Temporada granate 2015/2016

Luisito antes dun partido do Pontevedra en Pasarón

O Pontevedra, a despedir a tempada con boas sensacións

14/05/2016
Pontevedra

Última parada da tempada para o Pontevedra Club de Fútbol, que este domingo recibe ás 18:00 horas ao Burgos no Estadio Municipal de Pasarón. Será a despedida dos granates ante a súa afección, un plantel que quere quitar a espiña das últimas xornadas, seis consecutivas, que encadea sen gañar para despedirse...

Diego Espiño
Partido entre Cultural Leonesa e Pontevedra no Reino de León

César Ramos frea de novo ao Pontevedra cun grave erro que impide o seu triunfo en León (0-0)

07/05/2016
Pontevedra

SERVIZO ESPECIAL PARA PONTEVEDRAVIVA: www.sportleon.com. César Ramos Domínguez, árbitro asturiano de ingrato recordo para o Pontevedra tras a súa lamentable actuación no partido de play-off de ascenso contra o Mensajero da pasada tempada, e tamén do partido inaugural de liga da actual, con decisións claramente prexudiciais ao equipo granate, volveu a...

PontevedraViva
César Ramos, árbitro do partido polo ascenso entre Pontevedra e Mensajero

A Copa pasa por León e o árbitro do Mensajero

06/05/2016
Pontevedra

Xusto cando no Pontevedra criticouse a actuación arbitral nos seus últimos encontros, sumando a pasada fin de semana o seu noveno partido da tempada en inferioridade numérica, os granates atópanse cun vello 'coñecido', o colexiado do polémico Pontevedra-Mensajero. Farano no que é o seu último desprazamento da liga, este sábado (18:00...

Diego Espiño
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

Obrigados a vencer o Valladolid B para manter viva a opción copeira

30/04/2016
Pontevedra

O Pontevedra non quere descolgarse antes de tempo da pelexa pola quinta praza, que daría acceso á próxima edición da Copa do Rei. Para xogarse a clasificación ante os seus principais rivais, Cultural Leonesa e Burgos, nas dúas últimas xornadas de liga con senllos duelos directos, os granates necesitan vencer este...

Diego Espiño
Partido entre Somozas e Pontevedra no Manuel Candocia

Luces de elegancia e xusta repartición de puntos entre Somozas e Pontevedra (1-1)

24/04/2016
Pontevedra

AS SOMOZAS: Servizo especial para Pontevedraviva de www.ferrol360.es. Texto de Raúl Salgado e Fotos de 13fotos. Doce presaxio dun derbi potente, amenceu con sol As Somozas. Empeñados en ofrecer as súas mellores versións, Somozas e Pontevedra arrincaron o seu duelo do Alcalde Manuel Candocia con toda a carne no asador. O...

PontevedraViva
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

Somozas, primeira das catro finais no camiño do Pontevedra cara a Copa do Rei

23/04/2016
Pontevedra

Despois da renovación de Luisito, o foco de atención no Pontevedra céntrase de novo no terreo de xogo co obxectivo de fondo de recuperar a quinta praza e xogar a próxima campaña a Copa do Rey. Para iso "temos que ir buscar os 12 puntos en xogo", recoñece o técnico pontevedrés,...

Diego Espiño
Partido entre Pontevedra e Celta B en Pasarón

Agasallos e pólvora mollada do Pontevedra ante un Celta B resultadista (1-2)

17/04/2016
Pontevedra

Máis erros que acertos e máis goles que fútbol, podería ser o rápido resumo dun partido no que o Celta B atopouse con vantaxe de dúas tantos no marcador case sen saber como, nin facer méritos para iso, e logo viu como o Pontevedra volvía meterse no partido cun gol...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adrián Gómez en un entrenamiento del Pontevedra en Príncipe Felipe

O mellor Celta B da tempada crúzase no camiño do Pontevedra

16/04/2016
Pontevedra

Segundo partido consecutivo do Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón o que afronta este domingo (17:00 horas) ante o Celta B. Os granates, que necesitan os tres puntos para afinazarse na quinta praza na súa loita por clasificarse para a Copa do Rei, reciben a un filial celeste que atravesa o...

Diego Espiño
Álex Fernández consegue con este remate o gol do empate do Pontevedra fronte ao Sporting B en Pasarón

Pontevedra e Sporting B aburren nun partido infumable (1-1)

10/04/2016
Pontevedra

Non funcionou o "experimento" estraño que Luisito ordenou de forma dificilmente comprensible a estas alturas de liga. O técnico de Teo decidiu que para facer fronte a un Sporting B coa auga ao pescozo, o mellor era cambiar ao seu equipo e facelo xogar cun sistema 4-3-1-2 no que Queijeiro...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Pasarón, clave para asegurar a quinta praza

09/04/2016
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol recibe este domingo (17:00 horas) ao Sporting B no Estadio Municipal de Pasarón no primeiro dos dous partidos consecutivos que xogará na casa. Estas dúas citas poden resultar decisivas na loita por asegurar a quinta praza da clasificación, que dá acceso a xogar a próxima tempada...

