"A loita serve. A loita segue". A valoración realízaa a Plataforma Vítimas Alvia 04155, a maioritaria entre os afectados do accidente do Alvia do 24 de xullo de 2013 en Santiago de Compostela. Tras coñecerse este venres a sentenza que condena ao maquinista e ao ex director de Seguridade na...
Once anos e dous días despois de que o tren Alvia descarrilase nas vías de Angrois, nos arredores de Santiago de Compostela, causando o accidente ferroviario máis grave da historia recente de España, o caso ten sentenza. Unha xuíza pontevedresa, María Elena Fernández Currás, acaba de condenar ao maquinista do...
É, sen dúbida, o xuízo do século en Galicia, o de maiores dimensións en canto a partes acudidas, tamén en canto a vítimas e en canto á súa duración. Este mércores comezou na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, a vista oral polo accidente ferroviario do Alvia...
Pablo Álvarez Montesinos leva dúas semanas traballando nas dependencias da unidade da Policía Nacional adscrita a Galicia, a coñecida como Policía Autonómica, en Pontevedra. Ocupa o despacho do fondo, o reservado para os xefes, pois asumiu o reto de substituír a José Manuel Sánchez á fronte dunha unidade con 100...
O accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013 deixou un recordo imborrable no barrio compostelano de Angrois. Os veciños que aquela noite saíron das súas casas para axudar no rescate de feridos e falecidos no descarrilamento do tren Alvia que facía o percorrido Madrid-Ferrol non poderán esquecer nunca aquela...
A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, reuniuse na tarde deste venres coa conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, para analizar as actuacións que se están levando a cabo nas Áreas de Rehabilitación Integral de vivendas que financian estas...
- Esperade, que vou ao coche para recoller unhas cousas.
- Ao coche? Non viñeches en tren?
- Noooooon.
A resposta é rotunda e compleméntaa con xestos de negación coa cara e o dedo. Quedaramos con Aitor Rei, director do documental Frankenstein 04155, na estación de tren de Pontevedra uns...
Un berro esgazado pon fin a dous minutos de silencio. Unha voz masculina imponse no medio da homenaxe que co que feridos, familiares, veciños e servizos de emerxencias recordan aos que non sobreviviron aos golpes do Alvia fai xusto un ano. "Justicia", clama, recollendo o sentir dos presentes, varios centenares...
A Plataforma Vítimas Alvia 04155, integrantes do colectivo creado a través de Facebook Plataforma Victimas do tren Alvia de Santiago de Compostela e afectados polo accidente a título particular rexeitaron nos últimos días a medalla de ouro de Galicia que este ano concedeu a Xunta ás vítimas do Alvia sinistrado...
O accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013 deixou a súa pegada tamén en Pontevedra. Entre as 79 vítimas mortais encontrábanse tres pontevedresas e entre os pacientes que foron derivados dende Santiago de Compostela a outros hospitais da rede sanitaria galega, 16 chegaron a algún centro da zona, dez...
Pasou case un ano e aínda non reunira as forzas necesarias para regresar á 'zona cero'. O 24 de xullo de 2013 acudiu con outros tres voluntarios de Protección Civil ao barrio compostelán de Angrois para prestar "a axuda que fixera falta" tras o descarrilamento do tren Alvia. Permaneceu alí...
Os voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis, Cuntis, Vilagarcía, Cambados ou Valga non o pensaron dúas veces o 24 de xullo e en canto tiveron constancia do accidente ferroviario de Santiago de Compostela puxeron rumbo a Angrois. Durante as horas seguintes ás fatídicas 20.41 en que o tren...
A última das persoas que se encontraba convalecente no Hospital Montecelo derivada do accidente ferroviario de Angrois foi dada de alta na mañá deste martes 13 de agosto.
Desta forma, os trece feridos que foran trasladados a Pontevedra ao producirse o tráxico accidente foron recibindo a alta durante as últimas semanas....
A xerente de Servizo Galego de Saúde, Mª Nieves Domínguez González, acompañada da directora do Centro de Transfusión de Galicia, Inmaculada Rodríguez Calvo, fixeron balance este mércores da actividade desenvolvida polo Centro de Transfusión en resposta ao accidente de tren de Santiago.
No Hospital Provincial de Pontevedra confeccionouse un listado de...
Un dos feridos no accidente ferroviario de Angrois que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra, recibiu a alta médica esta mañá do mércores 31.
Deste xeito, só únha persoa ferida no accidente continúa no centro sanitario público pontevedrés. Este paciente evoluciona de maneira favorable.
Os dous feridos que permanecen no Hospital...
Un dos feridos no accidente ferroviario que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra, recibiu xa a alta médica.
Segundo informou o gabinete de comunicación do Complexo Hospitario, só dúas persoas feridas no accidente continúan no centro sanitario pontevedrés, evolucionando favorablemente....
O seu corpo sentado ao bordo da vía, coas pernas estendidas, as mans entrelazadas e o rostro amoucado convertéronse en todo un símbolo que, dende o xoves, se estende polas redes sociais.
Tras esa imaxe encóntrase José Sieiro, un mozo que preside dende abril deste ano o servizo de Protección Civil...
No Complexo Hospitalario de Pontevedra e no Hospital Comarcal do Salnés atenderon a un total de 13 feridos no accidente ferroviario.
