Temporada granate 2014/2015

Recepción da Deputación ao Pontevedra tralo seu ascenso a Segunda B

Segue a festa do ascenso cunha recepción na Deputación e a foto oficial da tempada

29/06/2015
Pontevedra

Que siga a festa! O Pontevedra Club de Fútbol arrancou a semana como a rematou, celebrando o ascenso a Segunda B logrado o pasado sábado tras vencer o Haro Deportivo en Pasarón. No medio de bromas, risas e bo ambiente, os xogadores, corpo técnico e a presidenta comezaron a semana realizando...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Celebración do ascenso do Pontevedra CF

Luisito gaña a renovación e seguirá adestrando ao Pontevedra en Segunda B

28/06/2015
Pontevedra

Chegou ao Pontevedra nunha situación complicada, cando o mes de outubro tocaba case ao seu fin e se encaraba a décima xornada de liga. Agora, oito meses despois e cun loitado e sufrido ascenso no peto, gañou a renovación. Luisito seguirá sendo adestrador do primeiro equipo granate no seu regreso á...

Diego Espiño
Jorge Rodríguez é izado a ombros polos afeccionados na Praza do Teucro

A festa do ascenso do Pontevedra en imaxes

28/06/2015
Pontevedra

Foi unha longa pero moi feliz noite. Catro anos esperando ben merecían unha festa ao grande. Concluído o partido contra o Haro Deportivo coa vitoria e ascenso do Pontevedra a Segunda B, as rúas da cidade convertéronse nunha inmensa marea de cor granate. Cánticos, abrazos, celebracións e aclamacións ao equipo. Mentres,...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Os afeccionados granates reúnense antes do partido

Pontevedra ansía a gloria

27/06/2015
Pontevedra

Pasarón vivirá este sábado unha cita coa historia. O equipo granate a afronta o último duelo da tempada contra o Haro. O regreso á Segunda B xógase a cara ou cruz. A afección invoca nas horas previas ao partido ao espírito do "Hai que roelo", mesmo o "Efecto Roelio", para...

PontevedraViva
Luisito, durante o último adestramento antes do partido ante o Haro

A polo ascenso! 90 minutos separan ao Pontevedra de Segunda B

26/06/2015
Pontevedra

Chega a hora da verdade e esta vez non hai rede de seguridade nin segunda oportunidade. O Pontevedra xógase toda a tempada en 90 minutos no choque de volta da final polo ascenso ante o Haro Deportivo. Os granates encoméndanse a Pasarón para remontar este sábado (20:30 horas) o resultado adverso...

Diego Espiño

Somos do Pontevedra

26/06/2015

Non vou caer na cursilada do titular doado que sería algo así como escribir "90 minutos para a gloria". Entre outras cousas porque a gloria debe ser seguramente algo máis que ascender a unha categoría da que, no peor dos casos, nunca debemos saír. Tampouco direi que ser afeccionado do Pontevedra...

Xogadores e conselleiros do Pontevedra con Roelio, mascota do club, na Praza da Estrela

11.000 adhesivos en defensa de Roelio, 'a mascota máis fea do deporte'

24/06/2015
Pontevedra

É fea, pero é nosa. Con esa idea reaccionou o Pontevedra Club de Fútbol despois de que o diario catalán El Mundo Deportivo incluíse a Roelio no número uno de 'as 10 mascotas máis feas do deporte'. A mascota granate, que evoca aos mellores anos do club nunha homenaxe en forma...

PontevedraViva
Pablo Carnero realiza estiramentos durante o adestramento do Pontevedra en Pasarón

Pendentes do estado de Pablo Carnero

23/06/2015
Pontevedra

Está a ser unha tónica durante todo o play-off. Unha vez máis o estado físico de Pablo Carnero volve centrar a preocupación do corpo técnico do Pontevedra na última e definitiva semana de competición. O dianteiro, que apenas xogou 20 minutos en Haro, non participou no primeiro adestramento da semana e...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Aspecto que presentaban as bancadas de Pasarón durante o Pontevedra-Manzanares

Sábado 20:30 horas, data escollida para a volta entre Pontevedra e Haro Deportivo

22/06/2015
Pontevedra

O Pontevedra apostaba por xogar a volta ante o Haro Deportivo o próximo domingo 28 de xuño, pero finalmente prevaleceron os intereses da televisión pública galega, que retransmitirá o choque. Segundo anunciou este luns o club granate o partido definitivo do play-off de ascenso, no que debe remontar un 1-0 en...