Diego Espiño
Luisito durante un adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Gañar ao Izarra, reto do Pontevedra ante "un equipo durísimo no seu campo"

02/04/2016
Pontevedra

Ten claro o Pontevedra que "se queremos estar aí non queda outra que gañar" no difícil campo de Merkatondoa. Refírese Luisito ao partido que este domingo (17:00 horas) afrontan os granates no campo do Izarra, equipo recentemente ascendido que marcha nunha cómoda posición na táboa (undécimo) grazas á súa fortaleza como...

Diego Espiño
Partido entre Pontevedra e Peña Sport en Pasarón

De penalti e grazas resolve o Pontevedra un partido horrible fronte o Peña Sport (1-0)

24/03/2016
Pontevedra

Calquera parecido entre o fútbol e o que Pontevedra e Peña Sport realizaron durante a primeira parte foi mera coincidencia. Uns e outros rivalizaron en ofrecer un partido infumable, no que a calidade técnica non apareceu por ningún lado, e as xogadas de mérito tampouco, ata os últimos minutos. E iso...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

O pechacancelas visita a un Pontevedra que non perde a fe

23/03/2016
Pontevedra

En plena Semana Santa o Pontevedra négase a perder a fe, e confía en seguir dando batalla por entrar nos postos de honra do Grupo I da Segunda B e, de paso, asegurar a súa presenza na próxima edición da Copa do Rei. Para iso os granates, quintos a nove puntos...

Diego Espiño
Os xogadores do Pontevedra retíranse de Las Gaunas tras ser derrotados polo Logroñés

O Logroñés pon terra polo medio e afasta a un Pontevedra sen chispa (3-0)

19/03/2016
Pontevedra

Freada do Pontevedra que se afasta dos postos de play-off ao caer derrotado polo Logroñés, nun partido no que os de Luisito sufriron máis do afeito en defensa, debendo actuar ademais a última media hora cun home menos, por expulsión de Campillo, e non atoparon solucións para xerar xogo ofensivo....

PontevedraViva
Luisito durante un adestramento do Pontevedra na Xunqueira

O Pontevedra pon rumbo a Logroño coa intención de gañar a condición de aspirante

18/03/2016
Pontevedra

Non é un partido definitivo, segundo defende Luisito por unha banda e Carlos Pouso pola outra, pero ninguén esconde a importancia do choque deste sábado (20:00 horas) entre Logroñés e Pontevedra no Estadio de Las Gaunas. A pesar da que a presión para xogar o play-off apenas existe na casa granate,...

Diego Espiño
Edu Sousa durante un adestramento en Príncipe Felipe

Con Edu Sousa na portería para buscar un triunfo na casa que se resiste

12/03/2016
Pontevedra

Volver gañar na casa. É a idea do Pontevedra na visita do Arandina este domingo (17:00 horas) ao Estadio Municipal de Pasarón para facer bo o empate conseguido a pasada semana en Astorga. A vitoria en Pasarón resísteselle aos granates en 2016. De feito o seu último triunfo como local remóntase...

Diego Espiño
Partido entre Atlético Astorga e Pontevedra en La Eragudina

O vento e o mal estado do terreo condicionan a Atlético Astorga e Pontevedra (0-0)

05/03/2016
Pontevedra

SERVICIO ESPECIAL PARA PONTEVEDRAVIVA: www.sportleon.com Vento e mal estado do terreo de xogo, un campo de reducidas dimensións que condicionou moito o desenvolvemento dun partido no que Atlético Astorga e Pontevedra impuxeron a súa seriedade defensiva aos respectivos ataques. Xusta repartición de puntos ante a ausencia de ocasións claras de perigo...

PontevedraViva
Pepe Rico e Luisito durante un adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Puntuar para ampliar obxectivos

04/03/2016
Pontevedra

Suave adestramento e viaxe curta. O Pontevedra realizou unha lixeira sesión á primeira hora da tarde deste venres na Xunqueira, e ás 16:30 horas subiuse ao autobús camiño a terras maragatas, onde este sábado enfrontarase ao Atlético Astorga no campo de La Eragudina (17:00 horas). Os granates viaxan cun obxectivo moi...

