O Goberno de España vén de expresar a súa intención de colaborar na execución da variante de Alba, que a Xunta prevé iniciar en torno ao ano 2027 para enlazar a estrada autonómica PO-531 coa estrada nacional N-550 na zona da Ferreira, na parroquia de Lérez.
A Subdelegación do Goberno acolleu...
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mantiveron este venres unha reunión de traballo que foi valorada como "moi frutífera", con acordos "que beneficiarán moito a esta cidade".
"Para min é un verdadeiro pracer estar hoxe aquí, no...
Para oito colectivos veciñais da zona norte de Pontevedra, a variante de Alba é unha infraestrutura de "vital importancia" para mellorar a mobilidade en todo o municipio. Así o sosteñen nunha carta que remitiron ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
A misiva está asinada polas asociacións de Lérez, O Chedeiro (Cerponzóns),...
Non todo foron luces na reunión entre o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Tamén houbo sombras. E, sen dúbida, a máis grande é a que se cerne sobre a variante de Alba.
Era, para o goberno municipal, un dos "temas...
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez, pediu ao alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernánde Lores que se "quite la camiseta del BNG y se ponga la de todos los pontevedreses" para alcanzar acordos positivos para a cidade en en a reunión que manterá este martes 25...
O proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia supón, para Pontevedra e os seus cidadáns un tratamento "absolutamente insultante". Así o considera o alcalde da cidade e líder do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, moi crítico coas contas do Goberno galego.
Lores amósase "preocupado" polos orzamentos que se presentaron esta semana...
O goberno municipal xa ten listo o dossier que remitirá á Xunta de Galicia coas demandas que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, transmitirá ao presidente Alfonso Rueda na reunión que manterán o vindeiro martes.
"Irei con toda a ilusión do mundo e despregarei todos os meus encantos para convencelo...
Para o alcalde de Pontevedra, o aínda presidente da Xunta "debe andar noutras cousas" e as actuacións que anunciou para a cidade, tras a xuntanza do seu goberno na Boa Vila, son una "recompilación de promesas varias" nas que non hai "nada novo baixo o sol".
Moitos destes investimentos, segundo Miguel...
Tras a última colisión dun camión na ponte do tren en San Caetano, o Concello volveu a pedir á Xunta de Galicia que "reconsidere" a súa negativa a executar a variante de Alba, un vial que vai camiño de dúas décadas de reivindicacións.
Así o solicitou a portavoz do goberno municipal,...
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, expresaban este mércores as súas discrepancias sobre o proxecto da Variante de Alba e a necesidade de obter o consenso veciñal.
A preguntas dos xornalistas Ethel Vázquez explicou que os técnicos da Axencia Galega...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores enviou esta semana ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o Estudo de alternativas propostas para o proxecto "Variante de Alba PO-531 - N-550" que vén de adaptar o Concello.
O alcalde xa informara...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, chamou por teléfono ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e falaron sobre o novo proxecto do Concello para a Variante de Alba, adaptado á alternativa escollida pola Xunta de Galicia para o vial. Tras esa conversación, desde o Concello enviarán toda...
Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, Pablo Fernández e Martín Martínez, mantiveron un encontro con veciños de Campañó para abordar a proposta de trazado presentada polo Concello para a variante de Alba.
Segundo traslada o PP, na reunión, os veciños participantes volveron a confirmar o seu rexeitamento a...
A veciñanza de Alba coñeceu este xoves de primeira man a proposta do Concello de Pontevedra para a Variante de Alba. Foi no marco do Consello Parroquial da man do concelleiro de Obras e Transporte, Demetrio Gómez, e da concelleira da parroquia, Pilar Comesaña.
Os concelleiros fixeron á poboación presente unha exposición...
La Asociación de Vecinos de Santo Paio de San Pedro de Campañó queremos mostrar en nombre de los vecinos de nuestra parroquia y a su vez de los de Lérez, a los que representamos por petición suya, nuestra oposición, nuevamente, a la mal llamada variante de Alba.
