Saneamento da ría

Mari Carmen Vázquez, patroa maior da confraría de Lourizán

Mari Carmen Vázquez, patroa maior de Lourizán: "O punto Cocheras é fundamental. Queremos que esa zona cero desapareza"

04/11/2023
Pontevedra

Mari Carmen Vázquez Nores, patroa maior da confraría de Santo André de Lourizán, mostrábase satisfeita este venres coa posta en marcha oficial do novo emisario submarino da depuradora de Praceres. "Foron moitos anos cun abandono total, porque era unha decantadora que botaba a porcallada ao mar", explica a máxima representante do...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Teresa Gutiérrez e Agustín Reguera, na EDAR

Xa funciona a pleno rendemento o novo emisario submarino da depuradora dos Praceres

03/11/2023
Pontevedra

A auga residual que se trata na depuradora (EDAR) dos Praceres xa se emite polo novo emisario e condúcese ao longo da ría ata a súa expulsión. As obras deste proxecto orzado en 12 millóns de euros iniciábanse en xuño de 2021 e durante os últimos dous meses estivo en fase...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Vista aérea da ría de Pontevedra

A Xunta evita unha multa millonaria da Unión Europea pola depuración na Ría de Pontevedra

07/03/2023
Pontevedra

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, confirmou que os preto de 30 millóns de euros que investiu a Xunta desde mediados de 2020 na mellora do saneamento da ría de Pontevedra conseguiron evitar unha multa millonaria por parte da Unión Europea, paralizando o procedemento sancionador por incumprimento nos...

Oskar Viéitez
Río Lameira

A Xunta adxudica por máis de 3,1 millóns de euros as obras de saneamento do río Lameira

26/12/2022
Marín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 3.121.450 euros as obras de saneamento do río Lameira, que mellorarán o saneamento de Marín e contribuirán a unha mellor calidade das augas da ría de Pontevedra. Esta intervención, que suporá unha importante mellora ambiental do río...

Oskar Viéitez
Obras de construción do novo emisario submarino

O novo emisario submarino comezará a funcionar en xaneiro

14/10/2022
Pontevedra

As conselleiras de Infraestruturas, Ethel Vázquez e de Mar, Rosa Quintana, visitaron este venres as tarefas de fondeo do tramo mariño do emisario submarino dos Praceres na ría de Pontevedra comprobando que o 90% da obra está xa executada e anunciando que a súa posta en funcionamento será en xaneiro...

Oskar Viéitez
Un grupo de turistas en Combarro

Malestar polo peche da explanada de Combarro polas obras do emisario submarino

28/06/2022
Poio

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Poio esixe A Portos de Galicia que aclare as razóns polas que se procedeu a pechar a explanada próxima ao peirao da Canteira, en Combarro. Este espazo non poderá ser utilizado como aparcadoiro, o que provocará a supresión dun gran número de prazas de estacionamento...

Oskar Viéitez
Desmontaxe da tuneladora

As obras do emisario submarino están executadas ao 44 %

04/05/2022
Pontevedra

A Xunta continúa avanzando nas obras do emisario submarino da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, coa perforación do túnel xa rematada e unha execución global dos traballos que xa acada o 44%.  Cómpre lembrar que o 18 de abril se completou o tramo en túnel, cunha lonxitude final de 690 metros...

Oskar Viéitez
Tuneladora nos Praceres

O túnel do novo emisario submariño da depuradora de Praceres xa está listo

18/04/2022
Pontevedra

A Xunta vén de rematar o treito en túnel do emisario submarino da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, que supón un investimento de 12 millóns de euros e estará totalmente finalizado este ano. Para a execución deste tramo da actuación foi necesario o emprego dunha máquina singular de grandes dimensións procedente...

