Completamos estes podcast con Vermes. Unha banda que conforman Javier Fernández Arizaga (guitarra), Anxo Baltasar Ríos (guitarra), Enma Bamio Pérez (voz e baixo) e Pablo González Gómez (batería).
Violeta Mosquera, a súa titora, sitúaos musicalmente no "pop, pero desenfadado e rebelde". Outra particularidade de Vermes é que varios compaxinan esta experiencia coa formación no Conservatorio, o que "lles dá un importante control instrumental".
Ao longo de cada edición ten lugar un calendario de eventos en directo nos que participan como o Festival Paredes de Coura, o Galegote Rock ou o Surfing the Lérez. Outro dos titores de Xeración Sónica, Alejandro Alonso, explica que "este tipo de festivais son importantes para que teñan contacto coa cidade e con outras bandas que estean dentro dun circuíto semi ou mesmo profesional; ese primeiro contacto coa industria. É moi importante que vexan o traballo que fan outras persoas como os técnicos de son, de escenario, as producións... que o valoren".
Interpretan para esta ocasión o tema 'Centos de seráns'.
Foto: Mónica Patxot