Ya en su día...
A Asociación de veciños San Bieito de Lérez manifestou o seu apoio á proposta presentada polo Concello de Pontevedra para a construción da denominada 'Variante de Alba'. Este colectivo presidido polo ex concelleiro Miguel Filgueira Touriño mantivo varios encontros con representantes municipais onde se reclamaba a construción deste vial que...
O Partido Popular de Pontevedra esixe ao Concello que acorde a proposta do novo trazado da Variante de Alba cos veciños. O concelleiro responsable de Urbanismo da formación, Pablo Fernández, pediu este luns ao goberno local que "busque un trazado de consenso cos cidadáns e desde logo non apoiaremos ningún...
O Concello de Pontevedra xa dispón da proposta de adaptación ao terreo da alternativa escollida pola Xunta de Galicia para a Variante de Alba. Este documento que foi presentado este sábado polo concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez e tamén presentado nesta semana ao Consello parroquial de Campañó, trasladarase...
Estando en Alba, nin un nin outro podían escapar á pregunta. Que pasa coa variante? Miguel Anxo Fernández Lores e Ethel Vázquez abordaron este martes o estado no que se atopa esta ansiada actuación, prevista para unir a estrada PO-531 e a N-550.
Ambos coincidiron na necesidade de retomar o diálogo...
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, continúa coa súa rolda de visitas institucionais. Este venres foi a quenda do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co que repasou os principais proxectos que ambas as institucións teñen en marcha na capital da provincia.
"O noso interés é avanzar...
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, ten previsto solicitar un novo encontro co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a partir do momento en que se inicie a nova lexislatura.
O alcalde da capital sinalou que hai temas pendentes e espera atopar no máximo mandatario galego "unha colaboración...
O proxecto da variante de Alba, paralizado pola Xunta tras o rexeitamento veciñal, é un "tema acabado" para o Concello. Así o sinalou este xoves César Mosquera, responsable municipal de infraestruturas, que lamentou que o goberno galego " non quere facela".
"O Concello entende que a Xunta ten decidido non facela", explicou...
"No merecéis una carretera que parta la parroquia en dos", díxolles a un grupo de veciños de Campañó o portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, no transcurso dunha reunión con membros da asociación Santo Paio para falar da chamada variante de Alba.
"No queremos un Campañó de arriba y...
O portavoz do Partido Popular, Rafa Domínguez, volveu a deixar claro o "rechazo" dos populares pontevedreses ao trazado previsto para a variante de Alba e insistiu en que a súa posición non cambiará "sea quien sea" o que execute finalmente esta infraestrutura.
Ante a proposta do Concello de asumir este proxecto,...
Seguir o mesmo proceder que se acordou con Fomento, hai máis de catro anos, para executar a avenida Josefina Arruti. É o que propón o Concello de Pontevedra á Xunta de Galicia para desbloquear definitivamente a construción da variante de Alba.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ofreceu este...
Desde a Consellería de Infraestruturas contestaron ao concelleiro de Ordenación do Territorio César Mosquera que poñía en dúbida a intención da Xunta de executar o novo proxecto da variante de Alba. Desde a administración autonómica reafirman o seu compromiso con esta infraestrutura e pide ao Concello de Pontevedra que se...
César Mosquera, concelleiro de Ordenación do Territorio e de Mobilidade de Pontevedra, afirmaba este luns que a Xunta non quere investir as cantidades económicas, que ascenderían a tres ou catro millóns para mellorar o proxecto da Variante de Alba, tal e como reclama a veciñanza da zona e o propio...
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, finalmente respondeu na tarde deste venres aos reiterados intentos do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para que ambos falasen sobre a obra da Variante de Alba, que a Xunta decidiu paralizar mentres buscaba un trazado alternativo, decisión que fixo...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asegurou sentirse "traizoado" polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo despois de que a decisión "política" do goberno galego de frear a construción da variante de Alba pola falta de consenso social.
"Estou profundamente sorprendido, decepcionado e síntome traizoado", dixo este...
