103 escolares aprenden educación viaria en Cuntis

Umia
23 de outubro 2017

Estudantes de cuarto, quinto e sexto curso de Primaria do CPI Don Aurelio recibiron as clases por parte da Policía Local de Cuntis

Xornadas de educación viaria en Cuntis
Xornadas de educación viaria en Cuntis / Concello de Cuntis

A Policía Local de Cuntis impartiu durante os últimos días clases teóricas e prácticas para escolares dentro das IV Xornadas de educación viaria aos estudantes do CPI Don Aurelio. Esta actividade realízase en colaboración co Departamento de Educación Viaria da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra.

As clases destináronse a estudantes de cuarto, quinto e sexto de Primaria e consistiron nunha aprendizaxe sobre o modo seguro de viaxar en transporte público escolar para, a continuación, desenvolver unha aplicación práctica do aprendido no parque de tráfico instalado no Pavillón Municipal de Deportes anexo ao centro escolar.

Nestas xornadas participaron un total de 103 alumnos do centro.