Trasvase do Verdugo

Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén Encoro Non

A Plataforma 'Encoro Non' lembra que un uso racional e solidario da auga evita encoros e trasvasamentos

08/06/2022
Ponte Caldelas

A Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén 'Encoro Non' cualifica de "desafortunada" a carta enviada polo secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, urxindo á aplicación das medidas propostas no estudo encargado pola Confederación Hidrográfica Miño Sil que contempla a construción...

Oskar Viéitez
Ra Ibérica

Localizan píntegas, rás e morcegos en situación de especial vulnerabilidade ecolóxica na zona onde se proxecta o encoro de Forzáns

30/05/2022
Ponte Caldelas

Medio cento de voluntarios convocados pola Plataforma pola Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén Encoro Non realizaron un primeiro inventario da biodiversidade nas inmediacións de onde o estudio da Confederación Hidrográfica Miño-Sil propón construir o encoro de Forzáns e localizaron varias especies da flora e fauna en situación de especial...

Oskar Viéitez
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, revisa o "Estudo de alternativas para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra "

Ponte Caldelas expón ao público o documento oficial do transvasamento e do encoro de Forzáns

18/05/2022
Ponte Caldelas

O salón de plenos do Concello de Ponte Caldelas expón desde este mércores o estudo de alternativas para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra que o pasado martes remitiu, vía correo electrónico a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Logo de facer as consultas xurídicas oportunas, o Concello...

PontevedraViva
Eliminación de especies invasoras

A Plataforma 'Encoro Non' erradicará especies invasoras este sábado no río Oitavén

17/05/2022
Ponte Caldelas

Novo acto reinvidicativo da Plataforma en Defensa dos ríos Verdugo-Oitavén  Encoro Non. Será este sábado 21 de maio, a partir das 10.00 horas, cunha proposta ambiental de concienciación cidadá. Desde este colectivo convidan á poboación para participar na eliminación de especies invasoras na contorna do río Oitavén. Esta acción contará...

PontevedraViva
Manifestación en Ponte Caldelas en defensa do Verdugo e do Oitavén

Ponte Caldelas alza a súa voz en defensa dos seus ríos: "Nin trasvase, nin encoro"

08/05/2022
Ponte Caldelas

Preto de dúas mil persoas, segundo a cifra achegada polos organizadores, saíron este domingo ás rúas de Ponte Caldelas para amosar o seu rexeitamento ao proxecto para garantir o abastecemento de auga á área metropolitana de Vigo usando os ríos Verdugo e Oitavén. "Nin trasvase, nin encoro" foi o berro unánime...

PontevedraViva
Manifestación contra o trasvasamento de auga desde o río Verdugo

Máis de oitenta colectivos únense contra a "agresión" ao Verdugo e o Oitavén

05/05/2022
Ponte Caldelas

Máis de oitenta colectivos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, A Lama e Soutomaior unirán as súas voces para manifestar o seu rexeitamento á construción dun encoro no río Oitavén e contra o trasvasamento de auga desde o río Verdugo, tal e como propón un estudio encargado pola Confederación Hidrográfica...

PontevedraViva
Manifestación en Ponte Caldelas contra o trasvase do Verdugo

Andrés Díaz pide unha manifestación masiva para defender os ríos e os montes

04/05/2022
Ponte Caldelas

Ponte Caldelas reivindicará este domingo cunha manifestación o valor e a defensa do rural fronte "aos ataques das administracións que gobernan dende un despacho sen ter en conta os concellos afectados, as terras, os ríos e o medio ambiente", dicen desde goberno local invitando a toda a cidadanía a participar. A...

PontevedraViva
Responsables do BNG na rolda de prensa contra o encoro no río Oitavén

Reclaman que a Xunta "non se agoche e dea a cara" na defensa do Verdugo e do Oitavén

22/04/2022
Pontevedra

A "instalación faraónica" que supón a presa que propón construír a Confederación Hidrográfica Miño-Sil en Forzáns (Ponte Caldelas) para garantir o abastecemento de auga á área metropolitana de Vigo, advirten desde o BNG, "sería letal" para os ríos Verdugo e Oitavén. De aí que os nacionalistas de Pontevedra, Ponte Caldelas, Soutomaior,...