PontevedraViva
Grada do campo municipal El Mazo antes do partido contra o Haro Deportivo

Eliminatoria final para o ascenso a Segunda B: o Haro Deportivo impónse 1-0 ao Pontevedra

21/06/2015
Pontevedra

Pontevedra esivo este domingo máis pendente que nunca de La Rioja. Alí, o Pontevedra C.F. xogou o partido contra o Haro Deportivo no campo Municipal El Mazo, dende onde o xornalista de PontevedraViva Ramiro Espiño trasladará aos pontevedreses a crónica do partido. Dous centenares de afeccionados granates acompañan ao club O partido...

PontevedraViva
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

A marea granate acompaña o Pontevedra á final co Haro Deportivo

20/06/2015
Pontevedra

Con todos os seus xogadores, incluídos lesionados e sancionados, e acompañado de dous centenares de afeccionados, entre os que encheron dous autobuses e os que farán a viaxe nos seus vehículos particulares. Así saíu o Pontevedra cara a La Rioja a media mañá deste sábado, para disputar o domingo (18:00...

Ramiro Espiño
Adrián, Carnero e Benja durante un adestramento na Xunqueira

Luisito, pendente da enfermaría

19/06/2015
Pontevedra

Non está a ser unha semana sinxela para o Pontevedra Club de Fútbol, cuxos futbolistas están a acusar a esixencia dun play-off no que disputaron catro partidos ao máximo nivel con dúas prórrogas incluídas. Moitos minutos que provocaron varios problemas físicos en futbolistas importantes, o que mantén a Luisito pendente da...

Diego Espiño
Afición do Pontevedra durante o encontro ante o Manzanares

Un partido de ida con baixas pero tamén con 'marea granate'

17/06/2015
Pontevedra

Complicado panorama o que se lle presenta ao Pontevedra de cara ao partido de ida da eliminatoria definitiva polo ascenso, fixado para o domingo ás 18:00 horas no Estadio Municipal El Mazo de Haro. No club granate preocupa o estado físico de varios dos seus futbolistas, especialmente o dun Pablo Carnero...

PontevedraViva
Partido do Haro Deportivo no seu estadio

Haro Deportivo, un club centenario e humilde que gañou o dereito a soñar

16/06/2015
Pontevedra

Só un paso separa de novo o Pontevedra da Segunda División B, unha eliminatoria que o enfrontará ao Club Haro Deportivo, cuarto clasificado do grupo rioxano. Trátase dun rival humilde pero que se gañou o respecto dos seus rivais tras eliminar en primeira rolda ao Caudal de Mieres, por penaltis tras...

Diego Espiño

Este partido só podemos gañalo dende a unidade

12/06/2015

Estiven en La Palma. Saín de alí convencido de que o ascenso estaba ao alcance do Pontevedra, que chegara a nosa hora por fin! de deixar atrás a Terceira División. Como case todos, saín sete días despois de Pasarón entre cabreado, decepcionado e indignado. Un club capaz de meter 12.000...

Jorge Rodríguez durante o adestramento do Pontevedra en Pasarón

Intensidade nos adestramentos e fe na remontada

11/06/2015
Pontevedra

O primeiro plantel do Pontevedra retomou este mércores os adestramentos tras a habitual xornada de descanso e fíxoo convencido de lograr a remontada no partido de volta da semifinal polo ascenso ante o Manzanares. A intensidade déixase notar nas sesións de preparación entre uns xogadores que recoñecen te "muchas ganas de...

Diego Espiño
Jorge celebra o gol do Pontevedra ante o Mensajero en Pasarón

Os socios non pasarán pola billeteira no partido de volta ante o Manzanares

08/06/2015
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol volve este luns ao traballo pensando xa en remontar o 1-0 co que regresou de Manzanares no partido de volta que se xogará o próximo sábado (20:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón. Ao igual que os pupilos de Luisito o club considera fundamental o apoio...

PontevedraViva
Saída da expedición do Pontevedra rumbo a Manzanares

Rumbo a Manzanares coas pilas cargadas

05/06/2015
Pontevedra

Con toda o plantel e a mochila cargada de ilusión. Así partiu este venres a expedición do Pontevedra Club de Fútbol rumbo a Manzanares, onde o sábado (18:30 horas) disputará a ida da semifinal polo ascenso a Segunda B. Os xogadores granates recoñecen estar recuperados anímicamente da eliminación sufrida ante o...