Ramiro Espiño
Partido entre Pontevedra e Real Racing en Pasarón

Empate con sabor a triunfo dun heroico Pontevedra fronte o Real Racing (1-1)

28/02/2016
Pontevedra

Cando un ten un mal día no que se lle encadean circunstancias negativas é frecuente que se recorra ao dito "hai días nos que é mellor non saír da casa". Algo así lle pasou ao Pontevedra no seu partido contra o Real Racing. Os granates loitaron. Fixérono con dignidade. Tentando...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Luisito durante un adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Confianza na segunda unidade ante a visita do Real Racing

27/02/2016
Pontevedra

Partido grande este domingo (18:00 horas, TVG2) coa visita dun histórico do fútbol español como o Real Racing ao Estadio Municipal de Pasarón. O Pontevedra chega á cita coa tranquilidade de ter roto a súa mala serie ante o Coruxo e coa ilusión de repetir a sorpresa da primeira volta, cando...

Diego Espiño
Hugo lánzase ao remate para conseguir o 0-1 do Pontevedra en Coruxo

A 'conexión xerezana' e a Virxe Peregrina dan a vitoria ao Pontevedra en Coruxo (0-1)

21/02/2016
Pontevedra

Cinco xornadas despois o Pontevedra volve gañar. Fíxoo precisamente fronte ao rival co que comezou a súa escalada na primeira volta. E non sen apuros nin dificultades. Con fútbol na primeira parte. Con moita fortuna na segunda. Un gol de Hugo aos 17 minutos decidiu un partido non exento de...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Contra o líder e os elementos na visita do Racing de Ferrol a Pasarón

13/02/2016
Pontevedra

Complicada papeleta para o Pontevedra Club de Fútbol na visita este domingo (17:00 horas) do líder, Racing de Ferrol, ao Estadio Municipal de Pasarón. Se a climatoloxía e o estado do céspede permíteno, os granates buscarán ante un duro rival deixar atrás a xeira negativa de catro xornadas sen gañar, a...

Diego Espiño
Os xogadores do Compostela celebran o 1-0 ante o Pontevedra en San Lázaro

Naufraxio dun Pontevedra despistado e sen fútbol (3-0) ante un Compostela máis intenso

06/02/2016
Pontevedra

Só 12 goles a favor levaba o Compostela en 23 xornadas. Iso non foi obstáculo para que nun partido conseguise a cuarta parte desa cantidade, aproveitando as incomprensibles facilidades que lle deu un equipo como o Pontevedra que ata agora distinguiuse precisamente pola súa solidez e intensidade defensiva, que lle...

Diego Espiño
Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

O Pontevedra visita ao Compostela sen fiarse dun equipo que "mellorou moito"

05/02/2016
Pontevedra

Primeiro dos tres derbis consecutivos que debe afrontar o Pontevedra na liga coa visita este sábado ao Estadio Municipal de San Lázaro de Santiago (18:00 horas, TVG2), onde espera un rival "duro" como a Sociedad Deportiva Compostela. O cadro santiagués ocupa a última posición na táboa, pero Luisito avisa de que...

Diego Espiño
Jacobo eleva sobre Porrón para marcar o 1-0 no partido entre Pontevedra e Lealtad en Pasarón

O Pontevedra perdoa demasiado e págao co empate ante o Lealtad (2-2)

31/01/2016
Pontevedra

De poder golear na primeira metade a estar a piques de perder na segunda. A máxima futbolística de que o que perdoa paga cumpriuse unha vez máis e o Pontevedra, que debeu irse ao descanso co partido resolto e un marcador de 4-0 favorable, viu como o Lealtad remontáballe e...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Luisito durante un adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Encomendados a Pasarón para recuperar o bo paso

30/01/2016
Pontevedra

Dúas xornadas sen gañar, cun empate ante o Cacereño e derrota en Tudela, son demasiadas para este Pontevedra, convencido das súas posibilidades en Segunda B. Coa permanencia próxima, os granates encoméndanse a Pasarón para recuperar a senda do triunfo ante unha perigoso Lealtad de Villaviciosa (domingo, 17:00 horas) e consolidarse nos...

Diego Espiño
Partido entre Tudelano e Pontevedra no Ciudad de Tudela

Catro meses despois o Pontevedra cede a domicilio na súa visita ao Tudelano (1-0)

24/01/2016
Pontevedra

Dez xornadas sen perder. Oito partidos consecutivos a domicilio sen coñecer a derrota e catro meses despois, o Pontevedra caeu lonxe de Pasarón. Fíxoo no complicado escenario do Ciudad de Tudela. Pola mínima. Plantando cara a pesar das baixas coas que chegaba o choque, a un Tudelano serio, que tivo...

PontevedraViva
Edu Sousa e Luisito durante un adestramento en Príncipe Felipe

Tudela, esixente proba para o bo momento do Pontevedra

23/01/2016
Pontevedra

Longa viaxe, horario matinal e un campo no que só un equipo gañou polo momento esta tempada, o Real Racing. É o que se atopará este domingo (12:00 horas) o Pontevedra Club de Fútbol no Cidade de Tudela. O Tudelano, unha das revelacións da competición, será unha dura proba para o...

