Un total de 110 fogueiras foron solicitadas no concello de Marín para a noite máis corta do ano, a do 23 ó 24 de xuño.
Ademais os "Amijos e vesiños" de Cantodarea organizan una festa cunha fogueira na Praza do Regueiro que terá animación, música, fogata para os nenos e sardiñas.
Os preparativos foron supervisados polas concelleiras de medio ambiente e turismo, colaborando o concello en todo o preciso para que todo saia ben.
Os organizadores traballan coa ilusión de agrupar neste entorno unhas actividades que moita xente botaba de menos dinamizando este entorno cunha xuntanza nesa noite.