Diego Espiño
Pablo Carnero, sorrinte, charla con Tomás durante un adestramento na Xunqueira

Pablo Carnero e Adrián, entre algodóns

02/06/2015
Pontevedra

Recuperados anímicamente do duro golpe sufrido o pasado domingo, os futbolistas e corpo técnico do Pontevedra céntranse xa no encontro do próximo sábado 6 de xuño (18:30 horas) no Campo Municipal José Camacho de Manzanares. A principal preocupación para Luisito pasa por recuperar fisicamente dous futbolistas habituais nas súas aliñacións titulares,...

Diego Espiño
Partido do play-off entre Manzanares e Lanzarote

Manzanares, un equipo modesto ilusionado coa súa segunda presenza no play-off

02/06/2015
Pontevedra

O destino quixo cruzar no camiño a dous equipos opostos en traxectoria e ambicións. Un Pontevedra que loita por volver ao lugar que por historia e afección merece e un Manzanares Club de Fútbol que vive un auténtico soño. O conxunto manchego xoga esta tempada a segunda fase de ascenso a...

Diego Espiño
Sorteo da semifinal polo ascenso a Segunda B na sede da RFEF

O Manzanares manchego, próximo rival do Pontevedra no play-off de ascenso

01/06/2015
Pontevedra

Sen tempo case para dixerir a dolorosa derrota por penaltis ante o Mensajero, o Pontevedra ten xa rival no que centrarse no seu novo camiño cara ao ascenso, no que deberá superar dúas eliminatorias. O sorteo celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas emparellou o equipo granate co Manzanares Club...

PontevedraViva
Quenda de penaltis no Pontevedra-Mensajero

Os penaltis dan o ascenso a un avaro Mensajero e mandan ao Pontevedra á repesca (1-0)

31/05/2015
Pontevedra

O gafe tradicional que parece perseguir ao Pontevedra nas fases de ascenso fixo a súa aparición nun Pasarón abarrotado, onde un Mensajero ultradefensivo, amparado no seu maior oficio, fixo do "outro fútbol" unha arte para anular as virtudes dos locais, que distaron moito do seu mellor nivel, deixando escapar un...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Aspecto dos arredores de Pasarón antes de comezar o Pontevedra-Somozas da tempada 13/14

Varios locais da cidade animarán a xornada do domingo na "Ruta do ascenso"

29/05/2015
Pontevedra

As horas pasan e cada vez falta menos para que chegue o partido de volta entre Pontevedra e Mensajero, no que os granates buscarán remontar para certificar o ansiado ascenso a Segunda B. Conforme se achega o día, a expectación crece na cidade, que horas antes do duelo xa respirará ambiente...

PontevedraViva
Venda anticipada de entradas para o Pontevedra-Mensajero

As entradas para o Pontevedra-Mensajero, tamén no centro da cidade

28/05/2015
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol pretende que o Estadio Municipal de Pasarón presente o mellor aspecto posible o próximo domingo no partido de volta do play-off ante o Mensajero, polo que decidiu ampliar os puntos de venda anticipada. Segundo o club, o ritmo de venda segue sendo elevado e vendéronse xa...

PontevedraViva
Venda anticipada de entradas para o Pontevedra-Mensajero

Continúa a bo ritmo a venda de entradas para o partido ante o Mensajero

27/05/2015
Pontevedra

O resultado adverso da ida na Palma non desanimou aos afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol, que están a responder positivamente nos primeiros días de venda anticipada de entradas para o choque do próximo domingo (18:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ante o Mensajero. Dende a presentación dos prezos o...

Diego Espiño
Adestramento do Pontevedra no campo do Tenisca

Bruno, descartado para a volta ante o Mensajero ao sufrir unha lesión muscular

25/05/2015
Pontevedra

A falta de poder realizar unha ecografía á súa chegada a Pontevedra, confírmanse os peores prognósticos na lesión de Bruno Rivada, que lle obrigou a pedir o cambio á media hora de xogo no Estadio Silvestre Carrillo. O defensa granate notou dor na súa perna dereita e mesmo chegou a comentarlle...

Diego Espiño

Todos a Pasarón, vas a perdelo?