Diego Espiño
Partido de Copa Federación entre Rápido de Bouzas e Pontevedra no Baltasar Pujales

Vitoria insuficiente dun mermado Pontevedra en Bouzas (0-1)

21/01/2016
Pontevedra

Necesitaba pouco menos que un milagre o Pontevedra para acceder á eliminatoria de cuartos de final de Copa Federación, e non se produciu a pesar de conseguir gañar o partido, quedando fóra polo valor dobre dos goles en campo contrario, ao perder no partido de ida disputado en Pasarón fronte...

PontevedraViva
Partido entre Pontevedra e CP Cacereño en Pasarón

Pontevedra e Cacereño aburren nun partido con pouco fútbol e sen ocasións (0-0)

17/01/2016
Pontevedra

Pontevedra e Cacereño asinaron posiblemente o partido máis aburrido da tempada en Pasarón. pouco fútbol, ausencia de ocasións de perigo en ambas as áreas e un tempo para cada equipo, ou case, podería ser o resumo dunha repartición de puntos tan xusto como insulso. Os granates, que xogaron a mercé dun...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Un Cacereño curto de efectivos mide o bo momento do Pontevedra

16/01/2016
Pontevedra

Pasarón vivirá este domingo o seu primeiro partido de liga do ano coa visita (17:00 horas) dun Cacereño que non chega no seu mellor momento. O cadro estremeño visita Pontevedra despois de encadear catro xornadas sen gañar e con serios problemas de efectivos. De feito ata hai uns días, nos que...

Diego Espiño
Partido entre Guijuelo e Pontevedra

Contra vento e marea o Pontevedra gaña un partido de loita en Guijuelo (0-1)

10/01/2016
Pontevedra

SERVIZO ESPECIAL PARA PONTEVEDRAVIVA: www.salamanca24horas.com Segue en caída libre o Guijuelo, na mesma medida que mantén a súa magnífica traxectoria o Pontevedra. Os chacineros perderon ante os granates nun partido pasado por auga no Municipal da localidade salmantina. Un tanto de Jacobo no minuto 25 serviu para que os puntos voasen...

PontevedraViva
Partido de Copa do Rei entre Guijuelo e Pontevedra

Pontevedra e Guijuelo, papeis cambiados unha volta despois

08/01/2016
Pontevedra

Será o terceiro enfrontamento esta tempada entre Pontevedra e Guijuelo, tras os xogados na primeira xornada de liga e na Copa do Rei, saldados ambos con triunfo salmantino pola mínima, pero as circunstancias que rodean ao choque do próximo domingo (17:00 horas) no Municipal de Guijuelo deron un envorco. O cadro...

Diego Espiño
Partido entre Burgos CF e Pontevedra en El Plantío na tempada 15/16

Un gris Pontevedra encoméndase a Edu para rabuñar un valioso punto en Burgos (1-1)

03/01/2016
Pontevedra

Empate que sabe a gloria. O Pontevedra realizou posiblemente un dos seus peores partidos da tempada no aspecto ofensivo, sen conseguir crear apenas perigo e con todo logrou rabuñar un punto do difícil e histórico escenario do Plantío, onde o Burgos foi mellor, dispuxo de claras oportunidades para facerse co...

PontevedraViva
Luisito dá instrucións aos seus xogadores nun adestramento do Pontevedra en Pasarón

El Plantío, primeira parada do ano para o Pontevedra

02/01/2016
Pontevedra

Empezar 2016 da mesma forma que terminou 2015, gañando. É o obxectivo dun Pontevedra que pecha este domingo en Burgos (El Plantío, 17:00 horas) a primeira volta da competición ligueira. Será unha proba esixente para os homes de Luisito, que deberán repoñerse ás ausencias no centro do campo para superar a...

Diego Espiño
Luisito nun adestramento en Príncipe Felipe

O Pontevedra persegue ante a Cultural Leonesa despedir o ano en postos de play-off

19/12/2015
Pontevedra

Último partido do ano para o Pontevedra Club de Fútbol, que afronta ante a Cultural Leonesa un duro exame ao seu bo momento de forma. O Estadio Municipal de Pasarón será escenario este domingo (17:00 horas) dun duelo que pode facer aos pontevedreses comer o turrón do Nadal en postos de...

Diego Espiño
Partido entre Rápido de Bouzas e Pontevedra no Baltasar Pujales

Rápido de Bouzas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación

18/12/2015
Pontevedra

Era o rival desexado para evitar un desprazamento no medio dunha semana de competición ligueira, e por unha vez o criterio de proximidade xeográfica cumpriuse. O Rápido de Bouzas será o rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación, rolda á que os granates accederon tras eliminar ao Marino...

