116 novas mamparas axudarán a previr o contaxio do coronavirus

Pontevedra
24 de marzo 2020

A medida, que contou cun orzamento de 17.000 euros, pretende reducir o risco de contaxio nos empregados á vez que lles transmiten tranquilidade á hora de traballar

Novas mamparas de seguridade para combatir o COVID-19
Novas mamparas de seguridade para combatir o COVID-19 / Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Na loita por frear a expansión do coronavirus, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés instalou durante os pasados días 16 e 17 de marzo un total de 116 mamparas, repartidas en postos de información e mostradores de 34 centros de saúde, Puntos de Atención Continuada e nos hospitais Provincial, do Salnés e Montecelo.

Aínda que os traballadores xa estaban protexidos antes, as novas mamparas tentarán reducir aínda máis a posibilidade de contaxio e mellorar as condicións de traballo dos empregados.

Cun orzamento de 17.000 euros, repartíronse un total de 116 mamparas. 82 unidades foron a 34 centros de saúde e PAC´ s e as outras 34 nos tres centros hospitalarios. Con esta medida non só se tentan previr novos contaxios, senón que tamén se busca a tranquilidade dos empregados do centro sanitario.