Xeración Sónica: Simpsonhead

Radio
16 de xuño 2023

Simpsonhead.

Xeración Sónica: Simpsonhead /
Xeración Sónica: Simpsonhead
Xeración Sónica: Simpsonhead

Simpsonhead son os rompedores de Xeración Sonica polo estilo de música que fan. Son Daniel Maigler Landín (baixo e sintetizador) e Pablo González Veiga (bases). Como di o seu titor, Alejandro Alonso: "é un proxecto de electrónica, o primeiro de electrónica cento por cento puro que facemos en Xeración Sónica". Teñen influencias dos noventa, do DnB, do tecno, de temas melódicos... "un pouco de todo".

Tanto Pablo como Daniel coinciden na importancia que nesta aprendizaxe ten o seu titor: "Alex é moi importante tanto para poder compoñer como nos concertos", "Alex axúdanos moitísimo e se o fixese só non sería capaz pola pouca experiencia que teño". Dado que son repetidores nesta iniciativa municipal, suman xa unas cantas actuacións en directo  así que aínda que recoñecen os nervios das primeiras ocasións agora "sáeme só" di Pablo.

Outro dos monitores do proxecto que desenvolven no Local de Música é Gonzalo MaceiraCal é a súa función en Xeración Sónica?, " titorizar un proxecto conleva a compañar, tentar cubrir as necesidades do grupo, aconsellar, tarefas de produción e asesoramento en composición musicial, por unha banda. E outra parte moi especial é a xestión emocional e grupal, que pasa cando tes unha banda". Xeración Sónica engade, "é un proxecto que non para, comezamos a dar as clases, a tocar, a dar concertos. Despois no verán, de xullo a setembro, gravamos e en outubro arrincamos de novo".

Para estes programas de Xeración Sónica interpretaron 'Simpsonfunk'