PontevedraViva
Campillo, Mouriño e Adrián Gómez durante un adestramento na Xunqueira

Contra as baixas e o terreo de xogo en Pucela

11/12/2015
Pontevedra

Dous son os principais temores do Pontevedra na súa visita deste sábado (15:45 horas) ao campo do Real Valladolid B, o estado do terreo de xogo e as importantes baixas coas que viaxa o cadro adestrado por Luisito. Nos granates, que non perden fóra da casa desde o 26 de setembro...

Diego Espiño
Jandrín celebra o segundo gol do Pontevedra fronte ao Somozas en Pasarón

O Pontevedra supera ao infortunio e ao Somozas (2-0) a base de fútbol e entrega

06/12/2015
Pontevedra

Loita, entrega, calidade e capacidade de superación. Unido á enteireza mental para superar as lesións de tres xogadores, Álex Fernández, Pablo e Jacobo, foron as armas dun gran Pontevedra para derrotar ao Somozas, con goles de Jacobo e Jandrín, nun partido moi completo dos de Luisito. Gran primeira parte do Pontevedra,...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Jacobo e Pablo Carnero nun adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Duelo de xeiras positivas en Pasarón entre Pontevedra e Somozas

05/12/2015
Pontevedra

Pontevedra e Somozas miden este domingo no Estadio Municipal de Pasarón (17:00 horas) o seu bo momento de forma e resultados, que lles levou a ambos de comezar de maneira irregular a liga a situarse a un paso da zona de play-off de ascenso. Tanto os granates, cunha derrota nos últimos...

Diego Espiño
Partido de Copa Federación entre Pontevedra e Marino de Luanco en Pasarón

Pontevedra e Marino de Luanco aburren nunha gris noite copeira (1-0)

03/12/2015
deportes

Nin fútbol, nin goles, nin case disparos a portería, ocasións de perigo ou xogadas de mérito. Pontevedra e Marino de Luanco empeñáronse en demostrar que para moitos equipos esta Copa Federación é un incómodo trámite, que só ten o aliciente económico para o equipo que consiga levar o trofeo ás...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Mouriño celebra o gol do empate do Pontevedra en Barreiro

Grave erro arbitral e máis emoción que xogo no derbi entre Celta B e Pontevedra (1-1)

28/11/2015
Pontevedra

Un grave erro arbitral, que permitiu o gol vigués precedido de claro fóra de xogo, unido a unha actuación do colexiado máis que rigorosa, cargando ao Pontevedra con nada menos que sete cartóns amarelos nun partido disputado pero con nobreza nas entradas, condicionaron un derbi intenso, no que houbo pouco...

Diego Espiño
Diego Espiño
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

O Pontevedra defende en Vigo a súa posición de play-off

27/11/2015
Pontevedra

Segundo partido consecutivo a domicilio para o Pontevedra e primeira defensa da súa posición de privilexio no play-off de ascenso. O cadro granate visita este sábado (16:15 horas) o municipal vigués de Barreiro para enfrontarse a un Celta B que coquetea cos postos de descenso polo seu irregular comezo de tempada...

Diego Espiño
Partido entre Sporting de Gijón B e Pontevedra en Mareo

Repartición de puntos entre Sporting B e Pontevedra (0-0) nun partido eslamiado

21/11/2015
Pontevedra

Pouco fútbol e escasas ocasións. Sporting de Gijón B e Pontevedra ofreceron un partido aburrido, sen un dominador claro, que terminou cunha xusta repartición de puntos e unha xogada polémica aos 10 minutos, cun gol anulado aos galegos, conseguido por Verdú, por estimar o árbitro un fóra de xogo moi...

PontevedraViva
Pablo Carnero consegue con este remate o segundo gol do Pontevedra ante o Izarra en Pasarón

Ao Pontevedra bástalle cunha gran primeira parte para impoñerse (3-1) ao Izarra

15/11/2015
Pontevedra

Suma e segue. O Pontevedra mantén a súa liña positiva de xogo e resultados achegándose ao obxectivo da permanencia con pasos de xigante. Fronte ao Izarra tivo dúas caras, unha excelente na primeira parte, na que sentenciou o partido, e outra gris na segunda, na que sufriu máis da conta,...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Capi, realizando estiramentos en Pasarón

Lesións e sancións deixan en cadro ao Pontevedra para recibir ao Izarra

14/11/2015
Pontevedra

Lesións e sancións deixan ao Pontevedra co xusto para recibir a visita do Izarra en Pasarón, o domingo (17:00 horas). Ata cinco baixas pode ter Luisito para o partido ante o cadro navarro, catro delas xa confirmadas e unha, a do central Capi, pendente da súa evolución ata o último...

Ramiro Espiño
Partido entre a Peña Sport e o Pontevedra en Tafalla

Cun menos e no último minuto o Pontevedra imponse (1-2) á Peña Sport

08/11/2015
Pontevedra

Contra vento e marea, apelando á épica unha vez máis, o Pontevedra conseguiu sobrepoñerse a un rival duro, que se empregou ao límite do regulamento, e a unha arbitraxe de toque máis que caseiro para derrotar á Peña Sport, cun golazo de falta directa transformada por Adrián Mouriño no último...