25/05/2015

Escribo esta columna aínda en terras de La Palma. Apenas hai unhas horas que o Pontevedra perdía no Silvestre Carrillo ante un Mensajero que non foi superior. Máis ben todo o contrario. Esas cousas que ten o fútbol (se se lle pode chamar fútbol a algo como o que se...

O Pontevedra adestrando no Silvestre Carrillo antes do partido contra o Mensajero

La Palma, escenario do primeiro asalto polo ascenso

23/05/2015
Pontevedra

A illa de La Palma recibiu ao Pontevedra con algunhas nubes no ceo e agradable temperatura, uns 22 graos. Para este domingo, as condicións serán similares, aínda que sen nubes, e á hora do partido entre o Mensajero e o conxunto granate (13:00 horas galega) no Silvestre Carrillo espérase un...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Madrugón do Pontevedra para emprender viaxe a La Palma

23/05/2015
Pontevedra

Se se cumpre o dito que "ao que madruga Deus lle axuda", o Pontevedra ten garantido o éxito no partido de "ida" da eliminatoria de campións que lle enfrontará ao Mensaxeiro (domingo, 13:00 horas) no Silvestre Carrillo. Os granates tiveron que deixar pronto as sabas este sábado, xa que a...

Ramiro Espiño
Plantel do Pontevedra CF na tempada 83/84

José Emilio e Churruca contan como viviron o Mensajero-Pontevedra de 1984

22/05/2015
Pontevedra

Un equipo integrado exclusivamente por xogadores galegos. En total 19 homes que conseguiron devolver o Pontevedra á categoría de bronce do fútbol español ao terceiro intento. Non sen sufrir previamente (e moito), como xa comentouse estes días, nunha eliminatoria fronte ao CD Mensajero, da que foron protagonistas directos. Dous deles, José...

Ramiro Espiño
Jacobo no adestramento deste mércores na Xunqueira

Enfermaría case baleira para afrontar o play-off de ascenso

21/05/2015
Pontevedra

O tramo decisivo da tempada chega sen apenas baixas no Pontevedra Club de Fútbol, que xa prepara con intensidade o partido de ida da elimitoria ante o Mensajero. Luisito intenta estes días pulir aspectos tácticos de cara ao choque na Nova Silvestre Carrillo de La Palma, intentando adaptar os seus ás...

Diego Espiño
Prolegómenos do Pontevedra-Mensajero disputado en Pasarón o 9 de xuño de 1984

A "outra" historia dun Mensajero-Pontevedra, case 31 anos despois

21/05/2015
Pontevedra

Illa de La Palma...Isla Bonita...CD Mensajero. Por dereito son dende hai case 31 anos parte importante da historia deportiva de Pontevedra e do Pontevedra CF. Alí viviu o club granate e un puñadiño de pontevedreses desprazados para a ocasión, o primeiro e único (ata agora) ascenso a Segunda B. Eso...

Ramiro Espiño
Equipo inicial do Mensajero nun partido da presente tempada

As dúas caras do Mensajero, un rival forte no seu estadio e vulnerable a domicilio

19/05/2015
Pontevedra

O partido de ida polo ascenso entre Mensajero e Pontevedra en La Palma xa ten horario confirmado. Xogarase o próximo domingo 24 de maio no Estadio Silvestre Carrillo ás 13:00 da mañá (hora galega). Os granates mentalízanse xa do que encontrarán en Canarias e tratan de solicitar informes dun rival que...

Diego Espiño
Sorteo da fase de ascenso a Segunda B nas Rozas

Mensajero, rival do Pontevedra polo ascenso a Segunda B na eliminatoria de campións

18/05/2015
Pontevedra

O ascenso do Pontevedra Club de Fútbol a Segunda División B pasa por Canarias, concretamente pola illa de La Palma. O sorteo celebrado este luns na Cidade do Fútbol de Las Rozas emparellou aos granates co Club Deportivo Mensajero na eliminatoria de campións. Neste quedou establecido que o primeiro partido se diputará...

PontevedraViva
O Cerceda fai corredor de campión ao Pontevedra na súa saída ao campo

Xusto triunfo do Pontevedra (1-0) sobre un Cerceda que non expón nin inquieta

17/05/2015
Pontevedra

Partido de trámite e xusta vitoria do Pontevedra sobre o Cerceda na despedida ligueira. Despois dunha primeira parte para esquecer, os granates foron mellores, e mesmo puideron marcar algún gol máis, ante un rival timorato, que non creou xogo nin ocasións, nin tampouco tivo capacidade de reacción tras o gol...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

Pontevedra e Cerceda, a evitar complicacións na despedida ligueira

16/05/2015
Pontevedra

O que podía ter sido un partido a cara ou cruz se quedou en pouco menos que un trámite para despedir a liga regular. Pontevedra e Cerceda enfróntanse en Pasarón (domingo, 18:00 horas) tendo como principal obxectivo evitar compicaciones ou contratempos en forma de lesións ou sancións que lles impidan...