PontevedraViva
Tuneladora nos Praceres

Así avanza a perforación do túnel do tramo terrestre do emisario en Praceres

30/03/2022
Pontevedra

Comezaron os traballos de perforación coa tuneladora para a creación do novo emisario submarino da depuradora dos Praceres. Unha vez que chegou a máquina de Alemaña a principios de marzo e tras a súa montaxe, realizáronse probas para que comezase o proceso de perforación. Actualmente, esta tuneladora xa perforou unha...

PontevedraViva
Tuneladora do novo emisario submarino

Chega aos Praceres a tuneladora alemá do novo emisario submarino

09/03/2022
Pontevedra

A chegada este mércores a Pontevedra da tuneladora, procedente de Alemaña, permite seguir avanzando nos traballos e entrar nunha nova fase das obras en execución do novo emisario submarino dos Praceres. As vindeiras xornadas dedicaranse á montaxe das pezas desta máquina de grandes dimensións, que será sometida a continuación a diferentes...

Oskar Viéitez
Pozo de ataque do novo emisario submarino

A tuneladora que construirá o emisario submarino chegará a Praceres en febreiro

18/01/2022
Pontevedra

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, espera que o próximo mes de febreiro chegue a tuneladora que construirá o emisario submarino.  No transcurso dunha rolda de prensa no Concello de Sanxenxo, Ethel Vázquez respondeu ás preguntas dos xornalistas sobre as actuacións en marcha na depuradora dos Praceres, que se atopa...

Oskar Viéitez
Vista aérea da ría de Pontevedra

Novotec Consultores redactará o proxecto de mellora do bombeo de Cocheras

02/11/2021
Pontevedra

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da mellora do bombeo de Cocheras, en Pontevedra, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 3,7 millóns de euros. Este contrato, adxudicado a Novotec Consultores, SA por preto de 94.000 euros, terá un prazo de execución de 6 meses. O servizo adxudicado deberá definir...

Oskar Viéitez
Instalacións da depuradora dos Praceres desde a avenida de Marín

A situación de ENCE "non vai a ser obstáculo", segundo a Xunta, para sanear a ría

20/10/2021
Pontevedra

O plan integral para o saneamento da ría de Pontevedra "seguirá avanzando" a pesar da situación que atravesa o complexo industrial de Ence en Lourizán. Así o asegurou este mércores a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. A compañía, no plan social asinado coa Xunta, comprometeuse a financiar con 15...

Alejandro Espiño
Depuradora dos Praceres

A depuradora de Praceres, en plena fase final de probas

20/09/2021
Pontevedra

As obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Praceres están xa na "última fase de probas" coa intención de que a súa entrada en funcionamento sexa xa inmediata como un "fito importante" para o saneamento de Pontevedra no que se realizou un investimento autonómico de 16,5 millóns...

Natalia Puga
Praia de Mogor, en Marín

Augas de Galicia licita a mellora da estación de bombeo de Mogor

22/06/2021
Marín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licita este martes a redacción do proxecto construtivo para a mellora da estación de bombeo de augas residuais (EBAR) de Mogor. A Plataforma de contratos públicos de Galicia recolle a licitación destes traballos que suporán un investimento de máis...

PontevedraViva
Tubaxes para o emisario submarino

A depuradora dos Praceres, en servizo en setembro despois das obras de mellora

17/06/2021
Pontevedra

As obras realizadas na depuradora dos Praceres para a mellora do seu funcionamento estarán rematadas no verán e poderán entrar en servizo en setembro. Así o anunciou este xoves a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, despois de participar nunha reunión cos representantes das confrarías de pescadores da ría de...

PontevedraViva
A Xunta asina a acta de replanteo para o inicio das obras do emisario submarino

A Xunta asina a acta de replanteo para o inicio das obras do emisario submarino

03/06/2021
Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, asinou na xornada deste xoves a acta de replanteo para o inicio das obras de construción do emisario submarino de Praceres, unha actuación na que se invisten 12 millóns de euros e que mellorará a depuración de augas...