PontevedraViva
Campillo, en primeiro termo, adestrando en Pasarón

Queijeiro e Campillo, novidades no Pontevedra para a súa visita á Peña Sport

07/11/2015
Pontevedra

Partido fronte a un rival directo. Así e non doutra forma plantéxase o Pontevedra a súa visita á Peña Sport, no campo Municipal San Francisco (Tafalla), este domingo (16:45 horas). Os granates, con bo criterio, foxen de perigosos triunfalismos e prefiren seguir mirando á permanencia como obxectivo para, unha vez...

Ramiro Espiño
Luisito dando instrucións aos seus xogadores no partido ante o Tudelano

Marino de Luanco, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa Federación

03/11/2015
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece ao seu rival nos dezaseisavos de final da Copa Federación, competición á que accede ao quedar eliminado na primeira rolda da Copa do Rei. Os granates enfrontaranse, a dobre partido, ao Marino de Luanco, na que é a primeira rolda da fase nacional da...

PontevedraViva
Mouriño no partido entre UD Logroñés e Pontevedra en Pasarón

Un erro defensivo e unha nefasta arbitraxe condenan o Pontevedra ante o Logroñés (0-1)

31/10/2015
Pontevedra

Cortouse o refacho de vitorias e fíxoo de forma inxusta. O Pontevedra mereceu máis fronte á UD Logroñés, pero caeu vítima dun erro propio grave e tres alleos, aínda máis graves, por parte dun colexiado (asturiano para variar), que ignorou dous claros penaltis na área rioxana e perdoou a expulsión...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

A Unión Deportiva Logroñés mide a ambición do Pontevedra

30/10/2015
Pontevedra

Partido de altura o deste sábado (20:30 horas, TVG2) no Estadio Municipal de Pasarón entre Pontevedra Club de Fútbol e Unión Deportiva Logroñés. Os granates miden o seu bo estado de forma ante un dos candidatos ao ascenso, un equipo rioxano que xa disputou o pasado ano o play-off e que...

Diego Espiño
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

Arandina, proba de lume para un Pontevedra en alza

24/10/2015
Pontevedra

Igualados a puntos na táboa. Ambos recentemente ascendidos. Arandina e Pontevedra enfróntanse este domingo (17:00 horas) no Montecillo, nun partido entre dous equipos en liña ascendente. Con só dúas derrotas na súa cuadrícula, aínda que catro empates, os burgaleses poden presumir de ser o único equipo que ata o momento conseguiu...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

Un rival inédito para continuar a escalada en Pasarón

17/10/2015
Pontevedra

Reza o dito que non hai dous sen tres e iso é o que tentará o Pontevedra, sumar a súa terceira vitoria consecutiva en liga, tras impoñerse a Coruxo e Racing de Santander, esta vez á conta do Atlético Astorga, nun enfrontamento inédito, pois será a primeira vez que os...

Ramiro Espiño
Capi e Campillo adestrando en Pasarón

Visita granate a El Sardinero 43 anos despois

10/10/2015
Pontevedra

Son dous históricos do fútbol español, aínda que en horas baixas. Con todo, Rácing de Santander e Pontevedra, a pesar da súa longa traxectoria en categorías nacionais, unicamente coincidiron na mesma categoría en cinco ocasions e o balance deses cinco enfrontamentos en terras cántabras non é moi positivo para os...

Ramiro Espiño
Os xogadores do Pontevedra celebran un dos goles conseguidos ante o Coruxo en Pasarón

O Pontevedra meréndase ao líder Coruxo (3-1) nunha gran segunda parte

04/10/2015
Pontevedra

Cando todo parecía pintar mal para un necesitado Pontevedra coa visita a Pasarón do líder Coruxo, os de Luisito ofreceron a súa mellor versión, dominando o xogo e o partido, e asinando unha excelente segunda parte plena de acerto, ata golear de forma xusta ao equipo que adestra Rafa Sáez,...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Partido entre o Racing de Ferrol e o Pontevedra CF

De novo un solitario gol tomba ao Pontevedra (1-0) ante un dominador Rácing de Ferrol

26/09/2015
Pontevedra

FERROL: Servizo especial para Pontevedraviva de www.ferrol360.es. Texto de Raúl Salgado e Fotos de Mero Barral. Bicos, tenrura, que malgaste de amor (ao balón) e que froito tan escaso. O dominio máis que evidente do Rácing sobre o pasto non se traduciu nun triunfo claro no derbi ante o Pontevedra, presidido...

