103 anos e unha nova visita ao alcalde

Pontevedra
22 de outubro 2014

A pontevedresa María Aquilina Alonso Pérez celebrou o seu aniversario acudindo ao Concello onde recibiu un ramo de rosas de mans do Alcalde, de quen se considera unha seguidora

Visita de María Aquilina Alonso, de 103 anos, ao alcalde de Pontevedra
Visita de María Aquilina Alonso, de 103 anos, ao alcalde de Pontevedra / Mónica Patxot

Goza de boa saúde e por ese motivo, cada 21 de outubro, María Aquilina Alonso Pérez, dáse un paseo ata o Concello de Pontevedra para celebrar o seu aniversario visitando o alcalde. Nesta ocasión cumpriu 103 anos e Miguel Anxo Fernández Lores regaloulle un ramo de rosas para festexar esta data.

María Aquilina naceu en Sanxenxo en 1911 e exerceu de mestra durante case tres décadas en Barcelona. A pesar de sumar ás súas costas máis dun século de vida, segue mostrándose moi activa e acudindo a diversas actividades culturais.

O alcalde, de quen ela admite ser unha seguidora, regaloulle tamén unha simpática fotografía na que María Aquilina posa na Fonte dos Nenos.