Oskar Viéitez
A conselleira Ethel Vázquez preside a reunión previa ao inicio das obras do novo emisario submarino de Praceres

O novo emisario submarino da depuradora de Praceres estará listo en 12 meses

11/05/2021
Pontevedra

O edificio administrativo da Xunta en Pontevedra foi escenario este martes dunha reunión de traballo para informar os colectivos afectados do inminente inicio das obras de construción do novo emisario submarino que dará saída ás augas xa depuradas do a estación de tratamento de augas residuais de Praceres. A conselleira de...

Manu Otero
Ethel Vazquez no Parlamento

En maio comezarán as obras do novo emisario submarino

28/04/2021
Pontevedra

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este mércores no Parlamento de Galicia que en maio comezarán as obras do novo emisario submarino na ría de Pontevedra, nas que a Xunta investirá 12 millóns de euros. Esta infraestrutura terá 3,6 quilómetros e permitirá a mellor devolución das augas...

Oskar Viéitez
Carme Da Silva i Ethel Vázquez

A Xunta e o Concello de Pontevedra "reinician un proceso de colaboración" coa mellora do bombeo de Cocheras

21/04/2021
Pontevedra

  A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentou este mércores o proxecto para mellorar de forma substancial a eficiencia e rendemento do sistema de saneamento Cocheras-Os Praceres, paliando as consecuencias das deficiencias da rede municipal de saneamento, derivadas das infiltracións de augas pluviais e procedentes do mar, e para...

Oskar Viéitez
Reunión da conselleira Ethel Vázquez co secretario de Estado, Hugo Morán

Ethel Vázquez solicita ao Ministerio que simplifique os trámites para autorizar o novo emisario submarino

12/03/2021
Pontevedra

A Xunta solicitoulle este venres ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a simplificación dos trámites necesarios para autorizar proxectos de saneamento estratéxicos en Pontevedra. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza por videoconferencia, co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. Na...

Oskar Viéitez
Consello da Xunta

O Consello da Xunta prorroga durante un ano a xestión da depuradora dos Praceres

18/02/2021
Pontevedra

O Consello da Xunta aprobou este xoves o investimento de máis de 3 millóns de euros para a explotación da estación depuradora de augas residuais dos Praceres, por parte da Xunta. Coa autorización de hoxe, a Xunta prorroga durante o vindeiro ano a xestión e explotación desta infraestrutura hidráulica que dá...

Oskar Viéitez
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta replica que a vertedura de Cocheras vén da rede que xestiona o concello

11/02/2021
Pontevedra

A Xunta ven de emitir un comunicado de prensa no que replica ás declaracións da concelleira responsable do Ciclo da Auga, Carme da Silva e nas que salienta que o vertido detectado esta semana na ría de Pontevedra procede do bombeo de Cocheras "e ten a súa orixe nas deficiencias...

Oskar Viéitez
Carme da Silva, concelleira de Festas

Pontevedra esixe á Xunta que resolva as verteduras do 'aliviadeiro' de Cocheiras

10/02/2021
Pontevedra

Ante as verteduras "reiteradas" que se producen á ría de Pontevedra desde o punto de colector de Cocheiras, o goberno municipal esixiu á Xunta de Galicia que resolva este problema de maneira "inmediata" e que deixe de "eludir as súas responsabilidades". A concelleira Carme da Silva explicou que este problema está...

Alejandro Espiño
Novo colector de Marín

Entregan o novo colector e a estación de bombeo para recoller as augas residuais de Marín

04/02/2021
Marín

Augas de Galicia, en representación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, entregaba formalmente este xoves a representantes do Concello de Marín o novo colector e a estación de bombeo municipal. Esta entrega forma parte das obras que se realizaron na vila cun investimento de 3,1 millóns de euros destinadas a mellorar...

