O peche dos Xogos Paralímpicos de París 2024 pechou un verán especial para o deporte pontevedrés, que estivo amplamente representado no gran evento do deporte internacional.
Por iso mesmo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, completou este venres as recepcións oficiais aos pontevedreses que competiron nos Xogos (polo menos...
Ás portas da que tería ssido a súa segunda medalla en París 2024 e o seu cuarto metal paralímpico quedou Juan Antonio Saavedra.
O tirador pontevedrés, que conseguira o bronce o pasado domingo na súa estrea nos Xogos Paralímpicos de París, non puido repetir éxito este xoves na proba de carabina...
O pontevedrés Juan Antonio Saavedra conseguiu a medalla de bronce nos Xogos Paralímpicos de París 2024 na modalidade de rifle mixto de dez metros en posición tendido, categoría SH1.
Na mañá deste domingo, Saavedra clasificouse para a final como segundo entre os oito mellores, manténdose na loita polas medallas desde o...
Este venres, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ofreceu unha recepción no Concello ás deportistas Teresa Portela, Antía Jácome, Antía Chamosa e Carolina García, quen regresaron recentemente da súa participación nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Durante o recibimento, Fernández Lores expresou o orgullo da cidade polo logro destas...
Juan Antonio Saavedra conta xa as horas para competir nos que serán os seus sextos Xogos Paralímpicos, os de París 2024. Farao ademais coa ambición e a esperanza de pelexar pola que sería a súa terceira medalla, pero, cando e a que hora competirá o pontevedrés?.
A cerimonia de apertura dos...
Manu Fernández é un dos españois que pode dicir que logrou unha medalla de ouro nuns Xogos Olímpicos co seu traballo desde a sombra. É un dos exadestradores do Pontevedra e director deportivo da Real Federación Galega de Fútbol e hai un ano, máis concretamente en marzo do 2023, incorporouse...
"Estou moi contenta", recoñeceu Antía Jácome tras o seu cuarto posto na final olímpica do C1-200.
"Non podía dar máis de min, terminei baleira de todo, fixen unha regata moi boa, moi bo tempo, creo que é un dos meus mellores tempos a día de hoxe", explicou a padeeira, que recoñeceu...
A medalla olímpica de Antía Jácome terá que esperar. A deportista pontevedresa quedou ás portas do podio tras conseguir un meritorio cuarto posto na final do C-1 200 metros.
É o terceiro diploma olímpico para Jácome en dúas participacións nuns Xogos, tras o logrado en Tokyo co seu quinto posto no...
A Selección Española de Fútbol Feminino, e con ela Teresa Abelleira, quedou co mel nos beizos na súa primeira participación nuns Xogos Olímpicos.
O combinado nacional, coa pontevedresa repetindo titularidade no centro do campo, perdeu fronte a Alemaña (0-1) no partido pola medalla de bronce celebrado este venres en Lyon, nun...
A primeira opción de medalla para Antía Jácome nos Xogos Olímpicos de París 2024 quedouse en diploma.
A deportista pontevedresa, que chegou a París coa máxima ambición, non puido pasar dun meritorio sexto posto na final do C-2 500 metros, embarcación que comparte coa madrileña María Corbera.
É o segundo diploma olímpico...
Pablo Crespo pechou este venres os seus primeiros Xogos Olímpicos e fíxoo con todas as honras como flamante semifinalista do C-1 1.000 metros.
O pontevedrés tomaba parte na segunda das semifinais tras cumprir con fartura avanzando as primeiras roldas clasificatorias. Con oito embarcacións e catro prazas dando acceso á gran final, meterse...
A primeira experiencia olímpica de Carolina García chegou ao seu fin.
Tras o diploma conseguido no K-4 500 co seu sexto posto, a pontevedresa afrontaba este venres as semifinais do K-2 500 xunto á asturiana Sara Ouzande en busca dunha praza para a final, que se remaba poucas horas despois.
Tivérono preto,...
A primeira medalla do piragüismo español nos Xogos Olímpicos de París (minutos despois chegaría a segunda co K-4 masculino), supuxo unha grata sorpresa para a delegación nacional e tamén pontevedresa, e é que en parte se fraguou na comarca.
Diego Domínguez, madrileño de nacemento pero que se trasladou hai uns anos...
O K-4 500 metros no que competían dúas pontevedresas como Tere Portela e Carolina García lograron o primeiro diploma olímpico do deporte pontevedrés en París 2024.
Soñaban ambas as dúas coas medallas, pero quedaron a algo máis de segundo e medio dese obxectivo, asinando iso si un meritorio diploma co sexto...
Grandes sensacións para Antía Jácome na súa segunda xornada de competición nos Xogos Olímpicos de París.
A deportista pontevedresa, tras estrearse no C-2 500 con María Corbera clasificándose directamente para as semifinais desta categoría, repetiu este xoves na proba individual, o C-1 200.
Co seu segundo posto nas series clasificatorias Jácome aforra...
Teresa Portela disputa este xoves 8 de agosto a final de K-4 500 feminino nos Xogos Olímpicos xunto a outra pontevedresa, Carolina García, e con Estefanía Fernández e Sara Ouzande. A canguesa ten 42 anos e esta convocatoria parisiense supón a súa participación en sete Olimpíadas. Falamos con Cristina Casanova...
Este mércores 7 de agosto, o piragüista pontevedrés Pablo Crespo conseguiu clasificarse para as semifinais da proba de C1 1000 nos Xogos Olímpicos de París. Crespo, que levaba o dorsal 93 e competía na rúa 3, logrou a segunda posición na serie de repesca, asegurando así o seu pase á seguinte...