Ramiro Espiño
O Alondras fai corredor de campión ao Pontevedra na súa saída ao campo do Morrazo

A segunda unidade do Pontevedra arranca un merecido punto en Cangas (1-1)

10/05/2015
Pontevedra

Cando dous equipos pouco ou nada se xogan dificilmente un partido pode resultar atractivo, e o que enfrontou a Alondras e Pontevedra no Morrazo non ía ser unha excepción. Un tempo para cada equipo, o primeiro para os locais e o segundo no que os de Luisito foron mellores pero...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Rápido de Bouzas e Pontevedra xóganse no Baltasar Pujales moito máis que tres puntos

25/04/2015
Pontevedra

Non será un partido calquera, nin tampouco tres puntos máis. O choque entre Rápido de Bouzas e Pontevedra no Baltasar Pujales (domingo, 18:00 horas), poñerá en xogo tres puntos para alimentar a esperanza e ilusión dos locais ou para a tranquilidade case definitiva do equipo granate. Quen consiga a vitoria terá...

Ramiro Espiño
Lupe Murillo entrando na xunta xeral de accionistas do Pontevedra

Lupe Murillo supera sen oposición a súa primeira xunta de accionistas do Pontevedra

20/04/2015
Pontevedra

Sen oposición ningunha e coa ausencia de destacados accionistas que optaron por delegar a súa representación. Así transcorreu a xunta xeral ordinaria de accionistas do Pontevedra C.F.S.A.D., que tivo como escenario o Teatro Principal da cidade do Lérez na noite deste luns. A primeira da actual presidenta, Lupe Murillo, á...

Ramiro Espiño
Jorge consegue con este remate o gol da vitoria do Pontevedra sobre o Arosa en Pasarón

Máis que tres puntos en xogo no derbi entre Arosa e Pontevedra

11/04/2015
Pontevedra

Como xa sucedera no partido disputado entre ambos os dous na primeira volta, de novo o derbi entre Arosa e Pontevedra chega con baixas e dúbidas en ambos os dous equipos, debido ao estado físico de varios dos xogadores dun e outro bando. Piscis e Luisito deberán solucionar as súas...

Ramiro Espiño
Jorge consegue con este remate o primeiro gol do Pontevedra sobre o Barbadás en Pasarón

Mal partido e pobre empate do Pontevedra (1-1) fronte a un Barbadás que foi mellor

05/04/2015
deportes

Mal partido do Pontevedra, que deixou escapar dous puntos fronte a un Barbadás con numerosas baixas, pero que soubo aproveitarse dunha pésima segunda parte dos granates para levarse un empate máis que merecido. Se a primeira parte realizada polo equipo local non pode catalogarse de satisfactoria, o visto na segunda estivo...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Partido entre Bertamiráns e Pontevedra en Ames

Goleada histórica do Pontevedra que non ten piedade (0-8) co débil Bertamiráns

29/03/2015
Pontevedra

Partido dunha soa dirección. Case un monólogo do Pontevedra, que impuxo a súa superioridade técnica sobre un animoso Bertamiráns. Os locais víronse encerrados polo pulo dun equipo granate disposto a non se deixar sorprender e resolver pronto o partido. Conseguiuno levado da man dun Pablo Carnero, novamente decisivo, tanto na finalización...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Bruno Rivada xunto a Campillo no adestramento celebrado en Pasarón

O descendido Bertamiráns pon a proba a fortaleza do Pontevedra

28/03/2015
Pontevedra

Un Bertamiráns descendido matematicamente, poñerá a proba a fortaleza do líder Pontevedra (domingo, 17:00 horas) no Municipal de Bertamiráns, nun partido no que os granates terán que superar as dificultades dun campo de reducidas dimensións, ademais dun rival que sairá libre de presións, tras unha tempada na que o cadro...