PontevedraViva
Emisario da EDAR en Tambo

A APDR esixe a Costas que se elimine o impacto do emisario na contorna da Illa de Tambo

16/11/2020
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) reclamará á Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Transición Ecolóxica que se elimine o impacto do emisario submarino na contorna da Illa de Tambo. A preocupación do colectivo ecoloxista ven polo uso que fará a fábrica de Ence do vello emisario...

Oskar Viéitez
Reunión da conselleira de Infraestruturas co secretario de Estado de Medio Ambiente

A Xunta ofrece colaboración ao Goberno de España para as obras de saneamento da Illa de Arousa, Sanxenxo e Poio

14/01/2020
Pontevedra

A Xunta de Galicia propúxolle ao Goberno de España un "acordo global de colaboración" para impulsar conxuntamente as obras de saneamento máis prioritarias para a Comunidade autónoma. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo este martes unha xuntanza co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, na que...

Oskar Viéitez
Antón Masa e Benito Andrade, nunha rolda de prensa da APDR

A APDR solicita a retirada do proxecto de ampliación da EDAR

04/12/2019
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) ven de presentar alegacións tanto á ampliación da EDAR de Os Praceres como á proposta de autorización de vertido para esta depuradora e o emisario submarino. Segundo explicaron en rolda de prensa Antón Masa e Benito Andrade, a APDR solicita que se...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Reunión do Consello da Xunta

A Xunta formaliza o contrato para a mellora da depuradora dos Praceres

15/11/2019
Pontevedra

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de formalizar este venres o contrato para executar as obras de mellora do proceso de depuración da estación depuradora de augas residuais dos Praceres, en Pontevedra, por un importe de preto de 13 millóns de euros. Os traballos...

Oskar Viéitez
EDAR de Praceres

Acciona acometerá a mellora do sistema de depuración dos Praceres

21/10/2019
Pontevedra

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar este luns as obras de mellora do proceso de depuración da estación depuradora de augas residuais de Praceres por un importe duns 13 millóns de euros. Os traballos serán executados pola unión temporal de empresas Acciona Construcción, SA e Acciona Agua, SA,...

PontevedraViva
Infografía do proxecto da Xunta para ampliar a EDAR de OS Praceres

O BNG leva ao Parlamento o rexeitamento á ampliación da depuradora dos Praceres

14/10/2019
Pontevedra

O BNG rexistrou este luns, por medio do deputado por Pontevedra Luís Bará, varias iniciativas parlamentarias para a mellora do saneamento da ría de Pontevedra entre as que cabe sinalar a mellora da rede separativa nos concellos que verten á depuradora, o estudo da construción de novas depuradoras en Poio...

PontevedraViva
A Xunta reúnese cos bateeiros para falar do saneamento da ría de Pontevedra

A Xunta asegura aos bateeiros que o novo emisario suporá unha "mellora radical" para a súa actividade

04/09/2019
Pontevedra

A conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, acompañadas polo xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, expuxéronlle este mércores o proxecto definitivo do novo emisario submarino aos representantes de Amecomra, a Asociación de Productores de Mexillón de Combarro e Raxó. As conselleiras explicaron que esta infraestrutura,...

PontevedraViva
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas

A Plataforma de Lourizán critica a Ethel Vázquez pola súa política "baseada na mentira"

16/08/2019
Pontevedra

A Plataforma veciñal de Lourizán ven de emitir un comunicado no que critica a política exercida pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, por estar "baseada na mentira e na manipulación e desinformación", afirman. Lamentan que a conselleira prometese que buscaría o consenso coa veciñanza "ou que os terreos do campo de...

PontevedraViva
Unha muller sacando unha foto á illa de Tambo

A Xunta licita o proxecto e a execución do novo emisario submarino

12/08/2019
Pontevedra

A Xunta publica este luns na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación da elaboración do proxecto e a execución das obras do novo emisario submarino da estación depuradora de augas residuais de Praceres cun orzamento de máis de 12 millóns de euros. As empresas interesadas en levar a cabo este...