PontevedraViva
Luisito corrixe aspectos tácticos no adestramento do Pontevedra en Pasarón

O Pontevedra visita o escenario dos seus pesadelos máis recentes

25/09/2015
Pontevedra

Díficil papeleta para o Pontevedra este sábado (18:00 horas, TVG2). Os granates enfróntanse ás pantasmas do seu pasado recente ante o Racing de Ferrol no estadio da Malata, campo do que saíron goleados nas súas últimas visitas. Fano convencidos de poder lograr o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada e...

Diego Espiño
Samuel Piette nun partido co Racing de Ferrol

Samuel Piette, baixa de última hora no Racing de Ferrol para o choque ante o Pontevedra

25/09/2015
Pontevedra

Non será o Pontevedra o único equipo que afrontará con baixas o derbi deste sábado (18:00 horas, TVG2) na Malata ante o Racing de Ferrol. O conxunto ferrolano completou este venres o seu último adestramento coa noticia da ausencia de última hora de Samuel Piette. O futbolista canadiense foi convocado pola selección...

PontevedraViva
Partido entre Pontevedra e Compostela en Pasarón

Pontevedra e Compostela xogan a non perder e aburren (0-0)

20/09/2015
Pontevedra

Nin goles nin xogo. Máis pendentes de non perder que de gañar, Pontevedra e Compostela asinaron un partido táctico, espeso e trabado, con escasas ocasións de gol, que levou a un xusto pero aburrida repartición de puntos. Os granates volveron terminar un partido en inferioridade ao ser expulsado por segunda...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Derbi de necesitados entre Pontevedra e Compostela

19/09/2015
Pontevedra

Tres puntos cada un. Un só partido gañado nas catro xornadas disputadas. Dous goles marcados polos granates e un tan só polos branquiazuis. Son os números que levaron a Pontevedra e Compostela ás últimas posicións da táboa neste arranque ligueiro, convertendo o derbi entre ambos en Pasarón (domingo, 17:00 horas)...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Jacobo e Tomás, baixas para o desprazamento a Villaviciosa

12/09/2015
Pontevedra

Semana de sustos para Luisito. Se o xoves caía lesionado Jacobo, no último adestramento antes de emprender viaxe a terras asturianas, o técnico perdía tamén a Tomás, como confirmaba o propio Luisito ao finalizar a sesión e tras facilitar a lista de convocados: "Foi a sorpresa que Tomás ía viaxar...

Ramiro Espiño
Borjas celebra a consecución do segundo gol fronte ao Tudelano en Pasarón

Dous goles de Borjas para unha estrea con nota do Pontevedra (2-0) fronte ao Tudelano

06/09/2015
Pontevedra

Pechada e merecida ovación do público ao equipo á conclusión do partido. É a mellor definición e xusto recoñecemento ao Pontevedra, que logra estrear a súa cuadrícula de puntos e de goles e o fai ao grande, con nota, fronte a un Tudelano compacto, perigoso, atrevido, pero que sucumbiu ante...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

O Pontevedra recibe o Tudelano coa necesidade de puntuar

05/09/2015
Pontevedra

Vencer ao cansazo, á falta de gol mostrada nos dous primeiros partidos e ao Tudelano, un rival que chega a Pasarón ilusionado con pelexar polos postos nobres da clasificación. O Pontevedra busca este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón o seu primeiro triunfo da tempada, que lle permita respirar...

Diego Espiño
Partido de Copa do Rei entre Guijuelo e Pontevedra

O Pontevedra reserva efectivos e págao sendo eliminado da Copa do Rei en Guijuelo (1-0)

03/09/2015
Pontevedra

SERVICIO ESPECIAL PARA PONTEVEDRAVIVA: www.salamanca24horas.com Tres partidos oficiais e os tres perdidos polo mesmo resultado. O Pontevedra volveu caer pola mínima (1-0), esta vez en Guijuelo, no campo do seu verdugo na primeira xornada de liga en Pasarón, o que deixa aos de Luisito fóra da Copa do Rei ás primeiras...

PontevedraViva
Un momento do partido Cacereño-Pontevedra no Estadio Príncipe Felipe

A temperá expulsión de Pablo Carnero condiciona ao Pontevedra que cae (1-0) en Cáceres

30/08/2015
Pontevedra

SERVIZO ESPECIAL PARA PONTEVEDRAVIVA: EL PERIÓDICO DE EXTREMADURA Nun exercicio escasamente plástico, o Cacereño amarrou os seus primeiros tres puntos ligueiros da tempada ante o Pontevedra. Serviu un golazo de virtuoso dun futbolista de perfil entusiasta, o aragonés Pablo Gállego, ao inicio do segundo tempo, cando o grupo de Ángel Marcos...

PontevedraViva
Luisito subindo ao autobús que os traslada a Cáceres

Cáceres, primeira parada para un Pontevedra que busca estrear a súa cuadrícula

29/08/2015
Pontevedra

Por diante miles de quilómetros e unha ilusión: a de asinar unha tempada de consolidación en Segunda B, coa mirada posta en posteriores metas máis altas. O Pontevedra afronta o primeiro das súas longas viaxes por boa parte da xeografía española desprazándose a Cáceres, para enfrontarse ao Cacereño (domingo, 12:00...