Ramiro Espiño
Tubo, Pedro García e Capi (de costas) realizando estiramentos na Xunqueira

Prohibido fallar fronte a un necesitado Laracha

21/03/2015
Pontevedra

Nin sorpresas, nin confianzas nin descoidos. O Pontevedra ten prohibido fallar no seu partido fronte ao Laracha, en Pasarón (domingo, 17:00 horas), máis despois das goleadas conseguidas polos seus inmediatos perseguidores, Cerceda e Deportivo B, que despacharon, este venres, en partido adiantado, aos seus rivais Bertamiráns e Silva, con dous...

Ramiro Espiño
Partido entre Boiro e Pontevedra en Barraña

O Pontevedra deixa escapar a sentenza ligueira estrelándose contra a madeira e o Boiro (1-0)

15/03/2015
Pontevedra

O Pontevedra estrelouse en Barraña co longueiro, a súa falta de puntaría e un Boiro máis necesitado, posiblemente nun dos peores partidos da era Luisito, deixando pasar unha oportunidade inmellorable de sentenciar a liga. Picada amortecida polos tropezos dos seus inmediatos perseguidores, o Cerceda, que non pasou do empate en...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Tubo e Centrón nun adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Boiro e Pontevedra, a cara de can en Barraña

14/03/2015
Pontevedra

Dez xornadas por diante converten cada punto en disputa nun verdadeiro tesouro para a maioría dos equipos. Se ademais están implicados nas posicións de ascenso ou descenso, máis aínda. ÿ o caso de Pontevedra e Boiro, que se enfrontan en Barraña (domingo, 17:00 horas), nun partido dos que se poden...

Ramiro Espiño
Álvaro Muñiz conecta o remate que supuxo o primeiro gol do Pontevedra fronte ao Cultural Areas

Cómoda vitoria do Pontevedra (3-0) fronte un Cultural Areas sen mordente

08/03/2015
deportes

Sen facer un gran partido, cunha primeira parte discreta, o Pontevedra conseguiu unha cómoda vitoria e mesmo puido obter unha goleada maior na segunda, ante un frouxo Cultural Areas, que apenas inquietou en ataque e xogou a mercé da inspiración dos homes de Luisito. O técnico local apostou de saída por...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira

O Pontevedra a manter a distancia cos seus perseguidores ante un necesitado Cultural Areas

07/03/2015
Pontevedra

Sete reforzos no mercado invernal para intentar saír dunha situación extrema que lle presenta como un claro candidato ao descenso de categoría. Intentando esgotar as súas opcións e alimentar as súas esperanzas de permanencia chega a Pasarón (domingo, 17:00 horas) un Cultural Areas que non consegue cambiar o seu rumbo,...

Ramiro Espiño
Jacobo e Pablo Carnero nun adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Partido trampa para o Pontevedra na súa visita ao campo do Silva

28/02/2015
Pontevedra

Cinco partidos no mes de marzo e un reto: facer pleno de vitorias neles para achandar o camiño cara ao título. Malia que tanto adestrador coma xogadores prefiren apuntarse ao dito de moda de ir "partido a partido", ese é o obxectivo do Pontevedra, que sabe perfectamente que lograr eses...

Ramiro Espiño
Partido entre Pontevedra e Rácing Villalbés en Pasarón

Goleada con sufrimento previo do Pontevedra (4-1) sobre o Rácing Villalbés

22/02/2015
Pontevedra

Custoulle ao Pontevedra entrar no partido, tanto que mesmo o Rácing Villalbés se permitiu levar o peso na primeira parte, facendo que se xogase maioritariamente en terreo local. Os granates non estaban cómodos sen o balón, pero mantiñan o tipo soportados polo impecable labor de Pablo, atrás, e a inspiración...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento baixo a chuvia do Pontevedra na Xunqueira

O Pontevedra ante un dos seus peores pesadelos dos últimos anos, o Rácing Villalbés

21/02/2015
Pontevedra

Non é precisamente o Rácing Villalbés o rival preferido polo Pontevedra. Aínda que a historia dos enfrontamentos entre ambos os dous conxuntos non é demasiado extensa, o certo é que os números son claramente favorables ao equipo lucense, que se converteu, tras o Deportivo B, no peor pesadelo dos granates. Tanto...

