120 profesores participan en Pontevedra no encontro estatal de Escolas Asociadas á UNESCO

Pontevedra
03 de xullo 2014

Este encontro, que se celebra cada ano nunha comunidade autónoma, realízase este ano en Pontevedra baixo o título "Unha educación para a cidadanía mundial"

Inauguración do Encontro de Escolas Asociadas á UNESCO
Inauguración do Encontro de Escolas Asociadas á UNESCO / Mónica Patxot

A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO de Galicia (Red PEA UNESCO) organiza o XXVII Encontro Estatal de Escolas Asociadas á UNESCO en España, que arrancou este mércores en Pontevedra e que se prolongará ata o próximo sábado 5 de xullo.

Este encontro, que se celebra cada ano nunha comunidade autónoma, realizase este ano en Galicia baixo o título "Unha educación para a cidadanía mundial".

O seu principal obxectivo é seguir os principios que marca a UNESCO relacionados, entre outros temas, coa cultura, a paz, os dereitos humanos, a igualdade entre as persoas e o medio.

Durante catro días uns 120 profesores das escolas asociadas da UNESCO de toda España reunense en Pontevedra para debater os temas que propón a UNESCO para traballar no ámbito da educación.

Este ano dous profesores presentarán os resultados do programa COMENIUS, realizado en colaboración coa escola portuguesa Sá da Bandeira, ás máis de setenta escolas asociadas á UNESCO que participan neste encontro.

Este encontro inaugurouse cunha recepción aos asistentes por parte das autoridades no Pazo de Mugartegui e este xoves empezará a rutina de traballo no Pazo da Cultura.

A conferencia inaugural correrá a cargo de José Esquinas con "As escolas na loita contra a fame e a sostibilidade do planeta. Papel da biodiversidade agrícola e a agricultura familiar".

Ademais as xornadas acollerán distintas presentacións sobre a cultura de paz e diversidade cultural, de patrimonio ou de desenvolvemento sostible.