Alejandro Espiño
Veciños de Forzáns convocan unha manifestación contra a construción dun encoro no Oitavén

Forzáns mobilízase contra o encoro que o Concello de Vigo pretende construír no Oitavén

20/04/2022
Ponte Caldelas

Os veciños da parroquia de Forzáns, en Ponte Caldelas, teñen prevista para este sábado 23 ás 12 horas a primeira mobilización cidadá contra a proposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de crear un encoro no río Oitavén. Alegan os afectados que o proxecto conta cunhas dimensións desproporcionadas composto por unha...

PontevedraViva
A conselleira Bea Mato no Parlamento

Ponte Caldelas celebra a rectificación da Xunta sobre o transvase do Verdugo

13/09/2018
Ponte Caldelas

"Unha rectificación en toda regra". Así resume o Concello de Ponte Caldelas o "radical cambio de postura" da Consellería de Medio Ambiente sobre o transvasamento do río Verdugo na xuntanza mantida este mércores entre a conselleira, Beatriz Mato, e o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para analizar...

PontevedraViva
Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas

Un estudo de Augas de Galicia descarta o trasvase do Verdugo

12/05/2018
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas amosa a súa perplexidade despois de ter recibido o estudo para garantir o subministro do sistema de abastecemento de Vigo, realizado no ano 2011 por Augas de Galicia. O documento descarta todas as opcións baralladas para transvasar dende o río Verdugo, tanto pola súa ineficacia...

PontevedraViva
Reunión de Lores coa Plataforma de defensa do río Verdugo

Lores reitera o rexeitamento de Pontevedra ao transvasamento do Verdugo

02/02/2018
Pontevedra

Pontevedra non se fía do paso atrás dado pola Xunta co transvasamento do río Verdugo ao encoro de Eiras para mellorar a subministración de auga de Vigo. Así, o alcalde garantiu este venres que o goberno municipal estará "atento" ao que poida suceder nos próximos días. Foi tras unha xuntanza que...

PontevedraViva
Candidatura do BNG ás eleccións municipais en Ponte Caldelas

O BNG de Ponte Caldelas di que PP e PSOE "traizoan" os concellos da conca do Verdugo

01/02/2018
Ponte Caldelas

O BNG acaba de emitir un comunicado onde cualifican como "feito totalmente irresponsable" o ocorrido este mércores no pleno do  Concello de Vigo onde o PSOE e o PP aprobaron conxuntamente instar á Xunta a realizar pola vía de urxencia o transvasamento do río Verdugo. Algo que, sinala o Bloque,...

Oskar Viéitez
Pleno do Parlamento de Galicia

O PP rexeita no Parlamento paralizar o transvasamento do Verdugo

25/01/2018
Ponte Caldelas

O rexeitamento dos deputados do PPdeG impediu que o Parlamento galego aprobara unha iniciativa presentada polo BNG na que se esixía que a Xunta de Galicia descartase definitivamente o transvasamento do río Verdugo. O deputado nacionalista Luís Bará lamentou o "veto" dos populares a unha proposta "construtiva" que buscaba "salvagardar" o...

PontevedraViva
O deputado do BNG, Luis Bará no Parlamento galego

O BNG esixirá no Parlamento que se desbote o transvasamento do Verdugo

21/01/2018
Ponte Caldelas

O Parlamento galego debaterá esta semana unha proposición non de lei presentada polo BNG na que se pide a paralización e o rexeitamento do transvasamento do río Verdugo e o estudo de diversas alternativas para mellorar o abastecemento de auga á área de Vigo. A iniciativa, defendida polo deputado Luís Bará,...