PontevedraViva
Mariscadoras fronte a fábrica de Ence en Lourizán

O emisario submarino irá soterrado, tal e como pediron as mariscadoras

12/01/2019
Pontevedra

Nas últimas reunións mantidas na Mesa de seguimento dos avances no saneamento da ría de Pontevedra, os representantes das mariscadoras manifestaron a súa preocupación polas posibles afeccións do novo emisario submarino durante a súa construción. O anteproxecto redactado prevé a execución dun emisario duns 3.614 metros, con distintos tramos: un primeiro...

Oskar Viéitez
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia

A Xunta lamenta que o delegado do Goberno aposte por seguir dilatando o saneamento da ría

11/01/2019
Pontevedra

A Xunta de Galicia lembra a "necesidade de iniciar con urxencia as actuacións planificadas para sanear a ría de Pontevedra", cuxas augas se atopan en serio risco polas deficiencias do sistema de saneamento e depuración. Ante as declaracións feitas este xoves polo delegado do Goberno en Galicia, o Goberno galego lembra...

Oskar Viéitez
Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres

Medio Ambiente acepta as condicións de Costas para ocupar os terreos da EDAR de Praceres

14/05/2018
Pontevedra

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de comunicar a Costas do Estado a súa conformidade coas condicións que se establecen na proposta para o outorgamento da concesión da ocupación dos terreos que actualmente ocupa a depuradora de Praceres en dominio...

PontevedraViva
Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres

A regularización da depuradora de Praceres entra na súa fase final

07/05/2018
Pontevedra

A tramitación da regularización da ocupación da actual estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Praceres no Concello de Pontevedra acaba de entrar na súa fase final, despois de que Costas do Estado remitira a Augas de Galicia o condicionado previo ao outorgamento da concesión da ocupación dos terreos que...

PontevedraViva
Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres

O Concello advirte á Xunta que o seu proxecto para a EDAR dos Praceres é ilegal

19/12/2017
Pontevedra

O anteproxecto para a construción dun novo emisario submarino na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres non cumpre co  planeamento urbanístico vixente na zona. Así o asegurou a concelleira Carme da Silva tras debater a cuestión na Comisión de Urbanismo, despois da consulta realizada pola Xunta de Galicia respecto...

Diego Espiño
Embarcacións na ría de Pontevedra con Ence ao fondo

APDR, preocupada polos plans da Xunta con respecto ao emisario submarino da ría

23/03/2017
Pontevedra

O plan de saneamento da ría arroxa cuestións "preocupantes" para a Asociación pola Defensa da Ría, especialmente polo que se refire ao emisario submarino. Nun comunicado, o colectivo ecoloxista celebra que o goberno galego teña decidido facer un novo emisario que vertería cara fóra da ría, recoñecendo segundo APDR, que o...

PontevedraViva
Parlamento de Galicia

O Partido Socialista duda dos cartos que comprometeu ENCE para ampliar a depuradora dos Praceres

21/11/2016
Pontevedra

A parlamentaria socialista Patricia Vilán levará a ampliación da depuradora dos Praceres ao primeiro pleno da lexislatura, que comeza este martes 22 de novembro. Os socialistas galegos presentarán unha pregunta oral ao goberno galego sobre o anuncio de investimento de máis de 15 millóns de euros para ampliar a infraestrutura. Patricia...

Oskar Viéitez
Imaxen aérea do Porto de Marín

A Xunta licita a nova estación de bombeo de Lameira por 1,2 millóns

21/10/2016
Marín

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a licitación da mellora da estación de bombeo de Lameira, en Marín, cun importe de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses. A obra pretende mellorar a xestión das augas residuais que chegan a rede xeral dende...

PontevedraViva
Reunión de seguimento do Plan de Saneamento da ría

A Xunta anuncia que en marzo estará redactado o anteproxecto do novo emisario submarino

11/10/2016
Pontevedra

Representantes dos sectores produtivos e dos concellos de Pontevedra, Marín e Poio acudiron este martes a unha reunión de gran contido técnico coas conselleiras de Medio Ambiente e de Mar, na terceira reunión de seguimento do Plan de Saneamento da Ría. No encontro a conselleira Beatriz Mato deu conta do traballo...

