O primeiro dos podcast sobre Xeración Sónica protagonízano Les Poubelles. Unha banda que integran catro adolescentes pontevedreses: Irene Martínez (baterista e voz), Andy Velázquez (guittara), Noelia Nieto (baixo) e Sandra Cortés (teclados e voz). É o seu primeiro ano neste proxecto municipal. O seu titor é Gonzalo Maceira e encádraos como banda punk rock, non só polas súas cancións senón tamén pola actitude propia do xénero e que recolle este grupo.
Cando chegan as solicitudes para formar parte de Xeración Sónica, os formularios solicitan requisitos e inquietudes e son os segundos os que formaron Les Poubelles. Querían vivir esta experiencia e "saber tocar en grupo", así que, aínda que ningún sabía tocar instrumentos, en dous meses de traballo "xa tiñan catro cancións", comenta o seu titor.
Les Poubelles son o primeiro dos grupos que se poden coñecer a través dos podcast Xeración Sónica. Un proxecto que cumpre este 2023 cinco anos con palpables resultados: "o que nun principio criamos que ía pasar, vemos que pasa: o efecto chamada, o beneficio que reportan as actividades artísticas e conseguir un xerme creativo que fai crecer moito a unha cidade. Xeración ten esa filosofía", apunta Maceira.
Para este capítulo de Xeración Sónica interpretan o tema 'Sanvito'.