PontevedraViva
Conferencia en Ponte Caldelas sobre o transvasamento do Verdugo

Un estudo alerta da "grave incidencia" que tería o transvasamento sobre o Verdugo

20/01/2018
Ponte Caldelas

O transvasamento do Verdugo tería, segundo os expertos, unha "grave incidencia" ambiental polos "cambios bruscos" de auga que provocaría e que afectaría a todo o ecosistema de río. É a principal conclusión dun estudo multidisciplinar que se vén de presentar en Ponte Caldelas. O traballo, que inclúe un amplo dossier elaborado...

PontevedraViva
Desembocadura do río Verdugo en Ponte Sampaio

A Xunta non renuncia ao transvasamento do Verdugo pero esixe "consenso" entre os implicados

19/01/2018
Ponte Caldelas

O transvasamento do río Verdugo xa non é unha actuación urxente. Augas de Galicia revogou esa declaración ao entender que a situación de emerxencia que había cando se determinou facer esta actuación por ese procedemento "xa non persiste". Pero iso non significa que se descartara definitivamente, como solicitan Ponte Caldelas...

Alejandro Espiño
Estación de bombeo no río Lérez

A Oficina Técnica da Seca constata a mellora da situación das concas do Verdugo e do Lérez

12/01/2018
Pontevedra

A Oficina Técnica da Seca estableceu este venres a situación de prealerta por seca en 12 sistemas hidrográficos da Demarcación Galicia-Costa tras analizar a situación na que se atopan neste inicio de ano os recursos hídricos. Aínda non se constatou unha situación de normalidade, segundo os informes técnicos, pero as choivas...

PontevedraViva
Pladever descolga unha pancarta reivindicativa no encoro de Eiras

Pladever conta cun estudo que valora como ineficaz o transvasamento do río Verdugo

09/01/2018
Ponte Caldelas

A Plataforma en Defensa do río Verdugo (Pladever) solicita manter unha xuntanza con representantes de Augas de Galicia; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e os alcaldes dos concellos que se abastecen do encoro de Eiras co obxectivo de presentarlles individualmente os resultados dun estudio sobre o uso responsable da...

PontevedraViva
Comportas abertas no encoro de Eiras

Esixen paralizar o transvasamento do Verdugo ante o nivel do encoro de Eiras

27/12/2017
Ponte Caldelas

A plataforma en defensa do río Verdugo (Pladever) esixiu este mércores a Augas de Galicia a retirada da declaración de urxencia do transvasamento do río Verdugo. As últimas chuvias, sinala o seu voceiro, Fernando Malvar, obrigaron ao encoro de Eiras -a onde iría destinada este auga- a abrir as súas...

PontevedraViva
Encontro de Andrés Díaz e Abel Caballero no congreso do PSOE

Pulso público entre Abel Caballero e Andrés Díaz polo transvasamento do Verdugo

26/12/2017
Ponte Caldelas

As hostilidades entre os alcaldes socialistas de Vigo e Ponte Caldelas, a conta do transvasamento do Verdugo, chegaron este martes a un novo nivel. Abel Caballero esixiu a dimisión de Andrés Díaz como secretario provincial do PSdeG-PSOE. O rexedor caldelán, con todo, non se bota atrás e adianta que seguirá...

PontevedraViva
Arcade e  Pontesampaio maniféstanse contra o transvasamento do Verdugo

Reclaman "alternativas ecolóxicas e eficaces" e unha "xestión eficiente" dos ríos

24/12/2017
Pontevedra

Preto dun milleiro de persoas participaron este sábado na manifestación contra o proxecto da Xunta de transvasar auga do río Verdugo ao encoro de Eiras. A marcha iniciouse no peirao da localidade de Arcade, no Concello de Soutomaior, e concluíu no campo da festa da parroquia pontevedresa de Pontesampaio, onde a patroa...

PontevedraViva
Xuntanza dos alcaldes de Soutomaior e Ponte Caldelas

Ponte Caldelas e Soutomaior fan fronte común contra o transvasamento do río Verdugo

20/12/2017
Soutomaior

Os alcaldes de Ponte Caldelas, Andrés Díaz (PSOE), e Soutomaior, Agustín Reguera (PP), celebraron este mércores a primeira xuntanza dos alcaldes directamente afectados polo proxecto de transvasamento da auga do río Verdugo ao encoro de Eiras que promove a Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Vigo. Nunha xuntanza celebrada...

