1.750 euros para recuperar o paso peonil entre o Valdés Bermejo e o Castro de Alobre en Vilagarcía

O Salnés
19 de abril 2023

O Concello de Vilagarcía pon en marcha a recuperación do paso peonil máis importante da súa contorna, que quedou inhabilitado por un desprendemento de terras

Paso peonil Enrique Valdés Bermejo e o Castro de Alobre
Paso peonil Enrique Valdés Bermejo e o Castro de Alobre / Concello de Vilagarcía - Arquivo

O Concello de Vilagarcía pon en marcha a recuperación do paso peonil máis importante da súa contorna. 

O pasado 2020, o camiño comprendido entre o parque botánico Enrique Valdés Bermejo e o Castro de Alobre quedou inhabilitado por mor dun desprendemento de terras que un episodio de choivas torrenciais provocou e que poñía en perigo a vida dos transeúntes. 

Malia que o paso entre estes espazos era posible mediante un camiño alternativo, segundo o goberno local, a recuperación do orixinario permitirá garantir a seguridade das dúas estancias do parque e ampliar as zonas verdes do concello.

Tras agardar a que o terreo volvese ao seu estado orixinal e despois de realizar os estudos necesarios que garantisen a seguridade do paso, o Concello contratou o proxecto de execución para a súa recuperación

O contrato, adxudicado a FB2 Estudo de Arquitectura e valorado en 1.750 euros, inclúe o estudo topográfico, o proxecto básico e de execución e o estudo de seguridade que se deberán cumprir durante o transcurso das obras.