100 mulleres e 20 homes participan nos obradoiros 'Quérete a ti mesma'

Ponte Caldelas
01 de abril 2017

Este programa continúa a súa xeira polas parroquias e rematará a finais de xuño no Centro Cultural de Ponte Caldelas cunha notable participación

Obradoiro 'Quérete a ti mesma' en Ponte Caldelas
Obradoiro 'Quérete a ti mesma' en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas continúa coas sesións do obradoiro de empoderamento feminino "Quérete a ti mesma", un taller que se basea na metodoloxía "coaching" e que nas últimas horas ofrecíase na Casa do Pobo de Chaín, onde unha decena de mulleres beneficiáronse dunha sesión para traballar a autoestima e a solución activa dos problemas.

Este programa está a desenvolverse en diferentes núcleos rurais para finalizar no mes de xuño.

Ata o momento celebráronse seis sesións cunha participación que supera as 100 mulleres, pero a organización a través do goberno local de Ponte Caldelas, indica que tamén foi notable a presenza dunha vintena de homes. Os participantes adquiren instrumentos psicolóxicos para afrontar os problemas da vida diaria.

O alcalde do municipio, Andrés Díaz, visitou algún dos obradoiros para comprobar a alta participación e o interese destes cursos.