O Concello de Pontevedra aprobou este luns na reunión da Xunta de Goberno a ampliación da rede de rede de sumidoiros na parroquia de Alba.
Concretamente os beneficiados por esta medida son os lugares de Touceda, Ponte Cabras, O Bispo e A Devesa. O proxecto tamén alcanza aos lugares da Cendona, na parroquia de Lérez e o lugar de Vigario, na de Cerponzóns.
O importe total deste proxecto é 1.652.000 euros e vai dar servizo a 83 vivendas. Isto quere dicir que o custo por vivenda chega aos 20.000 euros, aínda que a cifra final é maior (case de 30.000 euros por vivenda) xa que a esta cantidade habería que sumar o prezo da conexión do proxecto de Cerponzóns co doutras parroquias.
Ademais das redes de saneamento tamén hai un tramo dun quilómetro de reparación de redes pluviais existentes e tamén se inclúe no proxecto un bombeo colectivo no lugar da Devesa para dar servizo a un número importante de casas.