Ramiro Espiño
Pablo Carnero consegue con este remate o gol do Pontevedra ante o Xuventú Sanxenxo en Baltar de Arriba

O Pontevedra pode golear pero remata pedindo a hora (0-1) ante o Xuventú Sanxenxo

15/02/2015
Pontevedra

Victoria sen brillo e con apuros finais para os granates. O Pontevedra comezou ben, superando claramente o Xuventú Sanxenxo na primeira media hora e perdoando ocasións claras para obter maior renda, pero realizou unha frouxa segunda metade, superado e dominado territorialmente polo conxunto local, ata rematar encerrado na súa propia...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira

O Pontevedra non se fía dun necesitado Xuventú Sanxenxo

14/02/2015
Pontevedra

De ser unha das revelacións da tempada a achegarse perigosamente aos postos comprometidos. Seis derrotas consecutivas levaron ao Xuventú Sanxenxo á urxencia por conseguir puntuar, aínda que sexa fronte a un Pontevedra que segue unha liña oposta, pero que non se fía da teórica inferioridade do rival e que ten...

Ramiro Espiño
Pablo Carnero celebra o primeiro gol do Pontevedra ante o Ribadumia en Pasarón

A eficacia do Pontevedra imponse (3-1) á valentía do Ribadumia

08/02/2015
Pontevedra

Os comezos do partido non puideron ser máis trepidantes. Tres goles en catorce minutos e case un cuarto que puido chegar se Pablo Carnero acerta a elevar suficientemente o balón ante Javi Sánchez. O Ribadumia saltou ao campo con tanta intensidade como valentía, superando o Pontevedra en todos os aspectos...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Luisito, Fernando Sánchez e Gabi Leis

13+3 granates contra o Pontevedra nun partido histórico para o Ribadumia

07/02/2015
Pontevedra

Partido inédito e histórico o que xogarán Pontevedra e Ribadumia en Pasarón (domingo, 17:00 horas). Inédito porque será a primeira vez que ambos os dous clubs se enfronten no terreo granate no campionato de liga, e histórico para a modesta e exemplar entidade do Salnés, que na súa estrea na...

Ramiro Espiño
O Deportivo B celebra o 1-0 de Cardoso ante o Pontevedra

Un penalti por man de Campillo no 88 tomba ao Pontevedra en Abegondo (2-1)

31/01/2015
Pontevedra

Duro golpe o sufrido polo Pontevedra nun aberto partido contra o Deportivo B na Cidade Deportiva O Mundo do Fútbol de Abegondo. O filial coruñés saíu ao terreo de xogo máis entoado que os granates, que nos primeiros 20 minutos viron como o seu rival chegaba á meta de Edu con...

Diego Espiño
Adestramento baixo a chuvia do Pontevedra na Xunqueira

Afastar a súa "besta negra", obxectivo do Pontevedra en Abegondo

30/01/2015
Pontevedra

Chuvia, frío e vento. Foron os compañeiros do Pontevedra no último adestramento da semana realizado na tarde deste venres no sintético da Xunqueira. Compañeiros que moi posiblemente lle acompañarán tamén na Cidade Deportiva do Deportivo da Coruña, "O Mundo do Fútbol" en Abegondo, o sábado (18:30 horas) no partido ante...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Aires de revancha na visita do Ribadeo a Pasarón

24/01/2015
Pontevedra

Tres puntos e a posibilidade de sacarse a espiña da peor tarde granate na actual tempada. Chega a Pasarón un Ribadeo (domingo, 17:00 horas) que fixo sufrir ao Pontevedra a peor tarde en moito tempo, facéndolle encaixar tres goles en menos de media hora, ademais de crearlle numerosas oportunidades para...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Bergantiños e As Eiroas, duros obstáculos para o Pontevedra

16/01/2015
Pontevedra

Partido adiantado á xornada. Tres importantes puntos en disputa para un Pontevedra que se despraza ata Carballo (sábado, 17:00 horas) para enfrontarse ao Bergantiños nas Eiroas, coa intención de obter os tres puntos e esperar o que suceda o domingo no resto da xornada coa súa posición de líder a...

Ramiro Espiño
Kevin Presa celebra o primeiro gol do Pontevedra ante o ÿrdenes en Pasarón

Golazo de Jacobo e cómodo triunfo do Pontevedra (2-0) sobre un gris ÿrdenes

11/01/2015
Pontevedra

Partido cómodo e sen sobresaltos. Esperábase que o Ordes dese bastantes máis problemas a un Pontevedra que se anotou unha vitoria merecida e ata curta, dominando o choque ás súas anchas, aínda sen realizar un excelente xogo nin crear excesivas ocasións de gol. A diferenza estivo en que, ao contrario...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Anxo, Centrón e Jorge durante un adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Ramón e Bruno novidades na convocatoria de Luisito para recibir ao ÿrdenes

10/01/2015
Pontevedra

Prato forte para comezar a segunda volta ligueira. O Pontevedra defende liderado recibindo ao ÿrdenes en Pasarón (domingo, 17:00 horas) con tres importantes puntos en xogo para ambos os dous conxuntos. Os granates necesitan vencer para manter a mínima diferenza que os separa de Cerceda e Deportivo B, mentres que os...