Oskar Viéitez
Punta Vicaño

O BOE publica a adxudicación a Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría

20/07/2016
Pontevedra

O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste martes publica a adxudicación á unión temporal de empresas (UTE) que forman Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría de Pontevedra. O orzamento de Augas de Galicia para este estudo supera os 1,2 millóns de euros, que serán cofinanciados nun 80 %...

Oskar Viéitez
Vista aérea da ría de Pontevedra

Bueu quítase responsabilidade na contaminación da ría

15/07/2016
Bueu

"O Concello de Bueu non é causante da contaminación da ría de Pontevedra". Así de contundente mostrouse o alcal de Bueu, Félix Juncal, ao explicar o resultado dos informes solicitados polo propio Concello ao Ministerio de Medio Ambiente e a Augas de Galicia. Estes informes, solicitados a raíz do expediente sancionador...

PontevedraViva
Mesa de Traballo pola Ría de Pontevedra

Constituída a mesa de traballo pola Ría de Pontevedra que promove ENCE

30/06/2016
Pontevedra

Este xoves celebrouse a primeira reunión das entidades participantes na nesa de traballo pola Ría de Pontevedra, que serviu para sentar as bases de funcionamento da entidade. A empresa Ence, promotora desta iniciativa, explicou que esta mesa de traballo nace co obxectivo de "xerar un espazo de encontro permanente entre entidades...

PontevedraViva
Marisqueo fronte a illa de Tambo

Os socialistas critican a falla de compromiso da Xunta na ampliación da depuradora dos Praceres

03/06/2016
Pontevedra

A deputada socialista Patricia Vilán criticou este venres os continuos "retrasos, inconcreción e falla de compromiso" demostrados pola Xunta na ampliación da estación depuradora de augas residuais (Edar) de Os Praceres, fundamental para mellorar o saneamento da Ría de Pontevedra. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio...

PontevedraViva
Traballadores de Viaqua

O centro urbano pontevedrés ten 3,4 quilómetros de tubaxe sen separar pluviais e fecais

16/05/2016
Pontevedra

Dos máis de 500 quilómetros de tubaxes que existen no centro urbano pontevedrés, en 3,4 quilómetros están sen separar as augas pluviais e fecais. Este dato supón o 0,6% de total, segundo as estimacións dos técnicos municipais, que este luns fixo públicas o portavoz do goberno local, Raimundo González. "É unha...

PontevedraViva
Reunión polo saneamento da ría

"Quedamos como entramos", así resumen as confrarías a reunión do saneamento

10/05/2016
Pontevedra

Os patróns maiores das confrarías de San Telmo, Lourizán e Raxó, os alcaldes de Pontevedra, Marín e Poio, e as conselleiras de Medio Ambiente e de Mar, sentaron este martes para falar do saneamento da ría nunha reunión que se celebrou na delegación da Xunta en Campolongo e tras a...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Xuntanza en Madrid de Beatriz Mato coa ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina

A Xunta pide a Costas a "máxima celeridade" para regularizar e ampliar a EDAR de Praceres

10/05/2016
Pontevedra

Unha xuntanza de traballo en Madrid foi o escenario elixido pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para solicitarlle a Costas a "máxima colaboración e celeridade" para rematar o procedemento de regularización da depuradora dos Praceres, así como do emisario submarino, e para conseguir os terreos...

PontevedraViva
A alcaldesa María Ramallo coa Plataforma polo Saneamento da ría

Mariscadoras e bateeiros concéntranse en Marín para esixir o saneamento da ría

29/04/2016
Marín

Un numeroso grupo de mariscadoras e bateeiros concentráronse este venres diante da casa consistorial de Marín para reclamar o saneamento da ría de Pontevedra. Tras a mobilización de protesta celebrouse un encontro coa alcaldesa, María Ramallo. Os portavoces desta Plataforma polo Saneamento da Ría insistiron na necesidade de manter unha reunión...