Que a Xunta de Galicia mostre a "mesma sensibilidade" que coa depuradora e aposte por un proxecto "máis efectivo e menos lesivo" que, en todo caso, debe ser proposto polo Concello. Esa é a nova postura do Partido Popular con respecto á variante de Alba.
O portavoz do PP, Rafa Domínguez,...
O último incidente dun camión atrapado baixo a ponte ferroviaria na zona de Alba provocou que desde o Concello reclamen á Xunta que se faga realidade o proxecto de reforma dese trazado para garantir a seguridade peonil e que se desvíe a circulación do tráfico pesado.
Anabel Gulías, portavoz do goberno...
Esta Federación quere manifestar o seu total apoio ás veciñas e ós veciños de Campañó así como á Asociación de Veciños Santo Paio de Campañó, na loita que están a desenvolver contra a construción da mal denominada "Variante de Alba".
Entende esta Federación, ao igual que a veciñanza de Campañó, que...
A asociación de veciños Santo Paio manifesta o seu malestar pola forma na que se desenvolveu a súa última manifestación contra o proxecto da variante de Alba, pois tras denegarlle en anteriores ocasiones permisos para sacar a súa protesta á estrada, nesta ocasión si tiñan autorización para circular polos dous...
Cadaleitos, cruces, velas, unha mesa de condolencias… quen pasaba este venres co seu coche pola estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531, atopáronse ao chegar á parroquia de Campañó con esta curiosa escena.
Un grupo de afectados polo trazado da Variante de Alba escenificaron un velorio nunha leira particular no lugar...
Os afectados pola Variante de Alba convocaron unha concentración de protesta nunha leira privada ante a falta de falta de permiso para manifestarse pola estrada PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía.
Será unha mobilización singular debido a que nela escenificarase o "enterramento" que, segundo afirman, supoñerá para as parroquias de Campañó e...
Despois da presentación ante a Xunta de 1.172 firmas por parte da asociación de veciños Santo Paio de Campañó, o Goberno galego analizará, xunto co Concello de Pontevedra e cos afectados, as posibles melloras a incorporar no proxecto da Variante de Alba co fin de que a obra se execute...
A asociación de veciños Santo Paio de San Pedro de Campañó presentou este martes 1.172 firmas en sinal de protesta contra o proxecto da variante de Alba que, á súa entender, xerará grandes problemas de convivencia, de seguridade e ambientais na parroquia. "Hai especies que están na lista vermella da...
"Non é a mellor opción pero é a única viable", nestes termos referiuse este luns o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera ao trazado da variante de Alba proposto pola Xunta.
Moquera informou en rolda de prensa das alegacións que vai presentar o Concello de Pontevedra a este proxecto e nas que...
O colectivo de afectados pola variante de Alba trata de reunir o maior número de sinaturas posibles na súa alegación contra o trazado previsto pola Xunta para construír esta infraestrutura que unirá as estradas de Vilagarcía (PO-531) e Santiago (N-550).
Polo momento conseguiron medio milleiro aínda que admiten as dificultades que...
Os veciños de Campañó saíron da reunión mantida este mércores co director da Axencia Galega de Infraestruturas ( AXI), Francisco Menéndez, e co xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, descontentos ao comprobar que a decisión de executar o actual proxecto da variante de Alba é "inamovible", segundo expresa a...
"Con este trazado, Campañó morto e soterrado", con este lema nunha pancarta, veciños de Campañó, congregados a través da asociación veciñal Santo Paio, realizaba unha marcha este venres pola PO-531 co obxectivo de amosar a súa repulsa ao proxecto de trazado para a nova variante de Alba, que proxecta a...
Moderadamente satisfeito. Así se mostrou o edil de Infraestruturas, César Mosquera, ante o anuncio do trazado elixido pola Xunta de Galicia para a variante de Alba e os prazos que manexa a administración autonómica para a súa construción.
En rolda de prensa, Mosquera explicou que o Concello valora "positivamente" que o...
