novos positivos. Durante a última xornada curáronse cinco pacientes. Segundo os datos facilitados polo SERGAS, en centros de ensino o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra conta con 17 casos e foi necesario que se pecharan tres aulas.

O número de falecidos co virus nesta área sanitaria mantense en 205 vítimas.

DATOS EN GALICIA

Galicia suma 214 positivos novos de covid-19 nas últimas 24 horas. Trátase de 92 contaxios máis que na xornada do martes e 114 máis respecto a os do mércores da anterior semana. 

O número de casos activos continúa ascendendo e este mércores, a Consellería de Sanidade notifica 1.540, unha cifra que se incrementa en 173 enfermos respecto a a xornada de onte. Por áreas sanitarias, o número de casos activos é o seguinte: Ourense: 365 (+43) A Coruña-Cee: 341 (+24) Vigo: 313 (+50) Lugo: 153 (+19) Santiago-O Barbanza: 137 (+14) Pontevedra-O Salnés: 124 (+10) e Ferrol: 107 (+13).

60 persoas, catro máis que lle mércores, atópanse en planta de hospitalización coa enfermidade e 11 máis están nas Unidades de Coidados Críticos, un máis que as notificadas onte. Nas últimas horas curáronse 40 persoas, elevando a 180.673 o número de persoas que superaron a enfermidade en Galicia desde o inicio da pandemia.

A cifra total de falecementos elévase a 2.659 ao rexistrarse nas últimas horas unha nove morte con  covid, un home de 78 anos, no Complexo Hospitalario da Coruña, que contaba con outras enfermidades previas.