Na noite deste martes 6 de agosto, a selección española feminina de fútbol sufriu unha dolorosa derrota ante Brasil por 4-2 na semifinal dos Xogos Olímpicos de París 2024, disputada no Estadio de Marsella.
A pesar do resultado, Tere Abelleira, a xogadora pontevedresa, destacou polo seu esforzo nun encontro marcado polos...
A xornada de inicio das probas de piragüismo en París 2024, ademais dun novo éxito de Teresa Portela e Carolina García en K-4 500, tamén se saldou co éxito de Antía Jácome e María Corbera coa súa clasificación directa para acceder á semifinal da proba olímpica de C-2 500.
Quedaron segundas na súa proba,...
A canguesa Teresa Portela, a pontevedresa Carolina García con Estefanía Fernández e Sara Ouzande lograron rematar na mañá deste martes a súa proba en segunda posición e, por tanto, participarán na final que se disputará o xoves 8.
Clasificáronse directamente para a Final A de K-4 500 coa presenza do Rei...
A Deputación de Pontevedra abre este martes, 6 de agosto, o prazo para que os deportistas da provincia que participan nos Xogos Olímpicos ou Paralímpicos de París 2024 poidan solicitar a nova liña de axudas, cun orzamento total de 125.000 euros.
Estas achegas, en réxime de concorrencia non competitiva, ascenden a...
María Pérez García e Álvaro Martín Uriol son os atletas escollidos polo seleccionador Pepe Peiró que representarán a España na proba de marcha de relevo mixto dos Xogos Olímpicos de París o mércores 7 a partir das 07.30 horas.
O cuarteto complétase con Cristina Montesinos e con Miguel Ángel López.
Con esta...
Parecía que estaba todo perdido cando Colombia anotou o 0-2 no minuto 52, pero o combinado nacional de fútbol feminino sobrepúxose cos goles de Jenni Hermoso e de Irene Paredes para gañar finalmente por 4-2 na quenda de penaltis. Unha da xogadoras clave do partido volveu ser a pontevedresa Tere...
Tres de tres. A selección española feminina de fútbol segue sumando todos os seus partidos en París 2024 por vitorias. A última, a que lograron este mércores ante Brasil, ao que derrotaron por 2-0 no último partido da fase de grupos.
Coa clasificación a cuartos de final xa no peto, a...
Non puido ser. O 49er FX español, con Támara Echegoyen como timonel e Paula Barceló de tripulante, non puido culminar a súa remontada e, tras non se colar na 'medal race', á que accedían as dez primeiras embarcacións, despídense de París 2024.
Echegoyen e Barceló finalizaron na décimo terceira praza da...
Aínda que no seu segundo contacto coas augas de Marsella foi mellor que o primeiro, Támara Echegoyen e Paula Barceló afástanse das medallas en París 2024.
Tras o seu segundo día de competición e seis regatas completadas, o 49er FX español atópase situado na décimo séptima posición con 63 puntos, moi...
A Selección Española de fútbol feminino xa está clasificada para os cuartos de final dos Xogos Olímpicos de París despois de derrotar a Nixeria cun solitario gol de Alexia Putellas nos minutos finais do partido.
A xogadora do Fútbol Club Barcelona saíu ao rescate e desatascou o encontro cun auténtico golazo...
Decepción en Marsella co mal arranque da regata da embarcación de Támara Echegoyen e Paula Barceló dentro da clase 49erFX.
A pontevedresa e a mallorquina eran unha clara opción de medalla, pero pecharon a difícil xornada inaugural na penúltima praza (19 de 20) tras asinar un posto 19 (descarte provisional), 15...
Por primeira vez na historia, os Xogos Olímpicos inauguráronse na rúa. París, na súa terceira vez como sede olímpica, elixiu esta fórmula para dar a benvida á cita deportiva máis importante do mundo. Pero esta cerimonia inaugural ha quedado deslucida pola choiva.
Despois de tres horas e coa maioría dos deportistas...
A regatista Támara Echegoyen, campioa olímpica de vela en Londres 2012, e abanderada española co piragüista Marcus Cooper na cerimonia de inauguración, dixo sentir "orgullo" por "encabezar este pedazo de equipo" nos Xogos Olímpicos de París 2024.
A pontevedresa, de 40 anos, indicou que a cerimonia inaugural "é unha dose de...
Os Xogos Olímpicos comezaron para a representación pontevedresa antes mesmo da inauguración oficial deste venres 26 de xullo.
Tere Abelleira foi a primeira en entrar en acción na primeira xornada do torneo de fútbol feminino, na que España medíase a Xapón na cidade de Nantes.
A centrocampista pontevedresa non partiu nesta ocasión no...
Os Xogos Olímpicos de París 2024 xa están aquí, e a comarca de Pontevedra estará representada cun bo número de deportistas e claras aspiracións a medalla nalgunhas disciplinas. Pero, cando e a que hora competirán os deportistas olímpicos pontevedreses?
A primeira en entrar en acción será Teresa Abelleira coa Selección Española...
A poucos días de que dean comezo de maneira oficial os Xogos Olímpicos de París 2024, o Concello de Pontevedra quixo dar apoio á representación local, recibindo dous dos deportistas que defenderán o pavillón da Boa Vila no gran evento do deporte interncional.
Foron en concreto o benxamín da expedición, o...