Oskar Viéitez
Xuntanza da conselleira de Medio Ambiente con confrarías da ría de Pontevedra

Medio Ambiente compromete 11 millóns de euros en 2016 para sanear a ría

26/04/2016
Pontevedra

Os representantes das confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó, ademais do presidente da Asociación polo Saneamento da Ría mantiveron un encontro coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para tratar o problema do saneamento da ría de Pontevedra. Segundo a representante da Consellería, o seu departamento investirá neste 2016 máis de...

PontevedraViva
Zona afectada polo novo colector xeral de Marín

Licitadas por 2,8 millóns de euros as obras do colector xeral de Marín

20/04/2016
Marín

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licitou este mércores as obras do colector xeral de Marín, unha actuación fundamental para este concello e, en xeral, para a Ría de Pontevedra. O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a resolución pola que se licita por 2,8 millóns de...

PontevedraViva
Concentración das confrarías do fondo da ría ante o Concello de Pontevedra

Esixen ao Concello "medidas concretas" para avanzar no saneamento da ría

15/04/2016
Pontevedra

O sector produtivo da ría de Pontevedra protagonizou este venres a primeira das mobilizacións previstas para reclamar medidas concretas para sanear a ría. A concentración de Pontevedra foi a primeira das protestas programadas ante as administracións que teñen competencia na solución deste problema. As seguintes serán antes os concellos de Poio...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Xuntanza entre Ignacio de Colmenares, vicepresidente de Ence, e a conselleira Beatriz Mato

A nova depuradora de Praceres tamén será cousa de ENCE

14/04/2016
Pontevedra

Ata quince millóns de euros cederá a empresa Ence á Xunta de Galicia para colaborar no financiamento do proxecto de ampliación da depuradora de Praceres, confirmado recentemente polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.  Así o acordaron este xoves o conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, e a conselleira de Medio...

PontevedraViva
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

Lores culpa o goberno de Rajoy e a Xunta do estado da ría de Pontevedra

11/03/2016
Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, referiuse este venres 11 de marzo á resolución do Tribunal da Comunidade Europea que conclúe que se está incumprindo a normativa comunitaria na ría pontevedresa debido ao mal tratamento das augas de Pontevedra, Marín, Bueu e Poio. O rexedor culpa ao goberno de Rajoy...

PontevedraViva
ENCE

Ence ofrece colaboración e financiamento para "solucionar definitivamente" os problemas da depuradora de Praceres

11/03/2016
Pontevedra

A empresa Ence saíu ao paso da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para ofrecer a súa "colaboración e financiamento" para "solucionar definitivamente" os problemas da depuradora de Pontevedra. Segundo os responsables da fábrica de celulosas, a sentenza sinala o "incumprimento de Pontevedra en materia de depuración das...

Oskar Viéitez
Ría de Pontevedra

A APDR chama a seguir facendo os deberes para eliminar a contaminación da Ría de Pontevedra

11/03/2016
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) congratulouse da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que ratifica a denuncia interposta no ano 2014 pola Comisión Europea contra o Estado polo tratamento das augas residuais vertidas na Ría de Pontevedra. A resolución reprocha ao Estado español polo incumprimento da...

PontevedraViva
Rolda de prensa de Salvemos Pontevedra

A depuradora dos Praceres e o emisario submarino non teñen licenza de actividade

18/09/2015
Pontevedra

Recoñecen que a súa loita é "quixotesca", pois se enfrontan contra "verdadeiros xigantes", pero isto non amedrenta aos integrantes do colectivo ecoloxista Salvemos Pontevedra na súa cruzada para defender "baixo o amparo da lei" ao territorio de dominio público marítimo-terrestre. Neste empeño atoparon o apoio da Asociación Vaipolorío, a Federación de...