Ramiro Espiño
Un momento do partido entre Cerceda e Pontevedra no Roxo

O Cerceda impón a súa pegada (1-0) ante un Pontevedra que perdoa as súas ocasións

04/01/2015
Pontevedra

Que no fútbol o gol decide é unha obviedade. O Cerceda teno e ao Pontevedra séguelle custando deus e axuda aproveitar as súas ocasións. A consecuencia foi unha derrota granate nun partido equilibrado, no que os de Luisito puideron resolver no primeiro tempo e remataron derrotados nunha acción sen perigo,...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra celebrado no campo do Carrasco

Duelo no cumio entre Cerceda e Pontevedra para pechar a primeira volta

03/01/2015
Pontevedra

Partido dos grandes, dos que poden marcar a traxectoria duns e outros para o resto da tempada. Cerceda e Pontevedra pechan a primeira volta ligueira cun duelo no cumio entre os dous primeiros clasificados (domingo, 17:00 horas, no Roxo), con máis que tres puntos en xogo. Os de Luisito afrontan o...

Ramiro Espiño
Pablo Lede e David Feito, rodeados de afeccionados, ao termo do Pontevedra-Somozas

O Pontevedra recibe a un complicado Alondras coa mirada posta no campionato de inverno

20/12/2014
Pontevedra

Tres puntos para un posible título honorífico. O Pontevedra recibe a un incómodo e perigoso Alondras en Pasarón (domingo, 17:00 horas), co obxectivo de lograr unha nova vitoria que lle afiance no liderado e manteña o excelente refacho de resultados que acumula dende a chegada de Luisito. O colexiado encargado de...

Ramiro Espiño
Partido As Pontes-Pontevedra no Poboado a tempada 2013-2014

As Pontes, obxectivo dun Pontevedra que busca consolidar o seu liderado

12/12/2014
Pontevedra

As Pontes e Pontevedra adiantan ao sábado (18:00 horas) no Poboado, o seu partido de liga no que ambos buscarán desquitarse dos reveses sufridos na xornada pasada. Os coruñeses, que caeron de forma contundente en Cerceda, están moi lonxe da posición de aspirantes ao play-off coa que partían antes de comezar...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Pontevedra e Rápido de Bouzas miden a súa fortaleza defensiva en Pasarón

06/12/2014
Pontevedra

Dous dos equipos máis fortes defensivamente da categoría. Pontevedra e Rápido de Bouzas enfróntanse (domingo, 17:00 horas) en Pasarón, en busca dunha vitoria que lles permita aos primeiros manter a súa posición de privilexio e a súa vantaxe á fronte da táboa, e os segundos para meter a cabeza nos...

Ramiro Espiño
Anxo e Jorge celebran o gol de Pablo Carnero ao Choco en Santa Mariña

Un gol de Pablo Carnero derrota ao Choco (0-1) e fai máis líder a un Pontevedra serio

30/11/2014
Pontevedra

Ben fose de forma consciente ou porque o Pontevedra lle obrigou a iso, o Choco saíu moi atrás, tanto que ao non ter o balón os seus recursos ofensivos pasaban polo fútbol directo, tratando de sorprender en velocidade e á contra. Mentres, os granates mandaban territorialmente e creaban ata tres...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Jorge consegue con este remate o gol da vitoria do Pontevedra sobre o Arosa en Pasarón

Remontada e liderado para o Pontevedra ao vencer ao Arosa (2-1) nun derbi eléctrico

23/11/2014
Pontevedra

Elevado ritmo. Iniciativa granate e perigosas contras visitantes. Foron as claves dun derbi que volveu deixar de manifesto que o Pontevedra ten un dos seus puntos débiles na falta de equilibrio táctico no centro do campo, especialmente á hora da recuperación tras perda ou de facer balance defensivo, pero tamén...

Ramiro Espiño
Diego Torrado