PontevedraViva
Manifestación en Soutomaior contra o trasvase do Verdugo

O Concello de Pontevedra formaliza o seu rexeitamento ao trasvase do Verdugo

18/12/2017
Pontevedra

O Concello de Pontevedra oponse formalmente ao trasvase da auga do río Verdugo ao Oitavén para fornecer á presa de Eiras. A Xunta de Goberno local aprobou este luns facer público este rexeitamento, que o BNG xa manifestara hai semanas ao anunciar unha denuncia contra a Xunta de Galicia ante...

Natalia Puga
Encontro de Andrés Díaz e Abel Caballero no congreso do PSOE

Abel Caballero e Andrés Díaz reencóntranse tras a polémica do trasvase

17/12/2017
Ponte Caldelas

O congreso provincial do PSOE de Pontevedra deixou unha imaxe, máis aló da proclamación do novo secretario xeral, que non pasou desapercibida para ninguén. Os alcaldes de Vigo e Ponte Caldelas, Abel Caballero e Andrés Díaz, víronse as caras -en público- por primeira vez desde que se anunciou o polémico...

Alejandro Espiño
Río Verdugo en Ponte Caldelas

Reactívase a Plataforma pola defensa do río Verdugo

13/12/2017
Pontevedra

O polémico trasvase do río Verdugo para abastecer o encoro de Eiras e á poboación da área metropolitana de Vigo, reactivou á Plataforma pola defensa do río Verdugo. Esta plataforma naceu no ano 2003 e estivo activa de maneira intermitente ata o 2008 cando se aproba unha iniciativa lexislativa de protección...

Oskar Viéitez
Andrés Díaz, ante a sede de Augas de Galicia

Andrés Díaz, "completamente escandalizado" tras falar do trasvase con Augas de Galicia

12/12/2017
Ponte Caldelas

As posturas entre Ponte Caldelas e Augas de Galicia, lonxe de achegarse tras o seu primeiro contacto oficial, parecen estar máis afastadas que nunca. O alcalde asegura estar "completamente escandalizado" tras escoitar as explicacións do goberno galego ante unha obra que se está tramitando de xeito "hostil" contra o seu...

Alejandro Espiño
Manifestación en Soutomaior contra o trasvase do Verdugo

Mosquera advirte que o BNG na Deputación rexeita o trasvase de auga do río Verdugo

07/12/2017
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, asegurou que o posicionamento do BNG no goberno provincial é de rexeitamento ao trasvase de auga do río Verdugo proxectado pola Xunta para garantir o abastecemento dos concellos da área metropolitana de Vigo. "Desde logo non o imos a aceptar, polo fondo e...

Oskar Viéitez
Manifestación en Soutomaior contra o trasvase do Verdugo

"Do noso peto non se rega o dinoseto"

06/12/2017
Pontevedra

Esa foi, entre outras, unha das consignas que corearon as trescentas persoas que, este mércores, participaron na manifestación que se celebrou en Soutomaior contra o pretendido trasvase de auga entre o río Verdugo e o encoro de Eiras, que abastece á cidade de Vigo e os municipios da súa área...

Alejandro Espiño
Caudal do Verdugo, a 6 de decembro, na zona da Comboa (Soutomaior)

O trasvase do Verdugo, un "delito ambiental" que o BNG denunciará en Bruxelas

06/12/2017
Pontevedra

Os ecos do trasvase do río Verdugo chegarán a Bruxelas. Farano da man do BNG. Ana Miranda, que substituirá como eurodeputada o próximo mes de febreiro a Josu Juaristi (Bildu), presentará unha denuncia contra a Xunta de Galicia ante as autoridades europeas, ao entender que esta medida incumpre a normativa...

