Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que, quizais, sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto.

Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez.

Elenco: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha "Tatán".

Duración: 80 min.

Máis eventos

Ver máis eventos