Subestación do AVE en Bértola

Marcha dos veciños para reivindicar a vía verde

Os veciños marchan polo antigo trazado ferroviario para reclamar a Vía Verde

09/05/2015
Pontevedra

A coordinadora de colectivos veciñais e deportivos de Vilaboa organizou este sábado unha pequena ruta, de aproximadamente un quilómetro, polo antigo trazado ferroviario para solicitar a súa conversión en Vía Verde do tramo Pontevedra-Arcade A bo ritmo partiron do entorno da Ponte García, en Paredes. Cos apoios de organizacións de Pontevedra,...

PontevedraViva

O grupo de goberno en Vilaboa presenta unha moción sobre a subestación eléctrica

28/03/2014
Vilaboa

O goberno local do Concello de Vilaboa presenta unha moción para o seu debate polo pleno da corporación na que reitera o seu rexeitamento á ubicación proposta por Red Eléctrica de España (REE), para a instalación de subestación eléctrica na parroquia de Bértola. O grupo de goberno (PSOE-BNG) toma esta iniciativa...

Oskar Viéitez

Os veciños de Bértola, "enterran" á parroquia "vítima da subestación eléctrica"

23/02/2014
Vilaboa

A inminencia do entroido fíxose notar entre os veciños de Bértola afectados polo proxecto de subestación eléctrica para a AVE que organizaron este sábado un particular "enterro" da parroquia, vítima dunha ataque esta polémica infraestrutura. Segundo comentaron os afectados, a última reunión celebrada na Subdelegación do Goberno deixou claros os veciños...

Oskar Viéitez

O AVE entrará en funcionamento sen a subestación eléctrica de Bértola

17/02/2014
Pontevedra

O secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, confirmou este luns que o AVE entrará en funcionamento sen a subestación eléctrica de Bértola. O Ministerio de Fomento, pon en marcha o plan B. Ante a imposibilidade de ter a tempo a subestación eléctrica do AVE proxectada no municipio...

Oskar Viéitez

Os veciños de Bértola manteñen a garda tamén no Nadal

23/12/2013
Pontevedra

Véspera de Noiteboa en Bértola e os veciños seguen ao pé do canón. Un grupo de quince homes e mulleres resgárdase do frío nunha pequena caseta, á que denominan o "chiringuito", montada fronte á zona na que Fomento quere instalar a polémica subestación eléctrica. A última proposta do ministerio establece...

PontevedraViva

Fomento mantén a subestación eléctrica da AVE en Bértola pero decide enterrar o cableado

10/12/2013
Vilaboa

Veciños afectados pola construción da subestación eléctrica da AVE en Bértola, xunto a representantes de Concello de Vilaboa e Comunidade de Montes, reuníronse este martes con persoal do Ministerio de Fomento, Red Eléctrica Española, Xunta e Deputación na Subdelegación do Goberno de Pontevedra. Nesta reunión o Ministerio anunciou aos afectados por...

Diego Espiño

Bértola marcha pola beiravía da N-550 esperanzada na reunión con Fomento

08/12/2013
Vilaboa

Nin sequera o frío puido cos veciños de Vilaboa que este sábado volveron marchar polas beiravías da estrada Nacional 550 para insistir no seu rexeitamento á construción da subestación eléctrica na parroquia de Bértola. Os veciños están citados para este martes na Subdelegación do Goberno cos responsables do Ministerio de Fomento...

Oskar Viéitez

Fomento formulará o martes unha nova alternativa aos afectados pola subestación de Bértola

06/12/2013
Vilaboa

O Ministerio de Fomento vai formular este próximo martes unha nova alternativa aos os afectados pola subestación eléctrica de Bértola. Será nunha reunión convocada o día 10 na Subdelegación do Goberno. Os responsables do Ministerio proxectaron un novo emplazamento para a polémica subestación. Os veciños de Vilaboa consideran que a construción da...

PontevedraViva

Os veciños de Bértola, tres meses de garda a diario contra a subestación do AVE

17/11/2013
Vilaboa

Os veciños da parroquia de Bértola, en Vilaboa, continúan coas gardas diarias que comezaron a finais de agosto con motivo do inminente inicio das obras para a construción da subestación eléctrica do AVE na parroquia. Pasaron case tres meses e non só non abandonan o seu empeño, senón que seguen...

PontevedraViva

Entrega de máis de 500 sinaturas en contra da subestación de Bértola

26/09/2013
Pontevedra

Os veciños de Bértola entregaron esta mañá na Xunta de Galicia máis de 500 firmas. Encabezados polo voceiro Emilio Juncal e pola deputada provincial e voceiro do grupo municipal do BNG en Vilaboa, Ornela Fernández, os veciños intentan con esta entrega mostrar a oposición maioritaria á instalación da subestación eléctrica...

Anxo Lourido

200 veciños bótanse á estrada contra a subestación de Bértola

22/06/2013
Vilaboa

Os veciños e políticos de Vilaboa volveron botarse á rúa este sábado en protesta pola instalación da subestación del AVE de Bértola, pero nesta ocasión, con novidades con respecto aos últimos meses de concentracións, levaron a súa protesta á estrada. A protesta, que partiu ás 20.30 horas, reuniu uns 200 veciños,...

PontevedraViva

Vilaboa mantense en pé de guerra contra a subestación

09/06/2013
Vilaboa

Os veciños de Vilaboa continúan coa súa loita contra a instalación dunha subestación eléctrica en Bértola necesaria para dar servizo á liña do AVE. Este sábado reiteraron as súas razóns para opoñerse a este proxecto: as proximidades da igrexa parroquial, o ámbito do Camiño portugués a Santiago, a súa afección á...

Oskar Viéitez

Vilaboa non se rende e volve mobilizarse contra a subestación eléctrica de Bértola

02/06/2013
Vilaboa

Os veciños de Vilaboa protagonizaron na tarde-noite deste sábado unha nova concentracción contra a instalación dunha subestación eléctrica en Bértola. A pesar de presentar unha alternativa noutro lugar do municipio, a falta de noticias segue inquietando aos veciños, temerosos dos posibles efectos da instalación na súa saúde e que ademais viron...

PontevedraViva

Nova concentración de protesta contra a subestación do AVE en Vilaboa

11/05/2013
Vilaboa

Os veciños de Vilaboa continúan protagonizando protestas en contra da instalación da subestación eléctrica relacionada co paso da AVE pola parroquia de Bértola. Arredor de douscentos veciños sumáronse a este acto reivindicativo que se desenvolve todos os venres na Nacional 550 dende este mes de maio. Dende o goberno local de...

PontevedraViva
Recursos contra a subestación do AVE en Bértola (Vilaboa)

Concentración veciñal pola subestación de Bértola

02/05/2013
Vilaboa

Este venres ás 20.00 horas haberá unha nova concentración veciñal pola subestación de Bértola, baixo o lema "Subestación ao pé das casas non. Alternativa xa!", e que contará co apoio do goberno local e da corporación municipal. A concentración será na Ramalleira, no acceso á parroquia de Bértola desde a N-550...

PontevedraViva
Recursos contra a subestación do AVE en Bértola (Vilaboa)

Piden que constrúan no monte a subestación do AVE proxectada para Bértola

26/03/2013
Vilaboa

Veciños de Vilaboa, acompañados polo seu alcalde, José Luís Poceiro (PSOE) e a tenente de alcalde, Ornela Fernández (BNG), presentaron hoxe 430 recursos de reposición contra o proxecto de construcción dunha subestación eléctrica para alimentar ao AVE. Este grupo de veciños das parroquias de Bértola e Figueirido mantiveron unha breve concentración...

Oskar Viéitez