Ramiro Espiño
Partido entre Pontevedra e Guijuelo en Pasarón

Unha ocasión abonda ao Guijuelo (0-1) ante un Pontevedra que remata con dez e merece máis

22/08/2015
Pontevedra

Comezo con derrota. Non é o desexado, pero tampouco decepcionou a ninguén. O Pontevedra competiu e mereceu moito máis, pero foi vítima da súa falta de acerto ante o gol e doutra arbitraxe lamentable dun vello coñecido cuxo ascenso e designación para este partido levantou tanta polémica como xustificado temor...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Xogadores e corpo técnico do Pontevedra nun adestramento en Príncipe Felipe

Pasarón levanta o pano na liga do retorno recibindo un incómodo Guijuelo

21/08/2015
Pontevedra

Atrás quedan catro tempadas no inferno de Terceira División. Catro longos anos nos que o Pontevedra miraba con envexa unha Segunda División B que tantas veces pareceu pouco pero que rematou botándose de menos. A espera chegou á súa fin. Pasarón volve ser escenario dun partido da categoría de bronce...

Ramiro Espiño
Borjas Martín durante un adestramento do Pontevedra en Poio

Borjas e Anxo, baixas seguras para o debut ligueiro

19/08/2015
Pontevedra

Tras a xornada de descanso deste martes, na que o club protagonizou a tradicional ofrenda floral á Virxe Peregrina e se celebrou unha comida de confraternización, o Pontevedra Club de Fútbol volve ao traballo este mércores coa mente posta na estrea ligueira do próximo sábado. O once que dispoñerá Luisito sobre...

Diego Espiño
Ofrenda floral do Pontevedra CF á Virxe Peregrina

Ofrenda á Virxe Peregrina para dar comezo á tempada oficial

18/08/2015
Pontevedra

Cumprindo coa tradición, o Pontevedra Club de Fútbol deu por inaugurada a tempada co seu primeiro acto oficial, a ofrenda floral á Virxe Peregrina. A poucos días do debut ligueiro ante o Guijuelo (sábado ás 20:00 horas) o club granate pediu á patroa provincial poder cumprir os obxectivos da nova tempada,...

PontevedraViva
César Ramos, árbitro do partido polo ascenso entre Pontevedra e Mensajero

A estrea ligueira, co árbitro do Mensajero

13/08/2015
Pontevedra

Pouca sensibilidade demostrou a Real Federación Española de fútbol coas designacións arbitrais da primeira xornada de liga na Segunda División B. O Comité Técnico de Árbitros decidiu que o asturiano César Ramos Domínguez sexa o encargado de dirixir o partido entre o Pontevedra e o Guijuelo o 23 de agosto no...

Diego Espiño
Luisito, durante o último adestramento antes do partido ante o Haro

O Guijuelo, primeiro escollo do Pontevedra no seu regreso á Copa do Rei

21/07/2015
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival para o seu regreso á Copa do Rei despois de cinco anos de ausencia. O sorteo celebrado este martes na sede da Federación Española de Fútbol emparellou o equipo adestrado por Luisito co Guijuelo, curiosamente tamén primeiro partido dos granates en liga. A primeira...

PontevedraViva
Partido Pontevedra CF - Haro Deportivo

O Guijuelo, primeiro rival do Pontevedra no seu regreso á Segunda División B

16/07/2015
Pontevedra

A Real Federación Española de Fútbol fixo público este xoves o calendario de competición de Segunda B para a próxima tempada. Dous días despois de que a asemblea ratificase a composición dos grupos, o Pontevedra coñeceu a orde na que se enfrontará aos seus rivais no grupo I. O primeiro...

Alejandro Espiño
Asemblea da Federación Española de Fútbol

Ratifican a composición dos grupos de Segunda B: o Pontevedra xogará contra os navarros

14/07/2015
Pontevedra

A pesar das protestas de varios equipos, fundamentalmente vascos e navarros, a asemblea da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) ratificou este martes a composición dos grupos de Segunda División B para a próxima tempada que recentemente propuxera a comisión mixta. O ente federativo non tivo en conta a reclamación destes...

Alejandro Espiño
Partido Pontevedra CF - Haro Deportivo

Ás voltas coa composición do Grupo I da Segunda B

03/07/2015
Pontevedra

Como cada tempada, a composición dos catro grupos da Segunda División B se converteu nun rompedeiro de cabeza polo interese dos equipos en garantirse unha liga na que prime a proximidade xeográfica. Será a Comisión de Segunda B a encargada de formular unha repartición de grupos, algo que fará previsiblemente a...

PontevedraViva