100 euros por cabeza para que o persoal de Ence entre na batalla xudicial sobre a prórroga

Pontevedra
03 de abril 2019

O comité de empresa estableceu unha caixa solidaria para pagar os gastos relacionados cos procedementos xudiciais na Audiencia Nacional onde se quere personar para defender a prórroga da concesión de Ence en Pontevedra

Mobilización dos traballadores da fábrica de ENCE en Lourizán e das súas empresas auxiliares
Mobilización dos traballadores da fábrica de ENCE en Lourizán e das súas empresas auxiliares / Mónica Patxot

Os representantes dos traballadores de Ence puxeron en marcha a campaña solidaria para recadar cartos que permitan pagar os gastos que se deriven de personarse nos procedementos xudiciais pendentes na Audiencia Nacional sobre a prórroga da concesión de Ence en Pontevedra.

Esta decisión aprobada na asemblea dos traballadores do 22 de marzo supón unha aportación de 100 euros por persoa. O comité de empresa alerta de que dada a urxencia para participara nos procesos xudiciais é necesario recadar unha base económica o antes posible para afrontar os gastos de avogacía, procuradores e notaría.

A través dun escrito, os integrantes do comité de empresa de Ence-Pontevedra piden a colaboración de todo o persoal porque esta situación afecta ao futuro de todo os traballadores.

Este movementosúmase ao anunciado pola Cámara de Comercio que afirmaba a execución de movementos por parte de responsables camerais en Madrid para establecer contactos e presionar á Abogacía do Estado co obxectivo de que non se achante e defenda a prórroga, concedida polo goberno de Mariano Rajoy, á fábrica de Ence en Pontevedra ata 2073.

Arquivado en