Oskar Viéitez
Estación depuradora de augas residuais dos Praceres

Alfonso Rueda cualifica de "decisión clave" o aval de Costas á depuradora de Praceres

11/08/2015
Pontevedra

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou esta "satisfeito" polo aval da Dirección Xeral de Costas á concesión da depuradora de augas de Praceres, incluída na resolución respecto á situación da fábrica de Ence en Pontevedra. Rueda declarou que esta "é unha decisión clave, non tería tido moito sentido...

Oskar Viéitez
Reunión de traballo para o saneamento da ría

Medio Ambiente instalará sondas nos bombeos da rede de saneamento

18/06/2015
Pontevedra

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, avanzou este mércores que a Xunta de Galicia instalará sondas nos bombeos da rede de saneamento de Pontevedra que permitirán coñecer en tempo real a situación da ría. Así o trasladou na reunión de traballo celebrada na confraría de Pescadores de Lourizán que...

Oskar Viéitez
Daniel Santomé
Mariscadores de a flote nos Praceres

Demandan un plan de rexeneración para recuperar a Ría de Pontevedra

17/06/2015
Pontevedra

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas, explicou na Comisión de Pesca no Parlamento galego a "situación dramática" pola que atravesan as mariscadoras e os mariñeiros na ría de Pontevedra nestes primeiros seis meses ao comprobar os poucos días que puideron faenar provocado polos temporais, os peches administrativos ou...

Oskar Viéitez
Os Praceres, Lourizán

Técnicos da Xunta manteñen un encontro co sector marisqueiro da ría de Pontevedra

27/05/2015
Pontevedra

Persoal técnico de Augas de Galicia reuniuse este mércores con representantes do sector marisqueiro da ría de Pontevedra para avanzar na redacción do Plan de saneamento local. Os técnicos de Augas de Galicia explicaron que o novo plan articularase cun enfoque parecido aos plans xa redactados para outras rías como as...

PontevedraViva
Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres

Augas de Galicia identifica "incumprimentos" da depuradora dos Praceres

24/04/2015
Pontevedra

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, recoñeceu ante unha pregunta da deputada do BNG, Ana Pontón, que ten detectado "incumprimentos" na depuradora de Pontevedra. O director do ente público destacou na comisión de medio ambiente do Parlamento que a "solución" a este problema "pasa pola colaboración dos xestores das...

Oskar Viéitez
Estación depuradora de augas residuais dos Praceres

En dous meses a Xunta presentará as actuacións máis urxentes para sanear a ría

09/04/2015
Pontevedra

A confraría de Lourizán acolleu a segunda reunión de traballo para avanzar o proxecto de saneamento da Ría de Pontevedra, que sentou en torno a unha mesma mesa a representantes e técnicos dos catro concellos que utilizan a depuradora dos Praceres, da empresa Viaqua del Instituto de Control do Medio Mariño...

Oskar Viéitez

Sobre o saneamento da ría

09/04/2015

Unha segunda reunión na Confraría de Lourizán será na tarde do mércores preámbulo dun máis que probábel anuncio dun novo plan de saneamento da Ría; un máis dos numerosos plans de saneamento definitivo que se levan anunciado desde as distintas administracións, un saneamento absolutamente imprescindíbel para a recuperación da Ría...

Faro da Illa de Tambo na ría de Pontevedra

Bruxelas non contempla multas pola contaminación da ría de Pontevedra

08/04/2015
Pontevedra

O recurso interposto o pasado mes de novembro pola Unión Europea contra o Estado español polo suposto incumprido das súas obrigas en materia de augas residuais na ría de Pontevedra non inclúe, polo momento, proposta de sanción económica ningunha. O Goberno confía en resolver este asunto sen ser multado, segundo avanzou...

Oskar Viéitez