Alejandro Espiño
Raimundo González, portavoz do goberno municipal de Pontevedra

Pontevedra, contra o trasvase do Verdugo pola ausencia de estudos "serios"

05/12/2017
Pontevedra

O trasvase de auga do Verdugo atopouse cun novo rexeitamento, o do Concello de Pontevedra. O goberno municipal, que non se pronunciou ata o momento, súmase ás voces críticas con esta decisión de Augas de Galicia para abastecer o encoro de Eiras, do que se fornecen tanto Vigo como os...

Alejandro Espiño
Andrés Díaz e membros do goberno municipal, na manifestación contra o trasvase en 2017

O trasvase de auga do Verdugo, camiño dos xulgados

05/12/2017
Ponte Caldelas

Todo apunta a que, se as posturas de ambas as partes non cambian substancialmente nos próximos días, o anunciado trasvase de auga entre o río Verdugo e o encoro de Eiras -que abastece a Vigo e a súa área metropolitana- acabará nos tribunais de xustiza. Ponte Caldelas ultima xa dous...

Alejandro Espiño
Manifestación en Ponte Caldelas contra o trasvase do Verdugo

Ponte Caldelas, en pé de guerra polo "expolio" do río Verdugo

03/12/2017
Ponte Caldelas

Do estupor ao "cabreo". Así se transformaron os ánimos dos veciños de Ponte Caldelas, segundo manifestou o seu alcalde, Andrés Díaz, ante o "sacrilexio" que para eles supón o trasvase de auga proposto pola Xunta de Galicia entre o río Verdugo e o encoro de Eiras, que abastece principalmente a...

Alejandro Espiño

Viaxes desde O Alcouce: Encoro de Eiras

02/12/2017

Este 2017 está a ser un ano moi seco, con moi poucas choivas acumuladas. Vivímolo en outubro, coa vaga de incendios forestais, á que contribuíu unha mala xestión do monte. E vivímolo agora, xa en decembro, cos encoros secos. Isto ten un lado bo: ver o patrimonio que quedou asolagado...

Pleno da corporación municipal de Ponte Caldelas

Unanimidade en Ponte Caldelas contra "calquera tipo de trasvase" no Verdugo

01/12/2017
Ponte Caldelas

O Partido Popular sumouse ao rexeitamento a "calquera tipo de trasvase" desde o río Verdugo, en Ponte Caldelas, ao encoro de Eiras. Por unanimidade, a corporación aprobou a moción presentada polo goberno municipal na que condena esta decisión de Augas de Galicia, tomada para abastecer á area metropolitana de Vigo. O...

PontevedraViva
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas

Convocan unha manifestación en Ponte Caldelas contra o "expolio" do río Verdugo

29/11/2017
Ponte Caldelas

Ponte Caldelas perdeu a paciencia. Segundo o goberno local, Augas de Galicia non tivo a "mínima cortesía" de dirixirse a eles para informar do pretendido trasvase de auga do río Verdugo ao encoro de Eiras, que abastece á área metropolitana de Vigo. Esta indignación provocou a convocatoria dunha manifestación para...

PontevedraViva
Andrés Díaz no río Verdugo

Ponte Caldelas esixe a Augas de Galicia explicacións inmediatas sobre o trasvase do Verdugo

28/11/2017
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas estudará no pleno deste xoves unha moción, presentada polo goberno local tripartito, para analizar e valorar a posibilidade de trasvasar auga dende o río Verdugo, con obras permanentes, para alimentar o sistema do encoro de Eiras. O alcalde, Andrés Díaz, adianta que considera unha "falta de...

Oskar Viéitez
Río Verdugo en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas amosa a súa "rotunda oposición" a un trasvase de auga do Verdugo

24/11/2017
Ponte Caldelas

O eventual trasvase de auga desde o río Verdugo ao encoro de Eiras, que abastece á cidade de Vigo e os municipios da súa área metropolitana, atopouse coa "rotunda oposición" por parte do goberno municipal de Ponte Caldelas. O goberno municipal remitiu unha comunicación a Augas de Galicia, o organismo que...

PontevedraViva