A construción da nova Variante de Alba, que unirá as estradas PO-531 cara a Vilagarcía e a N-550, deu este martes "un paso importante", segundo a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co inicio da exposición pública do proxecto, previo paso a unha licitación que se prevé se se cumpren os...
A decisión por parte da Xunta de comezar un novo proxecto da Variante de Alba está creando un malestar xeral nos veciños das parroquias de Cerponzóns e Alba.
É o terceiro proxecto que se realizará trala negativa dos dous anteriores, este último parece ser que foi por parte de Fomento que...
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, explicou que o inicio das obras de construción da variante de Alba está condicionada pola falta de acordo entre administracións, neste caso Xunta e Concello de Pontevedra.
"A ver si somos capaces de poner de acuerdo al ayuntamiento también y de tirar para...
A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de trazado e construción e impacto ambiental da variante de Alba.
Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, foi adxudicado por un importe de case 188.000 euros á empresa Consultora de Ingeniería y Empresa (CIESA) co fin de acadar o...
Un total de 17 empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto de trazado e construción e impacto ambiental da variante de Alba. O goberno galego marca como obxectivo poder licitar a obra no ano 2019.
Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, foi licitado por un...
Servir de conexión entre as estradas a Vilagarcía e Caldas, funcionando como alternativa á estrada PO-225 que comunica Alba con San Caetano, sen necesidade de entrar no núcleo urbano. É o obxectivo da coñecida como variante de Alba.
A Xunta vén de licitar o contrato para redactar o seu proxecto construtivo....
As demandas dos veciños das parroquias de Alba e Cerponzóns serán atendidas para levar a cabo o trazado da variante de Alba en Pontevedra.
Así o manifestan desde a Xunta de Galicia despois de que o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivese un encontro con representantes da asociación...
O goberno galego convocará nuns días unha xuntanza co Concello de Pontevedra para presentarlle os detalles do novo trazado que terá a futura Variante de Alba, que tivo que ser modificado polas trabas que puxo o Ministerio de Fomento.
O edil de Infraestruturas, César Mosquera, explicou que a Xunta reconsiderou a...
O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, destacaba este xoves na Comisión segunda do Parlamento de Galicia que a Xunta está a traballar na mellora da funcionalidade da rede viaria da comarca e do municipio de Pontevedra a través do Plan de Sendas e da mellora da...
Tras reunirse cos veciños de Alba, o portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, quixo presentar tamén aos de Cerponzóns os detalles da variante de Alba, que unirá as estradas PO-531 e N-550 entre os lugares de San Caetano e Pidre.
Os populares expuxeron a proposta deseñada pola Consellería de...
Mellorar a mobilidade ciclista e peonil do proxecto inicial presentado pola Xunta para executar a variante de Alba. Esa é a única petición que realizou o Concello de Pontevedra aos técnicos da Xunta, segundo confirmou este luns o alcalde.
Miguel Anxo Fernández Lores explicou que este trámite fará que a exposición...
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na que lle trasladou que a Xunta someterá a información pública o proxecto de trazado da variante...
A variante de Alba é unha das demandas históricas de Pontevedra. Nos últimos meses, a Xunta de Galicia anunciou que encargará un proxecto para este viario, que busca unir as estradas a Vilagarcía (PO-531) e a Caldas de Reis (N-550). Pero desde o BNG queren acelerar os trámites e que...
O PP, segundo Alberto Núñez Feijóo, é un partido "comprometido" con Galicia e coas súas cidades. E como non pode ser doutra maneira, Pontevedra entre elas. Así, o presidente da Xunta -candidato á reelección o próximo 25 de setembro- estivo este mércores na cidade do Lérez para avanzar os seus...
A variante de Alba, un dos proxectos máis demandados en Pontevedra, suscitou este venres a unanimidade dos grupos políticos do Parlamento galego. Así, a cámara acordou instar á Xunta de Galicia a executar esta estrada para mellorar as comunicacións entre a PO-531 e a N-550 e resolver o grave problema...