Das dez persoas atendidas no Complexo Hospitalario de Pontevedra, sete xa recibiron a alta médica e unha foi derivada ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña por unha lesión medular.
Permanecen...
Na concentración que se desenvolveu no Concello coa presenza de máis dun centenar de persoas entre as que se encontraban membros da corporación municipal e de distintos partidos políticos e asociacións veciñais e profesionais se coñecía que, ao longo desta mañá, se identificara en Santiago de Compostela unha segunda vítima...
Un dos tres accidentados que se atopan no Hospital Domínguez e que sufrira un traumatismo craneoencefálico e torácico-abdominal agarda poder recibir ao longo do día de hoxe a alta médica, unha vez que se coñezan as probas médicas. O home estaba ingresado en planta e evolucionou favorablemente nas últimas horas.
Os...
"Laura era buena y dulce. Una pena, 23 años", dicía este xoves unha muller ás portas do edificio Cersia, centro de coordinación e información do accidente ferroviario e punto de atención ás familias das vítimas. Falaba da pontevedresa Laura de Juan Portela, que encontrou a morte nas vías con tan...
Sete días de loito oficial. Nunca antes decretárase tal cousa en Galicia. ÿ a mostra palpable da consternación que causou o accidente do tren de Santiago de Compostela, no que faleceron xa, segundo datos oficiais, 80 persoas. Así arrincaba o día posterior á traxedia, cun Consello da Xunta que, tras...
Ás 20:42, a mesma hora na que na tarde deste fatídico mércores 24, se producía a traxedia en Santiago de Compostela, decenas de pontevedreses quixeron 24 horas despois dar mostra de toda a dor e a impotencia que senten ante o accidente de tren.
Esta concentración estaba convocada en todas as...
En Pontevedra ao igual que en toda Galicia, a cidadanía quixo trasladar as condolencias ás familias das vítimas do accidente ferroviario.
Na cidade do Lérez recordouse especialmente a unha veciña, a Laura de Juan Portela. O próximo sete de setembro cumpriría 24 anos. Natural de Pontevedra.
Fora admitida polo Consello Superior de...
Ao igual que Pontevedra, outros concellos da súa contorna súmanse ás mostras de dor polo accidente ferroviario de Santiago de Compostela. A corporación municipal de Poio trasladou xa as súas condolencias ás vítimas e aos familiares e amizades das persoas falecidas e a todas as persoas afectadas polo sinistro. As...
A Corporación participou no minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias en sinal de solidaridade. Foi diante do Concello ás 12.00 horas e nela tamén participaron moitos cidadáns que a esa hora paseaban polas rúa do centro da cidade. O seu remate houbo unha xunta de...
Os feridos derivados dende Santiago, tras o accidente ferroviario, aos hospitais públicos de Pontevedra evolucionan favorablemente.
Dez deles encóntranse en Montecelo e tres no Hospital do Salnés. Segundo comentaba o xerente da área sanitaria, José Manuel González, os feridos sofren politraumatismos con, nalgún caso, fracturas. Un dos feridos vai ser operado...
Pontevedra súmase a dor dos galegos ante o tráxico accidente ferroviario ocurrido este mércores en Santiago de Compostela. En solidariedade con todas as vítimas, o goberno local acordou a suspensión de todas as actividades de lecer e festivas programadas na cidade con motivo das Festas de Santiaguiño, entre elas a...
Ante o tráxico accidente ferroviario ocurrido onte no Concello de Santiago, Pontevedra quere trasladar as súas condolencias ás vítimas e ás familias dos falecidos en tal desgraciado sinistro, e reiterar a colaboración con todo o dispositivo habilitado.
Como ocurriu onte dende o primeiro momento en que os servizos de emerxencia municipais...
Tres feridos do sinistro ferroviario acontecido este mércores en Santiago encóntranse ingresados no hospital Miguel Domínguez desta cidade e evolucionan favorablemente.
Aínda que dous feridos permanecen na Unidade de Coidados Intensivos, permanecen estables e non se teme pola súa vida, salvo complicacións imprevistas.
O ferido máis grave sufriu un traumatismo torácico abdominal...
Por mor do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela, a Concellería de Deportes acordou este xoves, nunha xuntanza urxente, a suspensión da Carreira Popular do Santiaguiño do Burgo, que estaba convocada para hoxe.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, lamenta as molestias para ás persoas inscritas, así como a acompañantes,...
As principais incidencias que se están a rexistrar a primeiras horas desta mañá na estación de trens de Pontevedra céntranse no atraso de apróximadamente un cuarto de hora nas viaxes de proximidade que proceden de Santiago e de Vigo. Polo momento, tampouco se están a vender billetes en despacho nin...
Decenas de veciños de Pontevedra, ante o impacto pola traxedia do accidente ferroviario en Santiago de Compostela, decidiron achegarse ata o Hospital provincial e doar sangue que poida axudar ás máis de 140 persoas que resultaron feridas no descarrilamento do tren.
As principais necesidades de sangue céntranse nas do grupo '0...
Eran as 20.42 horas do mércores cando un tren Alvia de alta velocidade, que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilaba a tres quilómetros da zona urbana de Santiago, en Angrois.
No tren viaxaban 220 pasaxeiros. A cifra de víctimas vai variando e aumentado a medida que avanzan as horas....